30/3/14

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Co gallo da celebración  do Día do Libro Infantil e Xuvenil os vindeiros 2 e 4 de abril haberá unha lectura dramatizada de O OGROCHO  de Suzane Lebeau. Terá lugar nas Bibliotecas de Cangas, e Quintela (Moaña) respectivamente.
Máis información no blog QUE SUBA O PANO!

27/3/14

27 de marzo

Hoxe conmemoramos o Día Internacional do Teatro, e como no cole estamos traballando o cómic , aproveitamos para reflexionar sobre a similitude entre estes dous xéneros.
Démonos conta que así coma no teatro as expresións faciais e corporais aportan moito significado ás mensaxes que se transmiten, do mesmo xeito os personaxes de cómic comunican moito de maneira non verbal. Así unha mesma mensaxe pode significar cousas diferentes segundo con que cara se diga.
Para reflectir esto, fixemos un mural na entrada, e ademais practicamos os xestos con diferentes  mensaxes.







22/3/14

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O vindeiro xoves 27 de marzo, celébrase o Día Internacional do Teatro, foi elixido este día coincidindo coa data da apertura no 1962 do "Teatro de las Naciones" temporada en París. Así celébrase de moitas e variadas formas polos Centros Nacionales do ITI (Instituto Internacional do Teatro) dos cales na actualidade hai case 100 en todo o mundo.
Cada ano, unha figura sobresaínte no teatro ou unha persoa excepcional en corazón e espírito doutro campo, é invitada a compartir as súas reflexións sobre o teatro e a armonía internacional.O que se coñece como a Mensaxe Internacional  tradúcese a máis de 20 idiomas, é lído por decenas de miles de espectadores antes das presentacións en teatros de todo o mundo, é impreso en centos de diarios, máis de cen estacións de radio e televisión  transmiten a Mensaxe aos oíntes en todos os recunchos dos cinco continentes.Todo esto para lembrarnos que o teatro está vivo e fainos soñar.
Este ano o autor da mensaxe é o dramaturgo e director Sudafricano Brett Bailey.


OLLOS DE AULA

Este é xa o nº 13 de Ollos de Aula, corresponde aos meses de marzo e abril e nel podemos atopar:
Unha colaboración de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; unha nova "palabra do ensino" da man de Lines Salgado: as adaptacións curriculares; e as interesantes propostas de lecer de Gracia Santorum. E tamén  a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar.

4/3/14

ENTROIDO DE CÓMIC

Por fin chegou o día, cruzamos os dedos, e sí, a chuvia deunos unha pequena tregua para que todos poidésemos saír polas rúas de Bueu lucindo os estupendos disfraces .Disfraces que foron feitos  días atrás con moito esmero e agarimo para representar aos nosos personaxes de cómic máis queridos.
Os Picapedra, Zipi e Zape, Popeye e Olivia, Asterix e Obelix, Os Pitufos, Os Simpson, Mafalda e Lucky Luke. Na praza do concello , cantamos as estrofas que estivemos preparando e pasámolo moi ben. Logo, no cole, agardábannos uns doces deliciosos que nos souberon a gloria!