16/12/15

RECURSOS DE NADAL

Unha vez máis a CGENDL ( Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización  Lingüística) pon á nosa disposición unha páxina onde poderemos atopar todo tipo de recursos aportados por diferentes centros educativos, que nos van servir para traballar o Nadal .


Premede na imaxe para botarlle unha ollada!

15/12/15

LEMAS DE NADAL



Como xa fixeramos o ano pasado, este curso volvemos convocar as familias para elixir o lema que presidiría a gran postal da entrada do colexio.
O profesorado do CEIP Plurilingüe A pedra, non pode máis que agradecer a participación de todos e todas que tivestes a ben colaborar. 
Tratábase dun gran reto pois, debíase combinar a idea de solidariedade co drama da crise migratoria e o proxecto que, sobre o espazo,  lévase a cabo no centro.
O lema seleccionado foi o de Andrea de 3º B e, dende estas páxinas mandámoslle os nosos parabéns a ela e a súa familia por entender tan ben o que este ano queriamos.
Este é o lema que preside xa  a nosa postal xigante:

“ Por  un universo onde o sol quente a todos por igual”


Asegurámosvos que había moitos que poderían ser elixidos igualmente.
Na seguinte lista tedes a mostra da gran participación e do nivel dos lemas:


 LEMAS DE NADAL 2015
Vaiamos a onde vaiamos que atopemos un bo Nadal (Natán Recamán 5 anos B)
·        Un universo no que hai sitio para todos (Lola 3 anos A)
·        Un universo sen fronteiras (Lola 3 anos  A)

·        A maxia do Nadal unen as estrelas que iluminan a Terra. Que todos os desexos se vos cumpran. Bo Nadal. (Nicolás 1º A)
·        Nenos e nenas este Nadal unha estrela fugaz suca o ceo iluminando os vosos fogares. (Noara parcero 1º B)
·        O Nadal é xenial, vacacións, regalos e diversión. (Andrea 1º B)
·        Por unhas festas universais, todos xuntos no Nadal. (Aitor Miranda 1º B)
·        O Nadal é felicidade, luces de colores, panxoliñas e alegrías polas rúas. Bos desexos para todos de corazón.  (Xiana Riobó 1º B)
·        O universo está cheo de estrelas e collen todas ben ordenadas. Por que no mundo parece que non collemos todos? Bo Nadal. (María 1º B)
·        O espazo alberga os planetas, o sol e a lúa e o meu corazón, a ilusión de que todos os seres humanos pasen un bo Nadal. (Zaira Rodríguez 1º B)
·        Coas estrelas do mundo vós desexo un Bo Nadal. (Leire 1ºB)
·        No Nadal hai moitas árbores e todos teñen na copa unha estrela. (David 1ºB)
·        O Nadal son días de ilusión, alegría e amizade. (Aroa 1º B)

·        Polo Nadal todo é felicidade. (Aroha 2º A)
·        Este Nadal vai chegar ata o universo enteiro. (Brais 2ºA)
·        A paz empeza cun sorriso. (Pepe 2º A)
·        A paz empeza cun corazón. (Uxía 2º A)
·        Tal vez o meu agasallo do Nadal sexa un gran sorriso. (Lucas 2º A)
·        Nenos, amor e Nadal collidiños da man. (Sofía 2º A)
·        As estrelas do firmamento brillan máis, cando se achega o Nadal para desexarvos un ano cheo de felicidade. (Pablo 2º A)
·        Os mellores agasallos son os que non se envolven. Non hai nada que adorne mellor o Nadal que o sorriso dos que queres.(Alex 2º A)
·        Esquece os problemas, saca o mellor dos teus sorrisos e a gozar co Nadal cos teus seres queridos. (Carla 2º A)
·        Estrela Polar brilla pola paz! (Ana Mayo 2º A)
·         O máis fermoso do universo son as estrelas por iso lle pido que o que vexas sexa alegría, que o que recibas sexa amor, que omque sintas sexa paz e que a onde camiñes sexa a túa felicidade. (Hugo 2º A)
·        Cantar, bailar, comer turrón, contar as uvas (Rocío 2º A)
·        Querido Nadal: quero que todos os nenos se porten ben e que non haxa guerras. (Álvaro 2º A)
·        Feliz Nadal para todos os nenos e nanas do mundo enteiro. (Brei 2º A)
·        Este ano gustaríame que todos os nenos e nenas do mundo reciban os seus agasallos, e que tamén se porten ben e nada de pelexas. (Fabiola 2º A)
·        No Nadal é festa e estamos todos cos familiares. (Inés 2º A)
·        O ceo é grande, o sol enorme e o universo infinito, pero estar contigo neste Nadal é o máis bonito. (Manel 2º A)
·        Para facer a paz necesítase voar moito máis que para facer a guerra. Paz e amor para o universo enteiro. (Óscar N. 2ºB)
·        Neste tempo todos pedimos paz, amor e que todos os nenos teñan fogar e unha familia unida para xuntos celebrar estas festas de Nadal. (Eva 2º B)
·        Cando os elefantes loitan, a herba é a que sufren. (Miguel Rosas 2º B)
·        Desexo que todos os nenos do mundo teñan agasallos no Nadal e que os inmigrantes aprendan o idioma do país ao que viaxaron. (Paola 2º B)
·        Unamos as nosas mans para crear un universo de solidariedade este Nadal. (María Otero 2º B)
·        O Nadal eleva a tristeza dos pobos e trae alegría aos fogares. (Fidel 2º B)
·        Neste mundo collemos todos, so temos que compartir o amor e a amizade e acenderemos a estrela do Nadal. (Carmen Miranda 2º B)
·        Tamén no Nadal, se tolerante co emigrante. (Emma 2º B)
·        Aquí e acolá Feliz Festas de Nadal. (Leire 2ºB)
·        Polo Nadal temos ansias de unión, pero difícil é, xa que o mundo toleou.
 (Brais G. 2º B)
·        Cando veña Papá Noel que abran as portas as familias dos outros países para que o pasen estupendamente. (Xoel Juncal 2ºB)
·        Nesta época do Nadal, a nova realidade debería ser igual. Non máis guerra, si máis paz, é o meu desexo para o Nadal. (Antía 2º B)
·        Tende unha man solidaria e atoparás sorrisos con bágoas (iria 2º B)
·        O Nadal cabalga polos planetas e pola galaxia.  (Alejandro Gómez Gómez)
·        Dende a distancia estaremos todos xuntos celebrando estas festas. Por iso mándoche unha caixiña ches de sosego, de ledicia e de agarimo. Feliz Nadal e Próspero Ano Novo. (Manuel 3º A)
·        O Nadal é para axudar aos demais. (Nicolás 3ºA)
·        Por que uns nenos non paran de chorar o día de Nadal, mentres outros non paran de abrir agasallos? (Daria Medea Lascu 3º A)
·        O Nadal xa está preto, o turrón e os agasallos son o mellor tamén. VAI VIR PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS! (Soraya 3º A)
·        Este ano as nenas e os nenos pediron o universo, as estrelas e os planetas.
(Jimena 3º A)
·        Neste Nadal regala unha estrela de amor e recibirás un universo de felicidade. (Xavier Nores 3º A)
·        O Nadal non é un momento nin unha estación, senón un estado no que a xente valora a paz e a xenerosidade no universo e nas distintas culturas.
( Diego G. 3º A)
·        Queremos un planeta cheo de paz, ledicia, amor e respecto e non queremos odios nin rancores, nin conflitos, ( María 3º A)
·        No Nadal é época de festa e xuntámonos con familiares e amigos e no resto do planeta tamén. (Juan Cruz 3º A)
·        Dende o espazo sideral queremos felicitar o Nadal e a todo o mundo desexar paz e prosperidade. (Sara López 3º A)
·        Que este Nadal todas as estrelas do ceo brillen con máis intensidade porque nelas está a paz. (Eloy 3º A)
·        Nadal en familia é o mellor regalo. (Sara Gil 3º A)
·        A estrela do Nadal é un cometa cheo de frío, xeo e polvo de ilusión que xira e xira ao noso redor ata chegar ao noso corazón. (Aitana 3º A)
·        En nadal cando a lúa é pequena, a xente colle un anaquiño para unha nena.
 (Irene 3º A)
·        Dende o espazo viu un cometa a visitar a un neno nun pallar. Esta estrela interestelar os reis veu guiar para o neno agasallar. Dende entón os reis veñen visitar a todos os nenos do lugar grazas ao cometa do Nadal. (Julio Díaz 3º A)
·        Por calquera camiño brillarán sempre as estrela. So hai que mirar para elas. (Sara Curra 3º A)
·        Quero a Marte na miña habitación para ter moita calor. (Jaime 3º A)
·        Por un universo onde o sol quente a todos por igual. Bo Nadal! (Andrea 3ºB)

