22/12/13

UN NADAL DE POSTAL

Dende o CEIP A Pedra queremos desexarvos un  BO NADAL E UN MOI FELIZ 2014!!!

Esta é unha pequena mostra dos estupendos traballos que fixestes en familia para o certame NADAL DE POSTAL.
Fosron escollidos de entre outros moi fermosos pola súa sinxeleza e pola menxase que transmiten.
PARABÉNS!!!


                                 

17/12/13

LIBRO DE REIS

Cando os  Reis Magos de Oriente chegan a Galicia, diríxense aos nenos e nenas a través de fermosas cartas coma as que podedes atopar neste libro.Preme na seguinte ligazón.


                              issuu.com/edlapedracolexio/docs/libro_reis?e=10250304/6048394



Estas son outras ligazóns interesantes relacionadas  co Nadal : http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2013
http://www.xunta.es/linguagalega/postais_en_galego
http://www.xunta.es/linguagalega/carta_maxestades





16/12/13

UN NADAL DE POSTAL

Este é o título da fermosa exposición de postais de Nadal que dá cor e calor  á entrada do noso cole.
O corredor está  cheo  de bos desexos e deseños orixinais,
 que un ano máis as familias plasmaron nas súas postais.
Moitas grazas a todos/as!











 
 
Aínda que cada ano a escolla resulta máis dificil, podedes ver os elixidos deste ano, tanto pola súa sinxeleza como polas mensaxes que transmiten. PARABÉNS A TODOS ELES !!!





GUIAS DE LECTURA EN GALEGO

Se en galego queres agasallar ,
 aquí tes ideas para mercar!


GUIA DE LECTURA : INFANTIL

GUIA DE LECTURA : PRIMARIA


GUIA DE LECTURA : SECUNDARIA

 
Ademais se premedes nesta ligazón poderes atopar máis cousas para agasallar.
 Agasallo.eu
Agasallo.eu, unha plataforma na rede na que xa podes buscar regalos en galego de todo tipo.
Está creada pola Coordinadora  de Traballadores/as de Normalización da Lingua. CTNL.

 
 


11/12/13

OLLOS DE AULA

Xa temos o derradeiro nº do ano 2013 , da revista Ollos de aula, esta vez cun tema que nos afecta moi directamente : a lei WERT.
Non perdades a ocasión de botarlle un ollo.


2/12/13

25 DE NOVEMBRO

O pasado 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL  DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Nos diferentes ciclos estiveron lendo varios libros para reflexionar sobre esta problemática que por desgraza está tan presente na actualidade.Algúns títulos foron: "Os bonobos con lentes", "Rosa caramelo","Arthur e Clementina"..., cos que traballaron o dereito á igualdade.
Ademais os nenos de 3º ciclo participaron no concurso de cartaces  convocado polo CIM. Este ano houbo tres alumnas que resultaron premiadas polo seu traballo:
CARLA ALFAYA PORTELA 5ºA   (1ºpremio de primaria)
MARÍA BROCOS JUNCAL   6º A    (mención especial)
ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO  6ºB   ( mención especial)
O día 25 acudiron ao Concello a un acto institucional presidido pola corporación municipal  para recoller o seu agasallo .Compartiron así a xornada cos outros participantes gozando dunha representación que levaron a cabo os alumnos do IES Johan Carballeira sobre unha princesa maltrarada.
Estes foron os traballos premiados.





                               
Atoparedes máis información nas seguintes ligazóns:
 
 

16/11/13

OLLOS DE AULA

Un novo número de Ollos de Aula chega ás nosas mans.Coma sempre con temas de interese para todos os que conformamos a comunidade escolar.

MAGOSTO

Este ano o Magosto na Pedra estivo pasado por auga, polo que non disfrutamos dos xogos que facemos coas castañas por estas datas. Pero o que si fixemos foi comelas asadas e quentiñas.
Que boas estaban!

 

30/10/13

UNHAS CABAZAS DE CÓMIC

Unha morea de personaxes de cómic invadiron  a entrada  do noso cole, todos con sabor a cabaza!. Comezaron a chegar de todas partes e case non dabamos feito para colocalas no seu lugar. Un lugar privilexiado , para que todos puderamos observalas detidamente , deleitándonos coa súa beleza e complexidade.
 Resulta  moi gratificante comprobar a resposta das familias nesta actividade tan especial.
O listón está moi alto!
Parabéns aos artistas!










O CASTELO DO PESADELO

Este ano polo Samaín, o cole da Pedra convertiuse no Castelo do Pesadelo.




Desde todos os recunchos  de 1º a  6º xurdiron pensamentos terroríficos, personaxes malvados, historias que nos fan tremer de medo. Todas elas quedaron penduradas no Castelo, en forma de pantasmas que se moven pululando polo espazo abandoado.
Achegádevos a lelas se vos atrevedes!


No 3º ciclo saíron historias verdadeiramente terroríficas! Botádelle un ollo.

http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/11/o-castelo-do-pesadelo.html

ANIVERSARIO DE PAPIRUS



O pasado 24 de outubro celebramos un ano máis o día das bibliotecas escolares e con moita ilusión  tamén o aniversario de Papirus. Este ano foi por todo o alto, aínda que el non puido estar con nós. Deixounos unha fermosa carta contándonos as súas aventuras no verán, así soubemos que :

 Preparou un video coa axuda da súa amiga a vieira Cocorola: "O POLBIÑO LECTOR",


 Foi visitar no verán o cole do Carballal en Marín , e  Victor o profe de música agasallouno cunha bonita canción, que todos lle cantamos no seu aniversario.





