28/5/16

XIRA KAMISHIBAI

O alumnado de terceiro e cuarto, dedicaron este mes das Letras Galegas a difundir a vida e a obra de Manuel María pola vila de Bueu.
Preme nesta imaxe para saber que lugares visitaron con esta bonita tarefa:

22/5/16

TRASNIÑOS NOMINADOS!



A volta da ponte das letras galegas tíñanos reservada unha gran nova:
"A MASCARA DO LEÓN" NOMINADA NO FESTIVAL  AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI!
Dende este blog desexarvos trasniños e trasniñas os nosos máis sinceiros parabéns!
O próximo sábado, 28 de maio, fallaranse os premios en Boiro pero a comunidade escolar do CEIP Plurilingüe A Pedra xa vós nomeou campións! e sentímonos moi orgullosos e orgullosas.

ASTRONOMÍA

Este pasado xoves, 19 de maio, os nenos e nenas de sexto recibiron a visita do alumnado de 1º e 2º de ESO do veciño centro de secundaria Joham Carballeira. Este instituto leva xa uns anos organizando un club de astronomía e confensan que unha das actividades preferidas e volver ao cole onde estudaron," A Pedra", para expoñer o que aprenderon durante o curso.
Todos xuntos, metéronse na aula de ciencias e realizaron diversos experimentos sobre a refracción e a reflexión da luz. Outra práctica consistía en demostrar a forma esférica da Terra tamén a través da luz.
A experiencia foi moi positiva  polos coñecementos transmitidos pero sobre todo porque o grupo de sexto do noso cole puideron comprobar o ben que traballan no centro ao que moitos acudirán o próximo curso.







16/5/16

LETRAS GALEGAS

A entrada do noso cole está dende hai unha semana máis bonita que nunca. Un precioso mural, co lema "SOÑANDO GALICIA". en alusión ao famoso libro "OS SOÑOS NA GAIOLA" de MANUEL MARÍA chama a atención de toda a comunidade escolar.
En primeiro lugar debemos agradecer a profe Geli que é a deseñadora desta preciosa obra  e despois a todo o alumnado do colexio dende o cuarto curso de Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria, pois todos aportaron o seu anaquiño. O proxecto consistiu en que cada aula traballaría un poema de Os Soños na Gaiola e ademais o debuxarían para seren integrados nunha paisaxe galega. O reparto dos poemas foi o seguinte:
 4º de Educación Infantil: O Caracol e A Bolboreta. 

  • 5º de Educación Infantil: O Gato e O Galo. 


    6º de Educación Infantil: O Lobo e A Vaca.
                                    
     1º Educación Primaria: O Tractor e O Carro

    2º de Educación Primaria: A Andoriña e O Merlo.



3º de Educación Primaria: O Labrego e O Afiador.

4º de Educación Promaria: O Muíño e A Muiñeira.

 5º de Educación Primaria: O Año e O Pastor.
6º de Educación Primaria: O Vento e O Lume.


Como en anos anteriores volve o concurso: 
Que sabes de Manuel María?
O pasado venres 13 de maio, foi o día elixido para a celbración do Dia das Letras Galegas.
Todo o alumnado do centro recibíu un pin de agasallo co lema "O Galego esta en nós" deseñado pola profe do IES Joham Carballeira María Xosé Ares.

 O alumnado tivo ocasión de ver o video: "VIVINDO EN GALEGO" e posteriormente acudiron a escoitar e gozar coa vida e obra de Manuel María, contada polo alumnado de terceiro e cuarto.
                                    


:
Neste vídeo podedes comprobar o bonito traballo realizado polo alumnado de terceiro e cuarto:


15/5/16

VIVINDO EN GALEGO!

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Centros Educativos do Morrazo acaba de publicar un vídeo no que colaboraron desinteresadamente diferentes persoas representativas das máis diversas profesións.
O traballo foi  coordinado por Carmen Pérez Fernández representante do IES A Paralaia de Moaña. Para ela en primeiro lugar o noso agradacemento non só por propoñer esta tarefa e animar  senón, e sobre todo, por ocuparse da montaxe do vídeo que foi sen dúbida un arduo traballo.
O noso colexio tamén aportou o seu graniño de area e no audiovisual podemos ver a María, nai de Fidel, a Ana, nai de Brais, e a Bibi, nai de Xoel. Tamén aparece Wika, moza polaca que representa ao sector turismo, amiga dunha mestra do cole.
Unha mención especial merencen Manolo Castro, pai de Martiño, Martín pai de Miguel, Álvaro e María e Marga, nai de Antía. Estas persoas gravaron tamén as súas experiencias como persoas galego falantes pero por motivo de repetición de profesións ou do espazo non aprecen na montaxe final
. GRAZAS!

8/5/16

KAMISHIBAI MANUEL MARÍA

O  alumnado de terceiro e cuarto do noso cole realizou un bonito traballo sobre a vida e a obra de Manuel .María. 
Tras repartirse a tarefa, as catro aaulas trabalaron arreo pero con ilusión. O obxectivo era lelo, en formato de Kamishibai, durante a semana das Letras Galegas nos Centros de Día de maiores , nos Centros de Educación Infantil da nosa vila e ao resto do alumnado do noso centro.
En este blog esperamos publicar estas bonitas experiencias.

1/5/16

" A MÁSCARA DO LEÓN" CURTAMETRAXE DO ALUMNADO DE 5º DE E. INFANTIL

O estabamos esperando! O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou sen folgos pero ao final o acadaron. Si, a súa peli está rematada.
 Queredes ver como se levou a cabo proceso?
 Pois abride ben os ollos porque no vídeo que ides ver comprobaredes como estes pequenos e pequenas son produtores e produtoras, actores e actrices, deseñadores e deseñadoras de escenarios e vestiarios , compositores e compositoras ...
 Imos deixarlle o papel de directoras ás profes Cris e María.
 O resultado é incrible. Dende este momento os nomeamos campións, pero non só do certame "Nós tamén creamos ". Para a comunidade escolar do CEIP Plurilingüe "A Pedra" son os gañadores dos "Goya" , dos "Oscar" e como non, do Certame de Curtametraxes de Bueu.
Parabéns rapaces e rapazas!
Gozade deste vídeo porque ademáis de estar xenialmente feito, é dunha gran tenrura.

VÍDEOCONFERENCIA: ARPA LEAP MOTION

O pasado martes, 26 de abril, o alumnado de 5º e 6º do noso cole estaba citado na sala de usos múltiples para asisitir a vídeoconferencia: "Arpa leap motion" por parte de Susana Oubiña.
O alumnado chegou puntual e as 11:30 en punto produciuse a conexión en directo.

A relatora tras unha breve introdución comezou a explicar como programar un arpa usando o programa Scratch 2,0 e o dispositivo leap motion.



O obxectivo era facer soar o intrumento simplemente movento as nosas mans no aire. 
Tratouse dunha interesante exposición pero resultou moi complicada de entender para o alumnado destas idades. Non acadou, polo tanto o éxito esperado.
Porén, dende o noso centro queremos expresar o noso agradecemento en primeiro lugar a Susana Oubiña,despois aos compoñentes do equipo da Coordinadora Galega de equipos de Normaización e Dinamización ligüística e a todas as persoas que traballaron arreo para que este proxecto se levara a cabo.