22/12/19

SINTONIZA O TEU CORAZÓN! QUE CADA LATEXO SEXA MÚSICA, PAZ E AMOR

Este fermoso mural, feito por todo o alumnado do noso centro, preside xa, a entrada do  colexio. Nel aparece con grandes letras o LEMA GAÑADOR: 
" SINTONIZA O TEU CORAZÓN! QUE CADA LATEXO SEXA MÚSICA, PAZ E AMOR"
Esta é tamén a postal coa que o CEIP Plurilingüe A Pedra felicita a toda comunidade escolar:

Pero o mural non foi a única actividade que se realizou en torno á festa do Nadal. Estes días previos ás vacacións era usual escoitar panxoliñas nas aulas. Mirade que ben o fan os máis pequenos do cole:


 Ou entrar nas clases e atopar ao alumnado realizando actividades plásticas para decorar os distintos recunchos.
Mirade como as trasniñas e os trasniños de 6º E. Infantil fixeron adornos para a árbore:

Pero o mellor foi o último día, cando se levaron a cabo os Obradoiros de Nadal. 
Este era o planing:
E estas algunhas das fotos da diferentes actividades:

















Este mesmo día. Os reis Magos viñeron ao cole e ancheron de emoción e ilusión tanto ao alumnado de Infantil como o de Primaria.

Tamén se celebraron festas nas clases, no que por primeira vez se tivo en conta que este colexio é un centro respectuoso co medioambente e trata de producir residuos cero. Agradecemenos fondamente ás familias  o esforzo para acadar este obxectivo. O alumnado puxo nas mesas os biscoitos, galletas, magadalenas e pasteis que previamnete fixeran bos seus fogares, evitando así plásticos e lixo.
Houbo momentos para a sorpresa, xogando ao amigo invisible:




No seguinte vídeo podedes ver imaxes deste inesquecible día:



Agradadecementos infinitos ás nais e pais que neste día colaboraron con algún obradoiro, á ANPA por organizar a visita das súas maxestades os Reis Magos e ao Mago Ramón, por sorprendernos cada ano  coa súa maxia.
FELICES FESTAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario