19/12/14

LEMAS DE NADAL 2014

Por fin rematamos a nosa Postal de Nadal, despois dunha semana de traballo intenso xa está lista, con lema incluído.



Esperamos que vos guste!!

Queremos agradecer moito desde o cole a gran participación das familias á hora de pensar un Lema para poñer o broche final ao traballo.

 Resultou bastante difícil escoller unha porque houbo propostas moi creativas. Deste xeito aínda que a elixida foi a de Laura Brocos de 3º A, pensamos que todas merecen ser lidas, para tomar boa nota do que se dí nelas. Aquí as tedes!

Lemas De Nadal 2014



BO NADAL!!!











18/12/14

NO NADAL, AGASALLA GALEGO !

A Coordinarora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo  en colaboración cos centros da comarca ven de elaborar unhas  Guías de Lectura, con recomendacións de novidades en galego para este Nadal.
Botádelle un ollo as súas propostas!








8/12/14

OLLOS DE AULA

Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.

2/12/14

RECURSOS PARA O NADAL

Unha vez máis a CGENDL ( Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización  Lingüística) pon á nosa disposición unha páxina onde poderemos atopar todo tipo de recursos aportados por diferentes centros educativos, que nos van servir para traballar o Nadal .
Premede na imaxe para botarlle unha ollada!




Tamén atoparemos máis recursos nestas ligazóns:




22/11/14

MAGOSTO

Polo San Martiño ademais de "sacar os trompos ao camiño", no cole adoitamos celebrar o Magosto  cunha boa degustación de castañas asadas. A verdade é que estaban boísimas! , aínda que  por mor da    choiva nos quedamos sen poder gozar dos xogos populares que tiñamos preparados para completar a festa.


                                     
Así e todo os nenos/as do 3º ciclo tiveron un obradoiro musical no que coñeceron un pouco máis dese instrumento que tanto nos caracteriza, a gaita. Dito obaradoiro estivo a cargo de dous membros da asociación cultural Retrouso  de Cela, que moi amablemente se achegaron ao cole para compartir co nós os seus coñecementos.
 Lembramos que esta asociación ven de editar un traballo discográfico que recolle cantigas populares da zona, e que leva por título ELELELOS.






14/11/14

NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do mes da CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,  neste mes de novembro podemos atopar no Bibliocastelo unha exposición de libros relacionados coa temática científica editados na nosa lingua.


Ademais premendo na seguinte ligazón podemos ler o manifesto en prol desta conmemoración, do científico ÁNGEL CARRACEDO ,profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.

5/11/14

OLLOS DE AULA

Xa en novembro, temos á nosa disposición o nº 17 da revista Ollos de aula.
Lembrade que tamén formará parte das mochilas viaxeiras .


1/11/14

SAMAÍN 2014


  As rimas de medo ,e os monstros terroríficos

  fixeron do cole un lugar magnífico!!


 


  Decoramos as cabazas con estilo e moita arte
  para que da exposición puideran formar parte.






                             O resultado foi moi artístico!!!


















27/10/14

TEMPO DE SAMAÍN


O SAMAÍN é unha das 12 cancións incluídas no libro-disco "Brinca vai " con cancións compostas e interpretadas por Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está editado por Kalandraka.
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/brinca-vai-G_01.jpg



Tamén podes atopar actividades divertidas na seguinte ligazón:



8/10/14

OLLOS DE AULA

Comezamos o curso e con el un novo número da revista Ollos de aula chega as nosas mans.
Coma sempre os temas tratados son de sumo interese para todos , sobre todo agora cos cambios que supón a nova lei de educación.
 Ademais de poder lela de xeito dixital nos blogues do centro, ou de maneira impresa no expositor da entrada , a partir deste mes tamén a ides atopar nas mochilas viaxeiras. Aproveitade a ocasión para ler os diferentes números que irán saíndo porque merece a pena.

6/10/14

XA ESTAMOS DE VOLTA

Comezando o mes de outubro, estamos preparados para continuar cun novo proxecto que vai marcar o noso traballo neste curso. Este ano queremos aprender moitas cousas sobre a ARTE, queremos converternos en pequenos artistas e inundar os nosos corredores de obras singulares cheas de creatividade.
Así convidámosvos a mergullarvos en ...

                                              
                                               

27/6/14

O LADRÓN DE PALABRAS

Como colofón a este remate de curso, o venres 20 de xuño puidemos gozar dunha pequena representación de teatro a cargo dos nenos de "Atención Educativa" de 2º de Primaria. A obra é unha adaptación de El ladrón de palabras de Antonio de la Fuente Arjona, está traducida ao galego e adaptada aos nenos e ao entorno.
Esta actividade entra dentro do proxecto Que suba o pano!, coma un xeito de achegar o teatro á escola e aproveitalo coma un recurso para favorecer a expresión oral e corporal. Ademais estreamos o noso PANO na sala de usos múltiples e de seguro que esta é a primeira de moitas , que nos imos animar a facer.

Esperamos que vos guste!

OLLOS DE AULA

Este é o último número de Ollos de aula para este curso.Coma sempre aparecen temas interesantes  e de actualidade.

23/6/14

COÑECEMOS A NOSA VILA

Este é o título do estupendo traballo de investigación sobre a vila de Bueu levado a cabo polos alunmos/as de 6º de Primaria do cole da Pedra.
A actividade enmárcase dentro do Proxecto de Fomento de Uso do Galego, coma un xeito de amosar a nosa  vila aos alumnos/as do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos a través dunha ruta virtual, e así poder observar as diferenzas entre estas dúas fermosas vilas.
Dende aquí mandámoslles un agarimoso saúdo e unha aperta moi grande! e esperamos volver a contactar o vindeiro curso.

Powered by emaze

http://app.emaze.com/359206/bueu-a-nosa-vila-copy1#slidenum=1

27/5/14

SEMANA DOS XOGOS TRADICIONAIS

Nesta última quincena de maio temos no cole unha pequena mostra dalgúns xogos tradicionais , cedidos por un tempo pola asociación Corredoiras de Bueu.
Estes son os xogos que xa puxeron a disposición dos nenos e nenas nos obradoiros de Infantil durante a celebración do Correlingua o pasado 13 de maio.
Están tendo un gran éxito , e son moitos os que se achegan na hora do recreo a poñer a proba as súas habilidades.




22/5/14

QUE SABES DE...?

Un ano máis comezamos o noso concurso QUE SABES DE...? co gallo da celebración das Letras Galegas.
O poeta homenaxeado Xosé María Díaz Castro convirtese durante varias semanas no centro da nosa atención. Así os nenos investigan e tratan de averiguar as respostas ás preguntas  sobre a súa vida que pouco a pouco van aparecendo no mural.
Entre os acertantes haberá varios agraciados que recibirán un pequeno agasallo.
 
 


 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

21/5/14

CORRELINGUA DO MORRAZO 2014

O pasado martes 13 de maio gozamos un ano máis coa celebración da V edición do Correlingua do Morrazo. A vila de Bueu encheuse de rapazada de diversos colexios da comarca que percorreu as súas rúas cantando e amosando unha chea de palabras fermosas da nosa lingua,  pintadas nas camisetas para a ocasión.



Baixo o lema: GALEGO, O PASO ADIANTE que fai referencia ao poema PENÉLOPE de Xosé Mª Díaz Castro, quixemos facer fincapé no galego como unha lingua que avanza, que está viva, coa que nos expresamos en calquera momento e lugar.







Ademais tamén luciron bonitos prendedores con diferentes deseños pero cunha mensaxe comú : "PRÉNDETE AO GALEGO", coma un xeito de convidar a todo o mundo a compartir a nosa fala en calquera lugar ou  ocasión.


Por outra banda os máis pequenos estiveron entretidos xogando nos obradoiros de xogos populares ,nos que colaboraron igual que o ano pasado os membros da asociación Corredoiras de Bueu. Ademais da Pita Cega o Pica Parede ou a Ra tamén practicaron a súas habilidades con outros xogos tradicionais elaborados de maneira artesanal nos que tiñan que ensartar aneis ou tirar pezas,coma o xogo da campá, ou o caldeiro e a leiteira entre outros.



Ao remate da marcha varios alumnos e alumnas do IES Rodeira e Johan Carballeira leron un manifesto, elaborado polo alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. e que resultou gañador na edición 2014 do Concurso de Manifestos.
A continuación o alumnado do Obradoiro Musicasbarxas do IES As Barxas defenderon o galego a ritmo de rap "A LINGUA QUE TRABA".
Todo isto foi presentado  pola estupenda actriz Isabel Risco que nos deu a benvida cunha enerxía e vitalidade incribles.





E como colofón final a actuación de Pablo Díaz e a súa banda que veu animar coa música do seu novo disco Toc-Toc.


Foi un día de celebración no que todos puidemos xogar e divertirnos bailando e cantando EN GALEGO.
 
Atoparedes máis información con videos dos nosos nenos nas seguintes ligazóns: