Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

25/6/17

TEATRO: A GALIÑA AZUL




O alumnado de terceiro representou durante a última semana do curso unha adapatación teatral, de Carme Álvarez  Gómez, de A GALIÑA AZUL.
Foi unha bonita experiencia, pois fixeron a estra no Centro de Día da vila "Pescadoira". Os avós e avoas, que alí estaban, gozaron moito coa obra.
O
O alumnado repetiu a experiencia, xa na sala de usos múltiples do cole, para compañeiros e compañeiras e para os pais, nais, avós e avoas.
Deste xeito fíxoselle unha última homenaxe a Carlos Casares no CEIP P. A Pedra.

22/3/15

27 DE MARZO ,DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O vindeiro venres 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro, que se creou en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Un dos actos máis representativos  é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade  de recoñecido prestixio no mundo do teatro; este ano corre a cargo do director polaco Krzysztof Warlikowski .
 Preme na imaxe para ler a mensaxe.


Como este ano estamos traballando a Arte non podemos esquecernos do Teatro como unha rama das artes escénicas. Un xeito de actuación, que representa historias combinando o discurso, os xestos, a escenografía ,a música, o son e o espectáculo.

Se queredes averiguar máis cousas sobre o teatro para poñelas en práctica podedes mergullarvos nas actividades interactivas que aparecen nesta páxina.







27/6/14

O LADRÓN DE PALABRAS

Como colofón a este remate de curso, o venres 20 de xuño puidemos gozar dunha pequena representación de teatro a cargo dos nenos de "Atención Educativa" de 2º de Primaria. A obra é unha adaptación de El ladrón de palabras de Antonio de la Fuente Arjona, está traducida ao galego e adaptada aos nenos e ao entorno.
Esta actividade entra dentro do proxecto Que suba o pano!, coma un xeito de achegar o teatro á escola e aproveitalo coma un recurso para favorecer a expresión oral e corporal. Ademais estreamos o noso PANO na sala de usos múltiples e de seguro que esta é a primeira de moitas , que nos imos animar a facer.

Esperamos que vos guste!

30/3/14

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Co gallo da celebración  do Día do Libro Infantil e Xuvenil os vindeiros 2 e 4 de abril haberá unha lectura dramatizada de O OGROCHO  de Suzane Lebeau. Terá lugar nas Bibliotecas de Cangas, e Quintela (Moaña) respectivamente.
Máis información no blog QUE SUBA O PANO!

31/5/13

MENOS LOBOS

MENOS LOBOS , éste é o título dunha pequena  obra teatral  de Sabela Ramos , que nos serviu como punto de partida para introducirnos un pouco no mundo dos monicreques .
Dentro do proxecto Que suba o pano! tres nenos de 6º, déronlle vida  ás dúas primeiras escenas da obra, convertíndose así  en Maruxiña , Nicolasiño, Tareixa e o Lobo, que como moi ben di, non é tan malo como se pensa.

Aquí tedes o resultado.
       
                          

7/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística  achéganos unha ligazón con máis recursos para traballar nas aulas ,e dar a coñecer ao dramaturgo homenaxeado este ano 2013 no Día das Letras Galegas; Roberto Vidal Bolaño. Entre os materiais que aparecen está tamén o blog "QUE SUBA O PANO", feito polo EDL de A Pedra , e que forma parte da exposición itinerante de libros de teatro que está percorrendo diferentes centros do Morrazo.
Premede aquí e veredes que hai cousas interesantes.

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

14/4/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano 2013 , o homenaxeado no Día das Letras Galegas é o  actor, autor  e director teatral Roberto Vidal Bolaño. Unha figura inesquecible e imprescindible no teatro galego contemporáneo.
Se queredes coñecelo un pouco animádevos a navegar polas páxinas deste LIM.


28/3/13

MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

Como xa sabedes o 27 de marzo celebrouse o Dia Internacional do Teatro. Este ano o encargado de facer o manifesto foi o Premio Nobel de Literatura, Darío Fo.
Se premedes na seguinte ligazón poderedes ler dito manifesto.

                                                                        
Manifiesto del Día Internacional del Teatro 2013, por Darío Fo




http://www.redescena.net/actualidad/ficha.php?id=5022

21/3/13

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O vindeiro mércores 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro.O ano pasado cumpríronse cincuenta anos dende que o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO  (ITI) instaurou esta data ,un dos actos máis representativos é a  difusión dunha mensaxe escrita por unha personalidade de prestixio do mundo teatral.Para esa ocasión especial o elixido foi o actor John Malkovich.Este ano está aínda por derterminar.
No colexio da Pedra quixemos poñer o noso granciño de area para conmemorar esta data, así os nenos de 1º foron actores e actrices  que souberon expresar moitas emocións e sentimentos mentras pousaban para unha foto.
O resultado podedes velo no mural da entrada, son uns auténticos artistas!




 
 
 

 

21/11/12

AXÓUXERES

Botade unha ollada na seguinte ligazón e animádevos a participar nos Encontros Teatrais dos Axóuxeres. Espectáculos en directo para bebés e familias que levan percorrendo diferentes cidades galegas durante o outono.Tamén podedes seguilos na rede ou na TVG.


preme na imaxe

NUNCABUNGA


O Elefante Elegante presenta o seu novo espectáculo infantil

Teatro Municipal de Vigo - domingo 25 de Novembro, 18h

Auditorio de Pontevedra - domingo 2 de Decembro, 12h


Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público familiar e infantil a partir dos tres anos. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

 
                                   http://www.youtube.com/watch?v=jXKMRsELuHQ

14/11/12

QUE SUBA O TELÓN!

Que suba o telón! éste é o título dunha exposición itinerante de libros de teatro que estará na Biblioteca do cole ata o Nadal. Dita exposición foi elaborada polo EDL de A Pedra xunto cos equipos de Biblioteca e TIC e forma parte dun proxecto de traballo no centro.
Está composta por libros de textos teatrais tanto en galego como en castelán, outros de carácter didáctico e tamén cadernos e revistas. Case todos pertencen ao Fondo Teatral María Casares, que se consolidou grazas á Revista Galega de Teatro e ao seu director Antón Lamapereira. Actualmente está ubicado na Biblioteca Pública de Cangas



Os obxectivos fundamentais da exposición son , por un lado dar a coñecer os materiais do Fondo a toda a comunidade educativa e por outro impulsar a práctica teatral  na escola como recurso interdisciplinar, para fomentar aspectos como a expresión oral e corporal, a socialización, a creatividade , o compromiso e o traballo de grupo entre outros.
A partir de xaneiro a exposición trasladarase a outros colexios que estean interesados en coñecela e aproveitala a través dunha serie de actividades propostas.