26/5/18

UN LUGAR CHAMADO MUNDO

Tras o éxito que supuxo a proxección  de "De Chumbo a Verba" para o alumnado de terceiro, cuarto, queinto e sexto de E. Primaria, tocáballe a quenda aos pequenos do cole.
Así foi o pasado venres, 25 de maio, todo o alumnado de E. Infantil e os de primeiro e segundo de E: Primaria, foron ao centro social para cer o conto musicado:
"UN LUGAR CHAMADO MUNDO"
Verderas Expresións Artístiticas  presentaron un concerto didáctico cun argumento moi interesante "Mariña, a mellor refegueira do mundo queda sen voz e percorre o mundo acompañada de Nicolai na procura de de palabras e historias novas. Deste xeito o alumnado vai coñeendo a tarantela italiana, un conto chinés, o son cubano ou rirmos senegaleses.
Esta historia tan bonita, quedou deslucida por un problema co son, polo que os pequenos e pequenas non puideron gozar da representación  como estaba planexado. A compañía de teatro e o e equipo de Dinamización queren expresar a través destas páxinas o noso profundo pesar por este feito.








20/5/18

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

É, por todos recoñecido, a aposta que o colexio A PEDRA, fai polo fomento do amor e o uso da nosa lingua, así que a celebración DAS LETRAS GALEGAS non podía pasar por alto.
Os pequenos de E. infantil, este ano non subiron ao cole dos maiores pero o celebráronnos pola súa conta. aquí queda unha fermosa proba onde o alumnado de  6º ano de A recitan un poema de MARÍA VICTORIA MORENO.


No cole de primaria fíxose unha preciosa festa, comezouse por recitar o poema UN CACHIÑ DE BICA?
extraído do libro EU CONTO TI CANTAS,  da autora homenaxeada.
A continuación o alumnado de cuarto, quinto e sexto procederon a compoñer as dúas últimas estrofas de "GALIZA" de MANUEL MARÍA, coas letras que cada un deles decorara coas súas familias a modo das alfombras florais.





 Foi un acto moi emotivo, un por un foron saíndo e colocando as letras no lugar determinado.












 O resultado foi espectacular:


Todos xuntos  cantamos esta fermoso poema de Manuel María.
Rematamos, como cada ano, cantando O HIMNO GALEGO, previamnete interpretado maxistralmente con frauta polo alumnado de sexto. Neste vídeo poderedes gozar deste emotivo final de festa.

16/5/18

MURAL DAS LETRAS GALEGAS


Como cada ano, un gran mural preside a entrada do noso colexio, onde cada aula do centro puxo o seu gran de area. 
Este ano, como non? había que unir a homenaxe a MARÍA VICTORIA MORENO, co PDI, DE ALIMENTACIÓN. A profe Geli, encargada sempre destes eventos, botou man da súa creatividade  e atopou a conexión mediante unha SOPA DE LETRAS GALEGAS, onde se poden atopar o nome da escritora estremeña, e de dúas das súas obras, Mar adiante e Eu conto ti cantas.
O alumnado de infantil encargouse de decorar as letras. 
Foron os nenos e nenas de primaria os que decoraron unhas fermosas bandexas cheas de letras galegas tamén, pero que ordenadas formaban unha das estrofas dun poema de MARÍA VICTORIA MORENO, uncluido no libro EU CONTO TI CANTAS.
1ºA

1ºB

2ºA

2ºB

3ºA

3ºB

4ºA

4ºB

5ºA



5ºB

6ºA


6ºB





12/5/18

PROXECCIÓN DE "CASTELAO DE CHUMBO A VERBA"

Chegou o día!
 E podemos afirmar que o resultado superou con creces as nosas espectativas.
Temos que expresar antes que nada o noso agradecemento a María Rey, profe de infantil do noso centro, que, dun xeito totalmente altruísta, ofreceunos a oportunidade de poder asistir a proxección deste filme. Por engadido miles grazas a MIGUEL LÓPEZ, director e guionista da película.
Cando chegamos o mismísimo director estaba esperándonos na porta e iso fíxonos sentir moi importantes. E non só iso, tamén se sacou fotos con nós.

.
Pasamos logo ao interior e, tras unha breve introdución, empezou a proxección. 
Podemos asegurarvos, que aínda que tiña parte de ficción,  unha gran parte era documental sobre a vida e obra de CASTELAO,  pero a nosa atención mantívose os 50  minutos que durou. 
Engadir que todos nos emocionamos e que agora coñecemos mellor e admiramos máis a figura deste gran escritor, debuxante e político galego. 
Todo comeza cando un alumno é recriminado pola súa mestra pola súa lacazanería e a falta de coñecemento sobre o autor de Rianxo. Este mesmo rapaz, sentado na praza San Xosé de Pontevedra sorpréndese ao comprobar que a figura de Castelao que forma parte da estrutura escultórica empeza a falar con el e ofrécese a axudalo para facer o traballo sobre a súa vida nesta cidade.




María do Ceo, é a intérprete do tema central da peli e de todo o repertorio musical. Forma parte tamén dunha das esceas no Café Moderno.
Foi espeialmente duro, o momento en que se relata o fusilamneto de Alexandre Bóveda, gran amigo de Castelao. Non pudemos evitar as bágoas ante feitos tan inexplicables da nosa historia.
Pero a todos nos sacou un gran sorriso ao ver como a figura de Valle Inclán, que todos coñecemos de pasear pola cidade de Pontevedra, cobra vida para formar parte da historia:


Ao rematar tivemos o privilexio de gozar coas imaxes do MAKING-OF, e das  explicacións do director, sobre as dificultades e atrancos con que se atoparon ante unha rodaxe desta envergadura.







Antes de rematar, Miguel López contestou cunha paciencia infinita á multitude de preguntas que lle fixemos.
Para finalizar dous alumnos de sexto, Helena e Xandre, representando a todo o colexio, fixéronlle entrega ao director dun pequeno agasallo, para que non se esqeuenza  de nós.


MIL GRAZAS MIGUEL!
   UNHA XORNADA INESQUECIBLE!