·        Lorenzo e Catalina para este Nadal 2016 desexamos un mundo mellor, mandade unha chuvia de felicidade que chegue a todos os fogares. (Brais 4ºA)
·        Neste Nadal nos inmigrantes debemos pensar e con oso cariño ata Neptuno poderán chegar.(María 4º A)
·        Unha aperta mundial dende a terra ao espazo nestas datas de Nadal. Cun sorriso imos axudar aos refuxiados neste tempo de amor e paz. (Laura Boubeta 4º A)
·        Que ningún ceo se apague porque as súas estrelas tiveran que marchar cara a un mundo mellor. (Laura Brocos 4º A)
·        Dende un foguete a Marte mil extraterrestres felices desexándoche un feliz Nadal. (Aroa 4º A) 
·        Esperamos que a xente pobre enferma ou discapacitada este Nadal sexan axudados. (Ari 4º A)
·        Eu desexo que se acaben esas traxedias que percorren ao noso arredor.
(Álvaro 4º A)
·        Pola inxustiza das guerras a xente a xente abandona os seus fogares e o seu país. Por unha vida mellor para os refuxiados. (Martiño 4ºA)
·        Nadal, Nadal, é doce e marabilloso, Nadal, Nadal, tan alegre e marabilloso.
·        Non andes detrás de min, non podo guiarte. Camiña ao meu lado e vivamos a maxia do Nadal. (Helena 4º B)
·        Neste Nadal enchamos o noso planeta do mellor agasallo: CORAZÓNS SOLIDARIOS! (Isaac 4º B)

·        O importante do Nadal non son os agasallos e cando estás coa familia.
 (Miguel 5º A)
·        O Nadal é o día máis feliz do mundo porque nos dan regalos pero para os pobres non é o mellor día do mundo. (Pablo piñeiro 5º A)
·        Para todos Nadal de igualdade. Con todos Nadal universal. Paz na Terra sempre Nadal. (Paula 5º A)
·        Querido Nadal: con moita ansia estámoste agardando ao  igual que os nosos amigos emigrantes que están lonxe do fogar. Acende a estrela polar e que a poidan atopar. (Hugo 5º A)
·        Paz no mundo nestas datas tan sinaladas como é o Nadal. (Nuria 5º A)
·        Que nestas festas, a maxia sexa o teu mellor traxe, o teu sorriso o mellor agasallo, os teus ollos o mellor destino e atúa felicidade o mellor desexo.
(Germán 5º A)
·        No CEIP  “A Pedra” imos ter un Nadal espacial! (Carla 5º A)
·        Este Nadal vai ser tempo especial. (Andrea 5ºA)
·        O sol danos a súa luz, calor e vida a todos por igual. Sexamos todos solidarios e compartamos vida. (Rocío 5º B)
·        O sol, estrelas, planetas, continentes, nenos, nenas, homes,e mulleres, refuxiados e inmigrantes, o pobo camiñando xuntos, tenrura comprensión, paz e amor. Desexo para todos unhas felices festas e un bo Nadal. (Isay 5º B) forma de árbore.
·        Que a maxia sexa o teu mellor traxe e o teu corazón o universo que aínda queda por descubrir. ( Javier Santos 5º B)
·        Este Nadal cando pidas algo todo o universo conspirará e se cumprirán o teu desexo. (Mario 5º B) 
·        Este Nadal xuntos por un universo solidario. (María 5º B)
·        Que o espírito do Nadal axude aos nenos e as súas familias a vivir en liberdade en calquera parte do universo. (Mateo 5º B)
·        O mellor Nadal é a familia. (Alonso 5º B)
·        Desexo que a estrela polar nos dea a luz necesaria para que o Nadal sexa a mellor medicina  para a solidariedade, a paz e a amizade. (Yago 5º B)
·        No espazo somos navegantes sen rumbo, en cambio no Nadal que celebramos na Terra márcannos un rumbo fixo. ( Carla 5º B)
·        Non soñes coas estrelas, vive, goza sempre a Galicia con ledicia. (Mabel 5ºB)
·        Hai que facer un oco no planeta para ter esperanzas e non ter pobreza. Que os que emigren teñan o seu propio lugar e sen danos. (Tania 6º A)
·        Dálles un teito ben feito, unha comida de proveito e unha familia reunida. Dálles roupa quentiña, un médico na enfermería, e un Nadal de alegría. (Nerea 6ºA)
·        O que máis desexo para o ano que entra, é que o sol volva brillar entre as nubes, para tanta xente que pensa que o perdeu, `por moi longa que pareza a tormenta. (Inés B. 5ºA)
·        Chega o Nadal, día de festas e agasallos, deixamos as bombas e vivimos felices no Nadal (Xavi S.M.)
·        Que ninguén deixe de soñar! Pensemos e soñemos cun mellor mañá, cheo de infancia, amor e esperanza.
·        No Nadal tes regalos sen parar.
·        No Nada todos temos que estar en familia.( Paula)
·        Que as estrelas do ceo iluminen no teu Nadal. 
·        Pensar no Nadal é pensar na familia chea de alegría e felicidade.  
·        Nadal coa familia hai que estar, se non estás coa familia o Nadal non se poderá gozar. 




