25/6/18

FESTIVAIS DE FIN DE CURSO

O noso colexio ten demasiado alumnado para poder facer un só festival. Xa nos vos contamos nada, se por riba  queremos invitar as familias a ver o espectáculo. Non hai habitáculo en Bueu onde caiba tanta xente.
 Dende hai anos tomouse a decisión de facelos por separado.

Este ano os primeiros en empezar foron os maiores de sexto, o venres 15 de maio, no Centro Social do Mar.
Utilizando o fío condutor do proxecto de alimentación, o alumnado fixo varias coreografías, contaron chistes e ata realizaron un concurso de PASAPALABRA. Rosalía de Castro tamén tivo o seu momento. Foi un acto moi emotivo, porque as profes os agasallaron cun emotivo vídeo do seu paso polo colexio, dende infantil ata sexto de primaria.
Aproveitaron a ocasión para facer a graduación.







Os seguintes foron os nenos e nenas de segundo de primaria, o mércores, 20 de maio, tamén no auditorio do Centro social do Mar. Estos pequenos artistas representaron de xeito maxistral a obra de teatro
 "O RESTAURANTE  FARRUCO" de Chus Pereiro.
Non lle abondou con isto, que para rematar, fixeron unha orixinal representación, dun poema de Rosalía.
Finalizaron o acto cun vídeo das fotos da excursión que, este ano, fixeron ao Grove.
No seguinte vídeo poderedes gozar, vendo ambas actuacións:



O último día de cole,  o alumnado de cuarto despediu o curso, invitando ás familias á sala de usos múltiples do centro a ver a representación de MULLERES FAMOSAS MULLERES NOSAS.
 Como xa se informou nestas páxinas, no seu momento, esta actividade levouse a cabo en marzo o Día da Muller Traballadora,  a xeito de declaración institucional. Nesa ocasión, por problemas de aforo, non puideron asistir as familias, polo que se aproveitou o final de curso para que o puideran ver.


O último festival foi o do alumnado de E.Infantil no IES Joham Carballeira. Cantaron e coreografiaron cancións como " A PRINCESA DO COUREL", "O CANCIÑO", "O PEIXE SALMONETE", ou "O TREN"  de Andrés Dobarro.
O acto serviu, tamén, para graduar ao alumnado de 6º de E. Infantiil, que o próximo curso poboará as aulas de primeiro de primaria.




BO VERÁN!

22/6/18

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO

O último día do cole foi o elixido para a entrega dos premios do concurso:
QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO?
Tras asistir a unha exhibición de taekwondo, a directora do centro foi chamando aos premiados, que cheos de ilusión recolleron o seu agasallo.
No seguinte listado aparecen o nome dos afortunados e afortunadas e o agasallo que lle correspondeu.


GAÑADORES E GAÑADORAS  DA PRIMEIRA PREGUNTA







GAÑADORES E GAÑADORAS  DA SEGUNDA PREGUNTA







GAÑADORES E GAÑADORAS  DA TERCEIRA PREGUNTA






GAÑADORES E GAÑADORAS  DA CUARTA PREGUNTA







18/6/18

1º PREMIO " XOGA COAS MANCIÑAS" PARA OS TRASNOS DE "A PEDRA"



Non podemos máis que amosar o noso inmenso orgullo, tras coñecer que o vídeo realizado pola aula  dos TRASNOS  de o noso cole fora premiado no 1º certame de "XOGA COAS MANCIÑAS" .
Trátase dun vídeo. Os pequenos da das aulas de 4º de infantil A, cantan a canción "A PRINCESA DO COUREL"  con linguaxe de signos.
PARABÉNS !



Premendo nas seguintes imaxes poderedes acceder aos blogs de Os Trasnos e ao do Bibliocastelo e obter máis información.


8/6/18

QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO

Como vén sucedendo dende  hai xa moitos anos, o noso colexio volveu oraganizar o concurso QUE SABES DE ... Nesta edición , o  alumnado tiña que responder a preguntas que tiñan que ver coa escritora homenaxeada este ano, MARÍA VICTORIA MORENO.

As preguntas forom as seguintes:



Esta foi a lista de premiados:
1º PREGUNTA
Que autora será homenaxeado o día das letras galegas?

  •         Dylan Valencia Zamora 1ºB
  •       Iván Ríos Martínez 2ºB
  •      Nuria González Covelo 3ºA
  •      Rocío Pereira Martínez 4º A
  •     Miguel Piñeiro Torres  5ºB
  •      Laura Corredoira Brañas  6ºA

2º PREGUNTA
En  que cidade galega traballou e viviu os últimos anos da súa vida?

  •       Raúl  Malvido Piñeiro 1ºA
  •     Pablo Estévez Hernández 2ºA
  •    Marcos Martínez Martínez 3ºB
  •      Leire Fernández Regueira  4ºB
  •      Andrea Rial Santos 5ºB
  •      Iago Álvarez Cabodevila 6ºA
3ª PREGUNTA
Encontra na sopa de  letras do mural o título de dous libros de María Victoria Moreno


  • ·     Aylem Pichel Hernández 1ºB
  • ·     Pablo Santaclara Otero 2ºB
  • ·     Juan Pérez González 3ºB
  • ·     Iván Pastoriza Díaz 4ºB
  • ·     Diego Giráldez González  5ºA
  • ·     Eva Piñeiro Entenza 6ºB
4ª PREGUNTA
DE TODOS OS LIBROS QUE ESCRIBIU, CAL É O SEU PREFERIDO

  •  Daniel Cabanelas Martínez 1ºA
  • Martín Sánchez Paz 2ºA
  • Mateo Blanco Novas 3ºA
  • Pepe Blanco Gómez  4ºA
  • Julio Díaz Montes 5ºA
  • Clara Lomba Pérez 6ºB
Os nosos parabéns a todos os afortunados e afortunadas. 
O último día do cole, o xoves 21 de xuño, procederase a entrega de agasallos.

2/6/18

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Vivimos no Morrazo, comarca das rías Baixas galegas e estando dentro dun proxecto de alimentación, non podía faltar unha actividade na que o protagonista prinipal fose O CONSUMO DE PEIXE..
Os afortunados foron os nenos e nenas de primeiro, segndo e terceiro. Na aula de usos múltiples recibiron a visita de Luís e mariña que lle falaron da importancia do marisco e do peixe na súa dieta.
Fixeron  fincapé no coñecemeto das especies e no respecto hacia elas á hora de consumilas.
Tamén transmitiron a importacia que o sector pesqueiro ten na economía desta zona.