Falounos do proxecto  ENTRE VIÑETAS  que será o noso eixo de traballo deste ano, arredor do mundo do cómic. Ademais sorprendeunos a todos cunha aventura súa na compaña das tartarugas Tambo e Onza, que o seu amigo Miguel Angel Trasierra  "TRASSIWOLF" convertiu en  TBO





Por último agasallámolo cunhas fermosas tarxetas  e cantamos  "Parabens para ti "diante do marabilloso mural que nos pintou David no Bibliocastelo.





7/10/13

OLLOS DE AULA

Temos xa á nosa disposición o nº 9 da revista  Ollos de aula. Conta coma sempre con temas interesantes e de actualidade relacionados co ensino.

26/9/13

COMEZAMOS NOVO CURSO

Xa estamos de novo en setembro, chegamos ao cole coas pilas cargadas e con ánimo e ilusión para comezar este curso.
Dende o  Equipo de Dinamización Lingüística seguiremos comunicándovos a través do blog todas as actividades que levemos a cabo. Un saúdo !

11/6/13

OLLOS DE AULA

Máis artigos interesantes neste último nº da revista para este curso 2012-2013.Coas vacacións á vista temos algunhas recomendacións que paga a pena ler.


Ollos de aula. Nº 8

31/5/13

MENOS LOBOS

MENOS LOBOS , éste é o título dunha pequena  obra teatral  de Sabela Ramos , que nos serviu como punto de partida para introducirnos un pouco no mundo dos monicreques .
Dentro do proxecto Que suba o pano! tres nenos de 6º, déronlle vida  ás dúas primeiras escenas da obra, convertíndose así  en Maruxiña , Nicolasiño, Tareixa e o Lobo, que como moi ben di, non é tan malo como se pensa.

Aquí tedes o resultado.
       
                          

29/5/13

NÓS TAMÉN CREAMOS

Os grupos de Infantil de 4 anos do cole da Pedra veñen de facer un traballo xenial dentro do certame "Nós tamén creamos".Éste está impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística  xunto con OQO editora e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia.O proxecto consiste en facer unha curtametraxe baseada nun libro de OQO, mediante a técnica de Stop Motion. O libro elixido foi "a árbore tan pouco árbore".
O resultado é un traballo minucioso e feito a conciencia, que de seguro deixará pegada en todos os que participaron na súa elaboración, nenos/as e profes.
Parabéns  a todos/as!




Botádelle unha ollada ao proceso de elaboración. Menudo traballo!


14/5/13

QUE SABES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO?

Como cada ano na semana das Letras Galegas ,no cole da Pedra poñemos en marcha o concurso   "QUE SABES DE...?" que fai referencia ao autor homenaxeado o 17 de maio.Nesta ocasión como sabemos dedícase ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Os rapaces deben contestar a unha serie de preguntas que van aparecendo no mural .Introducen a resposta nunha furna e cada vez que se cambia a pregunta van saíndo tres acertantes da pregunta anterior.Os afortunados terán un pequeno agasallo ao rematar o curso.







Estos son os elixidos como acertantes da 1º pregunta:



 

12/5/13

IV CORRELINGUA DO MORRAZO




O pasado venres 10 de maio celebrouse en Bueu o IV Correlingua do Morrazo, baixo o lema:"GALEGO, A CHAVE DO MUNDO". Tivo unha gran afluencia de nenos/as de numerosos centros da comarca , de Moaña, Cangas, Bueu e Marín.Dende primeira hora da mañá concentrámonos na Praza Massó para facer unha marcha pola lingua ,todos os participantes levabamos unha fermosa palabra en Galego pintada na camiseta ,como símbolo da súa riqueza.

          




Mentras se desenvolvía a marcha, os nenos de Infantil estiveron xogando nos obradoiros , que este ano foron dedicados aos xogos populares .
Para levalos a cabo contamos coa inestimable axuda da asociación "Corredoiras de Bueu" que moi amablemente se prestou a ensinarlle aos nenos como se xoga ao trompo,ao aro,aos birlos, á ra, ao pica parede,´á pita cega, á roda, ao pasemisí, á corda ...Tamén colaboraron os rapaces e rapazas dos IES de Rodeira e do Johan Carballeira  apoiando en cada xogo para que todo saíse ben , así como algúns pais  e profes  da Pedra, a todos eles dámolles as grazas.
 





 




 
                                                                                  

                 

 Tamén pintaron un mural no que estaba escrito o lema , e unhas grandes chaves nas que pegaron imaxes compiladas previamente nos diferentes centros. As imaxes facían referencia aos diferentes ámbitos do mundo: a natureza, a ciencia e tecnoloxía, o arte, os sentimentos, a vida cotiá e a vida no cole. 

                  
                                         
  
                                                     

 Cando rematou a marcha xuntámonos todos na praza, onde nos esperaba o mago Martín Camiña para entreternos un rato mentras merendabamos.Logo o autor e director teatral Celso Parada leu o manifesto en prol da lingua.
Por último todos puidemos  gozar cantando e bailando coa música de Luís Prego e o seu disco "Para cantar e bailar".











Como dicía, foi unha xornada compartida para pasalo ben, tendo a nosa lingua moi presente

Mirade que videos tan chulos! 










Outras ligazóns de interese: