22/3/15

27 DE MARZO ,DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O vindeiro venres 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro, que se creou en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Un dos actos máis representativos  é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade  de recoñecido prestixio no mundo do teatro; este ano corre a cargo do director polaco Krzysztof Warlikowski .
 Preme na imaxe para ler a mensaxe.


Como este ano estamos traballando a Arte non podemos esquecernos do Teatro como unha rama das artes escénicas. Un xeito de actuación, que representa historias combinando o discurso, os xestos, a escenografía ,a música, o son e o espectáculo.

Se queredes averiguar máis cousas sobre o teatro para poñelas en práctica podedes mergullarvos nas actividades interactivas que aparecen nesta páxina.







15/3/15

ROSALÍA EN IMAXES.

Na entrada do cole podemos ver unha pequena exposición das diferentes imaxes de Rosalía de Castro ao longo do tempo, baseada no libro  "ROSALÍA DE CASTRO, IMAXE E REALIDADE"  de Fernando Pereira Bueno.( Xerais) (Pódese atopar na biblioteca)

Os seus rasgos máis característicos aparecen sempre , aínda que interpretados de diferentes maneiras segundo os artístas, dende fotografías antigas ata a versión Pop Art, pasando polos retratos e as caricaturas.




As imaxes dende a súa  xuventude ata agora foron covertindo a esta muller defensora da súa dignidade e da súa lingua nunha icona da cultura galega recoñecida a nivel universal.

12/3/15

8 DE MARZO.DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo desta conmemoración o CIM de Bueu convoca un certame de viñeta e ilustración baixo o lema a "igualdade no traballo" no que todos os anos participan os nenos/as de 3º ciclo.
Esta convocatoria foi especialmente importante para nós porque ademais os de 6º prepararon un manifesto para expoñer na gala de entrega de premios.



O resultado foi estupendo , houbo varios premiados: Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo de 6ºA gañou o primeiro premio e Inés Brión Martínez, de 5º A  e Inés Hermo Sanmartín de 6º B cadansúa mención especial.
No que respecta á declaración Institucional estivo dividida en tres partes:
Comezaron Lara e Xoel contando a historia da avoa deste ,que fora redeira.


Logo os nenos/as de 6º leron o poema "As redes de Inés"de Elvira Riveiro dedicado a todas as mulleres que foron atadeiras .




 E por último proxectaron unha presentación na que cantaban unha canción pola igualdade
composta por eles a partires dunha melodía popular.



Foi moi emocionante e satisfactorio.
O sábado, día sete saímos na portada do Faro de Vigo , cunha fermosa crónica no interior.

Los premiados en el concurso "A igualdade no traballo", durante el acto de ayer. // Gonzalo Núñez

Preme na imaxe para ver a páxina do FARO.

3/3/15

ROSALÍA DAS ONDAS DO MAR

Aquí podedes ver o vídeo que se elaborou para conmemorar o Día de Rosalía ,enmarcado nunha actividade colaborativa titulada Rosalía das ondas do mar.
E un vídeo feito en colaboración con moitos centros do Morrazo, e no que cada centro aporta uns versos para completar o poema entre todos.
 A idea e a montaxe do vídeo é do EDL do colexio de Sequelo, ao que desde aquí queremos felicitar polo resultado.