8/11/15

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



Como xa se fixera en anos anteriores, as distintas aulas do noso cole, conmemoran o día da ciencia en galego realizando actividades relacionadas con esta materia. 
O alumnado de 4º foi o primeiro en comezar. 
Premede na imaxe para ver a súa bonita experiencia.




A seguinte quenda foi para o alumnado de 2º de Educación Primaria. 
Se queredes saber en que consistíu a súa experiencia, premede na imaxe.
http://primeirociclonapedra.blogspot.com.es/

30/10/15

UN SAMAÍN DE CONXUROS CÓSMICOS

Xa é oficial!
 Este ano o proxecto do Bibliocastelo xirará en torno ao espazo.

E... como o Samaín é tempo de conxuros , os deste ano tiñan que encherse de verbas como  galaxia, planetas, estrelas, soles , lúas. Satélites, cometas, foguetes, buratos negros...   a lista é interminable. Convertéronse logo en conxuros cósmicos.  O gran mural da entrada serviu como lugar para que todas as aulas os colocásemos . Este foi o resultado:



1ºA
Un anaco de Venus,
unhas bágoas de Plutón,
uns berros de Xúpiter
é de Saturno os seus risos ben chillóns.




  1ºB
Meigas de Marte,
Meigas de Plutón,
mándovos raios de sol
para que cantedes
a nosa canción
                                             a todo pulmón.                                           .


2ºA
Foguete, vía láctea, Venus,
Terra, Ceres, Aurora boreal,
Plutón, Mercurio, Marte,
Urano, Lúa, Saturno e Sol
converte aos nenos e nenas da Pedra
en meigas, meigos e vampiros espaciais

2ºB
Man de extraterrestre,
pólvora de cometa,
rocha luar,
anacos de planetas,
un burato negro,
pelo de marciano,
unha presada de Lúa,
tres raios do sol,
aceiro de nave espacial.
Con este conxuro de Urano

converteraste en humano.
  


3ºA
Estrelas fedorentas,
terroríficos cometas,
que todos os planetas
se convertan en bolboretas.








3ºB
Landras e centeas,
ratas, ogros e cabuxas,
Chispirín, chispirán,
as doce bruxas virán

polo espazo sideral


 4ºA
Sangue de morcego do espazo sideral
cranio de lobo extraterrestre
espíritos de marcianos macabros
esqueletos de zombis intergalácticos
mesturados todos nos negros buratos
que as nenas e os nenos deste colexio

se convertan en repugnantes ratos.

4ºB
Aneis de Saturno,
cráteres da Lúa,
cola de Halley,
tormentas de po de  Marte,
xigantescas nubes de Venus,
gran mancha vermella de Xúpiter,
CONVERTEDE A MIÑA BICICLETA
NUN ASTEROIDE QUE ME PERMITA
VIAXAR POLO UNIVERSO INFINITO

E COÑECER TODAS
5ºA
Peido podre de mofeta con diarrea
para botar as bruxas fóra do noso planeta.
Anca de sapo,moco de crocodilo,
subo ao espazo con moito sixilo,
porque o conxuro cósmico do Samaín
Vai surtir efectos máxicos sen fin!

5ºB
Bruxas, curuxas, demos e ratos,
eu vos condeno a vagar polo espazo
ata Saturno entre aneis flotando,
castigados sen Samaín por serdes malos.
6ºA
Planetas, estrelas, lúa, sol,
con isto iniciamos un conxuro de terror.
Ollo de extraterrestre,
mexo de can cósmico,
crista de galo estelar,
excremento de pato mareado.
moco de ra neptuniana.
Planetas, estrelas, lúa, sol,
así remata a nosa poción.
Le este conxuro para o samaín máis escuro

 6ºB
Anacos de asteroide
uns raios de sol
un anel de Saturno
e un cometa veloz.
Aprender sen estudar
e non ter que madrugar.
Que se cumpra este conxuro,
portareime ben seguro
E como cada ano, a entrada do noso cole volveu estar ocupada por terroríficas cabazas de Samaín, transformadas nos diferentes astros do cosmos.
 IMPRESIONANTES!!!!!
Moitas grazas a todas as mamás e papás, e aos avós e avoas que sabemos, de certo, que participaron tamén activamente na elaboración. Deron traballiño, o sabemos, pero os momentos vividos en familia e o resultado final... valeron a pena.
A que si?