31/5/17

LUÍS VALLECILLO

O pasado luns, 29 de maio, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe "A Pedra", estabamos convocados no centro social do mar para ver e escoitar a un vello coñecido do cole: Luís Vallecillo.
Primeiro foi a quenda de primaria, o pase chamábase "O Mundo de Carliños", era e supoñer que o tema centrar xiraría en torno a figura de CARLOS CASARES.
A través dun monicreque e da súa guitarra, Vallecillo fíxonos lembrar ao "Can Rin e ao Lobo Crispín" por un lado e por outro á xa famosísima "Galiña Azul".

Foi despois, a quenda do alumnado de infantil.Aquí; Luís presentaba o espectáculo "Cantamos un conto". Acompañado unicamnete pola guitarra, o artísta fixo cantar e bailar aos máis cativos do noso centro.


17/5/17

LETRAS GALEGAS 2017

Na entrada do noso cole está, dende que comezou o mes de maio, unha preciosa GALIÑA AZUL. Todos e cada un dos alumnos de centro, tanto de infantil como de primaria teñen a súa pluma posta nela.
A  galiña está rodeada polo seus famosos ovos de cores. Cada ovo pertence a unha clase e van acompañados por un pequeno texto onde aparece escrito algo sobre CARLOS CASARES ou a súa obra.

  
A víspera do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  foi o elixido para celebralo  no noso cole.
Xuntámonos todos no patio cuberto para, en primeiro lugar escoitar como o alumnado de cuarto, quinto e sexto interpretaban coas frautas e xilófinos O HIMNO GALEGO.

Pasamos, a continuación, á lectura dos textos escritos polas distintas aulas. A GALIÑA AZUL, foi sen dúbida o libro máis comentado, pero tamén se falou sobre LOLO VAI EN BICICLETA, ou, O CAN RIN  E O LOBO CRISPÍN, VENTO FERIDO, ou sobre unha entrevista a CARLOS CASARES na  voz de Galicia.
1ºA
 1ºB
 2ºA
2ºB
 3ºA
  3ºB
 4ºA
4ºB
 5ºA
 5ºB
6º A e 6º B
Aproveitando que este ano cúmprese o primeiro centenario do pasamento de EDUARDO PONDAL, vivimos a continuación, o momento máis emotivo. Foi cando todos e todas xuntos, alumnado e profesorado, erguímonos para cantar O HIMNO GALEGO, acompañados polo insuperable acompañamento do GRUPO DE GAITAS MANXADOIRA de Bueu.
MIL GRAZAS! AO  GRUPO DE GAITAS MANXADOIRA




A maioría do alumnado tiñan preparado só a primeira parte do Himno. foron os maiores de Primaria, quinto e sexto, quenes o cantaron completo.


Cando rematamos, Manxadoira agasallounos cunhas pezas máis que primeiro acompañamos coas palmas, pero que ao final terminamos tosos bailando e pasándoo fenomenal.

FERMOSA  CELEBRACIÓN!


14/5/17

COÑECENDO A CARLOS CASARES E A SÚA OBRA

Aproxímase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
O pasado xoves, Servando Barreiro (O Bardo Abelardo), veu ao noso cole para presentarnos, dunha forma moi divertida, a vida e a obra de CARLOS CASARES. Acompañado do seu a cordeón fíxonos cantar e bailar. Na sala de usos múltiples o esperamos o alumnado de primeiro, segundo terceiro e cuarto.


Ese mesmo día, tras rematar esta sesión, o alumnado de segundo e terceiro dirixímonos ao Centro Social do Mar sa nosa vila para a asistir á representación de "A GALIÑA AZUL", interpretada por Ana Carreira e Manu Polo. Alí atopámonos con outros escolares de outros centros de ensino de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

 Foto de Concello de Bueu.
Foi, dende logo, un día moi especial!

12/5/17

VII CORRELINGUA NO MORRAZO

O pasado martes, 9 de maio, o alumnado do CEIP P. "A Pedra", volvemos deixar os nosos pupitres baleiros, para dirixirnos a Moaña. Iamos todos coas nosas camisetas brancas, decoradas con fermosas palabras en galego,  unhas simpáticas gorras laranxas, agasaio da organizaciónas  e as chapas co lema do corrrelingua.

Alí atopámonos cerca de 3 000 rapaces e rapazas da comarca do Morrazo para celebrar a FESTA DA LINGUA.
Este ano fixémolo baixo o lema:
EN GALEGO SEN CANCELAS!
O alumnado de E. Infantil dirixiuse directamente a praza, para en compañía doutros nenos e nenas da súa mesma idade ensaiar unha coreografías.
Por outra banda, o alumnado de E. Primaria foi ás pistas de atletismo da Xunqueira para sumarse á marcha.

Ao rematar a andaina, todo o alumnado, xa xuntos, gozamos do concerto de Pablo Díaz e a súa banda, que nos presentou o seu último disco: TIC, TAC ,TOC.

Amosámosvos este vídeo para que este fermoso día poida perdurar no recordo.

10/5/17

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE CARLOS CASARES

A Real Academia Galega, a través da súa web, "Priamvera das letras", ofrécenos un magnífico surtido de actividades,  fotocopiables ou en liña, en torno a figura de CARLOS CASARES e da súa obra.
Premendo na seguinte imaxe poderás acceder:
Resultado de imagen de letras galegas 2017

3/5/17

COREOGRAFÍA CORRELINGUA

O alumnado de sexto CEIP  Seara de Moaña, queren compartir con todos nós, a coreografía que eles inventaron, dunha das cancións de Pablo Díaz,:
  "Queremos Galego".
Dende este blog, amimamos a todo o alumnado do noso cole, a que a ensaie, para poder bailala todos xuntos o próximo martes, 9 de maio na alameda de Moaña no Correlingua do Morrazo.