24/4/16

MANUEL MARÍA

Ante a proximidade da celebración da gran festa das letras galegas, queremos dende este blog ofrecer diferentes materiais ou enlaces aos que recurrir para traballar a figura do autor homenaxeado:
Manuel María.
Preme aquí na seguinte imaxe para poder acceder:

14/4/16

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: AS NOSAS MULLERES

O vestíbulo do noso cole está dende hai algúns días invadido de  fotos de avoas, bisavoas e ata tataravoas, de moitos dos nosos alumnos e alumnas.
Esta exposición fotográfica trata de render unha merecida homenaxe a esas mulleres que co seu tesón  e esforzo  acadaron o que esta vila de Bueu é hoxe en día. Elas foron: nais, na maioría das veces de familias moi numerosas, amas de casa e  tamén costureiras, obreiras das fábricas conserveiras, traballadoras do campo, mestras, …É  Bueu  terra mariñeira, e moitos  homes  tiñan que navegar en mares lonxanos pasando longas tempadas fóra do fogar. Foron, polo tanto, estas  mulleres as que  tomaron as rendas do fogar.
Non son todas pero é  bonita unha bonita mostra!
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras  imaxes. 
Así mesmo nesta presentación podedes ir  botándolle unha ollada. 

10/4/16

NÓS TAMÉN CREAMOS


O alumnado de 5º de E. Infantil dirixidas polas súas intrépidas profes, María e Cris, estanse convertimdo en auténticos realizadores dunha curtametraxe de animación.
 Si, si así como o ledes. Participan no certame "Nós tamén creamos", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este certame ten por obxectivo promover unha imaxe positiva da lingua galega e vense desenvolvendo con notable éxito dende o 2010.
 Podedes saber máis sobre o traballo destes pequenos e pequenas premendo naimaxe.

Xa están dando os seus primiros pasos, como non, coa banda sonora da curta, e que foi creada e elexida polos eles mesmos:
Preme agora na seguinte imaxe:
Isto ten moi boa pinta, aque si? estaremos moi atentos a todos os avances que os nosos amigos e amigas van dando nesta aventura pola sabana.

3/4/16

XORNADAS DE CONVIVENCIA NO CEE JUAN XXIII

O alumnado  de terceiro e cuarto gozaron en sendas xornadas dunha mañá no centro ocupacional e de día para persoas discapacitadas "Juan XXIII de Cangas"
Todo o alumnado coincide ao afirmar que foi unha das mellores visitas da súa vida. Contan que a súa mentalidade por completo e que agora saben que os discapacitados e discapacitadas son quen de facer moitas cousas tan ben ou incluso mellor que eles. Visitaron os talleres e traballaron cóbado a cóbado con eles: Carpintería, confección de alfombras, manualidades, cociña, obradoiros de memoria, comunicación ...

Nestes vídeos pódese comprobar o interesante destas xornadas: