Se clicades na seguinte foto poderedes acceder a información que o blog do BIBLIOCASTELO, publicou no seu momento.
Mostrando entradas con la etiqueta visitas de autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas de autores. Mostrar todas las entradas
7/4/19
EVA MEJUTO NO NOSO COLEXIO
O libro "22 Segundos", foi o libro elixido polo profesorado de sexto como lectura obrigatoria en galego para este curso. o pasado mes de marzo tiveron a sorte de recibir a visita de EVA MEJUTO, autora desta entrañable obra.
18/2/19
VISITA DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA
Hoxe, o alumnado de E. Infantil, tivo a sorte de recibir a visita de Anxo González Guerra, avó de Aldán, alumno de 4º de E. Infantil.
Anxo de forma totalmente altruísta, veulles contar a historia de O TRASNO PERICÁN, que por certo está dedicado ao seu neto. Mantivo a atención dos pequenos e pequenas mentras relataba coa súa voz profunda a fermosa historia.

Tivo que repartir o seu tempo en dúas sesións. As seguintes fotos amosan ao famoso escritor cos pequenos e pequenas do colexio.
MOITAS GRAZAS ANXO!
ESPERAMOS CONTAR CONTIGO EN MÁIS OCASIÓNS!
11/2/17
VISITAS DE ILUSTRADORES E ANIMADORES Á LECTURA
O ano 2017, comezou con moita actividade nas bibliotecas de noso colexio.
Comezaron os peques de infantil, o 15 de xaneiro, recibindo a visita de Dani Padrón, ilustrador de " Pasen e Miren" da editorial Bulubú. Este foi o libro que todo o alumnado de infantil pediu polo Nadal e comezaron a gozalo recibindo a visita deste magnífico artista.
Dani estivo encantandor dándolle leccións maxistrais de como se debuxa e firmando despois de maneira moi creativa todos os exemplares dos nenos e nenas.
Se pinchas na seguinte imaxe poderás informarte dunha maneira máis completa, enlazando co blog dos Trasnos.
Para obter máis i nformación sobre esta visita podedes pinchar na seguinte imaxe e enlazar co blog da biblioteca.

Os seguintes afortunados, foron os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de Educación Primaria. O pasado, xoves, 9 de febreiro recibiron a visita de Raquel Queizás, "Queliña". Esta fantástica contacontos, foi un agasallo que a editorial SM fixo a estes rapaces e rapazas por teren elixido "As fadas verdes" de Agustín Fernándz Paz como lectura en galego.
Queliña fíxoos pasar momentos inesquecibles, nos que as gargallada foron xerais, mentres lles contaba primeiro unha lenda china, e despois unha peruana.
Para obter máis i nformación sobre esta visita podedes pinchar na seguinte imaxe e enlazar co blog da biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)