20/12/17

QUE A MAXIA DO NADAL ENCHA TODOS OS PRATOS POR IGUAL


Esta fermosa POSTAL COOPERATIVA DE NADAL, preside nestas datas a entrada do colexio, Cada neno ou nena do cole de Primaria pode atopar unha parte do seu traballo nela.
 O alumnado de primeiro e segundo fixeron as casiñas, os de terceiro e cuarto as árbores e os de quinto e sexto as folerpas de neve.

Con ela queremos FELICITAR AS FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
No centro da postal, de xeito destacado, atópase o FERMOSO LEMA  composto pola familia de LOLA CUBERO PICOS  de 6º de Educación Infantil.

Parabéns para todas as familias que paricipastes, no concurso e asegurarvos que a selección foi dura pero que só unha podía ser a elixida.
Amosamos, a continuación, a mostra da participación das familias neste certame 2017:






MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!

12/12/17

GUÍAS DE LECTURA DE NADAL 2017

Baixo o lema "COMPARTE AMOR POLO NOSO" , a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, vén de publicar as guías de lectura.
Esta lista é froito dun traballo cooperativo dos centros da comarca, no que o noso centro participa activamente.
Ten como obxectivo, animar á comunidade educativa a agasallar libros  e música no noso idioma. Trata de reflectir as novidades editoriais do último ano, tendo en conta as distintas idades e formatos; narrativa, poesía, cómic ou divulgación.
Este ano non nos quixemos esquecer de incluír, asemade, libros de María Victoria Morena, autora que será homenaxeada nas Lettras Galegas 2018.
Agradecer  a Ana  Valuja do CEIP de Seixo, que se ocupou da enmaquetación e a Luz Beloso do IES de As Barxas de Moaña pola ilustración.



29/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO II

Este mes, tipicamente outonal, chega ao seu fin.
Dende hai anos, conmemérase NOVEMBRO  como o mes da ciencia en galego nas Bibliotecas escolares.
O noso alumnado non parou de facer experimentos. Debemos recoñecer que a temática da ALIMENTACIÓN do noso proxecto común axudounos moito.
Clicando nas seguintes imaxe poderedes acceder aos distintos blogues onde se explican polo miudo estas experiencias;




l




13/11/17

MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS


Case podería asegurar que se algún día vai quedar na memoria do alumnado do noso cole, ese vai a ser a celebración do Magosto.
As castañas estaban boísimas e demos boa conta delas.










Pero o mellor de todo son os xogos! Este ano temos que volver a agradecer a inestimable colaboración,  da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu, que non só cedeu unha gran cantidade de xogos, senón que tamén estiveron dirixindo os xogos, tratando aos pequenos e pequenas con toda a delicadeza imaxinable.
 GRAZAS DE CORAZÓN!
Os xogos tiveron  lugar no patio de infantil e nos dous patios de primaria. Basta con botarlle unha ollada ás fotos para comprobar o ben que o pasaron dende os máis pequenos ata os maiores.









8/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO I

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS
O alumnado de cuarto realizou un interesante proxecto de investigación  sobre os sentidos e sobre a cegueira e a xordeira.
Clicando na seguinte imaxe pódese acceder á entrada do blog onde se explica a actividade:
O seguinte vídeo amosa as imaxes da experiencia na aula de ciencia cos diferentes sentidos:

1/11/17

MENUDO SAMAÍN!

Este suxerente mural, preside a entrada do nos cole dende hai uns días. O título fai referenza ao proxecto da biblioteca, que como recordaredes, este ano trata de alimentos. 
Está presidido por unha pota onde se cociñan os pratos máis espeluznants que vos podades imaxinar e que previamente se maquinaron nas cabeciñas de todo o alumnado do centro. Ao seu lado está a carta do restaurante "A Pedra".
Como podedes observar os menús veñen separados en:
ENTRANTES
 1º PRATO
 2º PRATO
 SOBREMESA
 SUXESTIÓNS DO CHEF
Como cada ano houbo, asemade, unha impresionante exposición de cabazas. Debemos puntualizar que cada ano as familias nos sorprenden mái, polo artistas e orixinais. 
GRAZAS POLO ESFORZO!








Xa o día 31 de outubro, día de Samaín, foron varias as actividades que se realizaron en torno á festa.
Algúns nenos e nenas viñeron disfrazados ou pintados.
Neste vídeo poderedes ver algúns dos momentos máis destacables da xornada.