Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

17/11/19

MAGOSTO

Esta semana  celebrouse a festa do Magosto no noso cole, primeiro para o alumnado de primaria, o martes 12, e despois para o de infantil, o venres 15 de novembro.
Esta é sen dúbida unha das festas favoritas deste centro porque ademais de degustar tan saboroso manxar, tradicionalmente, gozamos cos xogos populares organizados pola asociación Corredoiras de Bueu.
Non puido ser, nas dúas datas a chuvia non nos deu tregua.Así que tivemos que consolarnos con comer as castañas dentro das aulas e prescindir dos xogos.

 



Porén, non deixamos de realizar actividades en torno a este froito do outono.
Esta foi a canción elixida polos máis pequenos do colexio para cantar todos xuntos.


Asemade fixéronse traballos plásticos:




Tamén se recitaron poesías, como a tantas veces recurrida de Manuel María:
Dende estas páxinas mandar o noso agradecemento á asociación Corredoiras, coa que esperamos contar de novo o próximo curso.
Tamén agradecer a Ramón e Martín por asar tan ben as castañas. 
ESTABAN DELICIOSAS!

9/11/18

MAGOSTO 2018

Di o famoso dito:
 "AO MAL TEMPO BOA CARA"
E outro aínda máis sabio, que di a xente maior:
"O MAL TEMPO NO SEU TEMPO NON É MAL TEMPO, É BO TEMPO"
Pois é o consolo que nos queda.
 O Magosto este ano quedou pasado por auga, así que non puidemos gozar,  dos xogos populares no patio. Dende aquí mandámoslle o noso agradecemento á asociación CORREDOIRAS, que tiñan todo preparado para compartir con nós eses xogos que foron recompilando ao longo do tempo.
 Foi unha gran mágoa, pero non quedamos se probar o prezado alimento!
 Nos corredores, nos ximnasios ou mesmo dentro das aulas ...
AS CASTAÑAS ESTABAN DELICIOSAS!
 XIMNASIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
 CORREDOR DE PRIMARIA
 AULA DE PRIMARIA
 AULA DE PRIMARIA
 CORREDOR DE PRIMARIA


4/11/18

ACTIVIDADES DO MAGOSTO

O próximo martes, 6 de novembro celebrarase o Magosto en E. primaria.
O alumnado de E. Infantil, gozará desta festivIdade, o xoves 8 de novembro.
Mentres tanto nas aulas poderemos coñecer un pouco máis sobre a festa das castañas.
Premendo na seguinte imaxe, poderedes acceder a actividades fotocopiables editadas polo SEMINARIO GALÁN:

Se premes na seguinte imaxe, poderedes aprender bastante sobre a historia deste prezado froito:
Se premes na seguinte foto atoparedes un LIM para cada idade:





13/11/17

MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS


Case podería asegurar que se algún día vai quedar na memoria do alumnado do noso cole, ese vai a ser a celebración do Magosto.
As castañas estaban boísimas e demos boa conta delas.










Pero o mellor de todo son os xogos! Este ano temos que volver a agradecer a inestimable colaboración,  da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu, que non só cedeu unha gran cantidade de xogos, senón que tamén estiveron dirixindo os xogos, tratando aos pequenos e pequenas con toda a delicadeza imaxinable.
 GRAZAS DE CORAZÓN!
Os xogos tiveron  lugar no patio de infantil e nos dous patios de primaria. Basta con botarlle unha ollada ás fotos para comprobar o ben que o pasaron dende os máis pequenos ata os maiores.









20/11/16

MAGOSTO 2016

O mes de novembro é tradicionalmente o mes das castañas e, San Martiño é o día perfecto para celebrar o Magosto.
No noso cole, ao ser festivo local, temos que trasladar a data pero tede ben seguro que celebrar se celebra.
Este ano tocoulles aos de primaria o martes, 8 de novembro. Aínda que con ameaza de chuvia, os rapaces e rapazas puideron, no soamente degustar o saboroso froito do outono, senón tamén gozar cos divertidos xogos que  A ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu prepararon para nós.
Os pequenos e pequenas de infantil, celebrárono o seguinte xoves, 10 de novembro e tede por seguro que algunha pinga caeu pero xogaron e degustaron as castañas igual que os maiores..Volveron contar co apoio da asociación buenense.
Dende estas páxinas o
NOSO PROFUNDO AGRADECEMENTO A ESTE GRUPO DE PERSOAS DE BUEU QUE, CUNHA MOSTRA DE ABSOLUTA XENEROSIDADE, PRÉSTANSE A TRAER E ENSINAR AOS NENOS E NENAS XOGOS TRADICIONAIS
Se pinchades nestas fotos poderedes ollar as diferentes entradas dos blogues do noso cole.
ENTROIDO EN INFANTIL:
MAGOSTO 1º  e 2º PRIMARIA
 MAGOSTO 3º, 4º , 5º e 6º DE PRIMARIA

22/11/14

MAGOSTO

Polo San Martiño ademais de "sacar os trompos ao camiño", no cole adoitamos celebrar o Magosto  cunha boa degustación de castañas asadas. A verdade é que estaban boísimas! , aínda que  por mor da    choiva nos quedamos sen poder gozar dos xogos populares que tiñamos preparados para completar a festa.


                                     
Así e todo os nenos/as do 3º ciclo tiveron un obradoiro musical no que coñeceron un pouco máis dese instrumento que tanto nos caracteriza, a gaita. Dito obaradoiro estivo a cargo de dous membros da asociación cultural Retrouso  de Cela, que moi amablemente se achegaron ao cole para compartir co nós os seus coñecementos.
 Lembramos que esta asociación ven de editar un traballo discográfico que recolle cantigas populares da zona, e que leva por título ELELELOS.






16/11/13

MAGOSTO

Este ano o Magosto na Pedra estivo pasado por auga, polo que non disfrutamos dos xogos que facemos coas castañas por estas datas. Pero o que si fixemos foi comelas asadas e quentiñas.
Que boas estaban!