30/11/20

DÍGOCHO EU

 DICÍMOSCHO Nós

Este ano temos un proxecto ben chulo, estamos aprendendo a dicir moitísimas palabras na nosa lingua. Comezamos cos nenos e nenas de primeiro que fixeron este traballo tan chulo no que ademais empregan a lingua de signos. 

1º de primaria







4 anos B

25/11/20

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Estas son algunhas das propostas que estamos a traballar desde a escola polo mes da ciencia en galego;




CORRELINGUA

 CORRELINGUA


A pesares de non poder facelo fisicamente, participamos no acto final do Correlingua, mirade como desfrutamos do concerto:









24/11/20

Recuperando tradicións.

 Na aula dos Laretas estiveron traballando nun proxecto ben chulo, preguntaron polas tradicións do día de Defuntos e descubriron que había a tradición de facer un colar con castañas cocidas, preguntaron aos seus avós e avoas e agora sabemos que se lles chamaba, segundo a zona, colar de zonchos, de defuntos ou Rosario de Santos, que só os levaban postos os nenos e nenas e que protexían nese día tan especial.

ROSARIO DE SANTOS

17/11/20

MAGOSTO

MAGOSTO


Aínda que este ano non puido ser igual que en cursos anteriores, non iamos deixar o magosto sen celebrar, por aulas ou niveis fixemos manualidades, recuperamos algunha tradición coma co "Rosario de Santos", fixemos manualidades, cantamos, bailamos, tivemos maxia... e, como non, comemos as castañas!

10/11/20

Novembro, mes da ciencia en galego.


 MES DA CIENCIA

    Ao noso redor hai ciencia por todas partes, e científicos e científicas que traballan arreo. Aquí tedes a algúns deles e delas falándonos do seu traballo e... en galego, por que non?