22/11/14

MAGOSTO

Polo San Martiño ademais de "sacar os trompos ao camiño", no cole adoitamos celebrar o Magosto  cunha boa degustación de castañas asadas. A verdade é que estaban boísimas! , aínda que  por mor da    choiva nos quedamos sen poder gozar dos xogos populares que tiñamos preparados para completar a festa.


                                     
Así e todo os nenos/as do 3º ciclo tiveron un obradoiro musical no que coñeceron un pouco máis dese instrumento que tanto nos caracteriza, a gaita. Dito obaradoiro estivo a cargo de dous membros da asociación cultural Retrouso  de Cela, que moi amablemente se achegaron ao cole para compartir co nós os seus coñecementos.
 Lembramos que esta asociación ven de editar un traballo discográfico que recolle cantigas populares da zona, e que leva por título ELELELOS.






14/11/14

NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do mes da CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,  neste mes de novembro podemos atopar no Bibliocastelo unha exposición de libros relacionados coa temática científica editados na nosa lingua.


Ademais premendo na seguinte ligazón podemos ler o manifesto en prol desta conmemoración, do científico ÁNGEL CARRACEDO ,profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.

5/11/14

OLLOS DE AULA

Xa en novembro, temos á nosa disposición o nº 17 da revista Ollos de aula.
Lembrade que tamén formará parte das mochilas viaxeiras .


1/11/14

SAMAÍN 2014


  As rimas de medo ,e os monstros terroríficos

  fixeron do cole un lugar magnífico!!


 


  Decoramos as cabazas con estilo e moita arte
  para que da exposición puideran formar parte.






                             O resultado foi moi artístico!!!