30/4/20

NA CASIÑA

Ola a todos e a todas! Hoxe presentamos unha canción con moito agarimo para todos vós.
Trátase da canción  “Todo o día na casiña” que, dende a sección de Atención a diversidade adaptaron en LSE e con pictogramas para que toda a cativada poida aproveitala.
Queremos agradecer de forma especial este gran traballo, arduo e moi coordinado da sección, a Tareixa, Bea, Beni, Alba, Milhina, Ana, Eva e Charo pola súa involucración para que o proxecto saíse adiante. Por suposto tamén queremos agradecer  aos autores da canción que nos permitisen a súa adaptación.
Tamén vos deixamos unha guía para elaborar un paxaro con materias reciclados descargable
E como comentamos esta entrada está chea de cousiñas, aquí podedes descargar moitas actividades do conto.

Agradecémoslles ao autor da composición, Magín Blanco, á ilustradora, Luz Beloso, ás intérpretes, Paty-Uxía-Rosa-Carmen-Mari-Paula e  María, á gravación, Cristia Leggiero, á guitarra,  Jose, e á Secretaría Xeal de Política Lingüística como promotora do vídeo, a cesión dos dereitos para presentarmos esta obra en Aulas Galegas.

23/4/20

DÍA DO LIBRO

As persoas responsables de 31 bibliotecas públicas municipais, pertencentes á Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, son as protagonistas deste vídeo co que conmemoran o Día Internacional do Libro, nun momento no que están a traballar dun xeito diferente.
Aínda que non estean abertas ao público os e as responsables das bibliotecas municipais seguen a traballar de xeito colaborativo para fomentar a lectura entre a cidadanía de todas as idades. 
Por iso, se intercambian libros dende as súas casas neste vídeo a ritmo da música de grupos da terra como Migallas e Gaudi Galego. Dende que se decretou o estado de alarma pola pandemia do #COVID19, as bibliotecas municipais puxeron en marcha a iniciativa #HoraDoConto, coa que cada día, ás 17.00 horas de luns a venres e dende as redes sociais de cada concello, recomendan a lectura dun conto. Cada día, unha das bibliotecas é a responsable de realizar dita recomendación, en diferentes formatos, xéneros e idiomas. 

FELICITACIÓN DÍA DO LIBRO

Comprácenos felicitarvos neste día especial, con esta fermosa imaxe, deseñada, por Marc Taeger.

GRAZAS MARC!

6/4/20

GARAVANCIÑO: OLALLA E MARC TAEGER

En entradas anteriores publicamos o enlace ao que podemos entrar para desfrutar dunha gran variedade de contos de Kalandraka, contados por contacontos escepcionais.
Pero Garavanciño. merece unha entrada para el so pois está contado maxistralmente por Olalla González e á vez ilustrado por Marc Taeger, mamá e papá de dúas nenas do noso cole. Clicade na imaxe e podedes gozalo en familia.

3/4/20

SON DE BUEU

Cada día ás 8 da tarde, os bueuses e as bueusas, saímos aos balcóns e as ventás para aplaudir pero tamén saímos a cantar. 
É  emocionante oír a todo o vecindario entoar como se fose unha voz soa, o que xa chamamos o noso himno: SON DE BUEU. Por se aínda non a sabedes, podedes escoitala no seguinte vídeo e aproveitar para ver fermosas imaxes desta fermosa vila, que é a nosa.



SON DE BUEU ( Comparsa Vou nun Bou)
Para fermosa esta vila
non che hai outra coma ela
que velas as súas parroquias
Bueu, Beluso e máis Cela.
Bueu, Beluso e máis Cela
danlle cariños ó mar
para fermosa esta vila
dende Bon a Lapaman.
Por coñecer a súa xente
o nacer valeu a pena
o nacer valeu a pena
o nacer valeu a pena
Andar polas súas rúas
percorrer os seus camiños
alegran a miña alma
o Bispo cos seus muíños.
O Bispo cos seus muíños
o monte do Liboreiro
andar polas súas rúas
e o millo corvo de Meiro
E anque teña que marchar
eu voltarei a esta terra
eu voltarei a esta terra
eu voltarei a esta terra
O branco das súas praias
o verde das arboledas
realzan o azul do mar
as dornas coas súas velas
As dornas coas súas velas
riqueza da nosa ría
o branco das súas praias
e o sol por riba da Illa
Ponme aquí un Tinta Femia
aquí estarei, ¡Viva Bueu!
aquí estarei, ¡Viva Bueu!
aquí estarei, ¡Viva Bueu!"



CONTACONTOS KALANDRAKA


Quen quere que lle conte a historia de...
o coelliño branco-xose ballesteros-9788484645481A QUE SABE A LUA? | MICHAEL GREJNIEC | Comprar libro 9788484646259Cuento "La cebra Camila" de Kalandraka - YouTube

E moitos máis?
Se clicades na imaxe poderedes acceder a páxina de Kalandraka TV, e desfrutar de todos estes contos.
KALANDRAKA TV - YouTube
FELIZ CORENTENA RAPAZADA!

AEROPORTO ROSALÍA DE CASTRO

As  galegas e os galegos  estamos de noraboa. O aeroporto compostelá será rebautizado co nome da nosa escritora máis ilustre.

O aeroporto de Santiago toma o nome de Rosalía de Castro.



Rosalía de Castro y Luisa Carnés, dos literatas rebeldes que ...