24/2/18

ROSALIANDO NA PEDRA 2018

O 24 de febreiro é un día especial no noso cole!Porque ... Quen non celebra o seu aniversario cunha festa?
Pois iso! A nosa galega máis ilustre, a muller máis coñecida dentro e fóra das nosas fronteiras naceu un día como de hoxe, hai nada máis e nada menos:
  181 ANOS!
As fiestras de "A PEDRA" enchéronse de carteis como este, na que simbolicamente queriamos expresar que abriramos as fiestras para amosala ao mundo enteiro..

Resultado de imagen de ROSALÍA NA FIESTRA
Rosalía conseguiu á proposta do equipo de Biblioteca e Dinamización aunar as voces de todo o alumnado do centro, recitando un mesmo poema, extraído de CANTARES GALLEGOS. 
Este poema que comeza: Has de cantar meniña ...  fálanos dos boliños de pote, das papas de leite ou das sopas de viño, así que perfecto para investigar sobre estos tradicionais manxares galegos, e medrar un pouco máis no noso proxecto:  "UNHA ENCHENTE DE 
Cada clase interpretouno dun xeito diferente, pero, sen lugar a dúbidas, todos e todas o fixeron MAXISTRALMENTE.
Publicamos hoxe algunha das gravacións pero en días posteriores, iranse cogando o de todas as clases.
Empezamos pola tenrura dos máis pequeniños.
4º de E. Infantil " TRASNOS"



5º de E. Infantil "PELOUROS"


6º de E. Infantil " ESTRELAS   VERMELLAS"
                                  


6º de E. Infantil " ESTRELAS  AZUIS"


1º A Primaria



1º B Primaria


 2º A Primaria
 

 2º B Primaria

3º Primaria


  4º  A Primaria



  
 4º B Primaria

Primaria


 Primaria


14/2/18

MENUDO ENTROIDO!


Este foi o díptico que cada familia recibiu nos seu fogares para informarlles que todo estaba preparado para a gran festa do 9 de febreiro nas rúas de Bueu.
Amorodos, cenoiras, tarros de mel, peixiños, camareiros, menús saudables e cociñeiros! Todo listo para ter unha boa enchente de troula e  festa rachada no ENTROIDO 2018 no colexio A PEDRA.
AMORODOS
CENOIRAS

TARROS DE MEL

PEIXIÑOS DE CORES

CAMAREIROS E CAMAREIRAS

 MENÚS SAUDABLES

COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS
 As rúas da nosa vila enchéronse de ledicia, risos, cores, bailes e de cor. A veciñanza saíu para ver estos fantásticos disfraces e para escoitar, xa na carpa da Praza Massó, as cantigas que levaban días preparando.
Primeiro empezaron os nenos e nenas de infantil, que con música da banda sonora de Fruttis cantaron de xeito maxistral esta letriña:


Foi o turno, logo, do alumnado de primeiro e segundo de Primaria, que  interpretaron á perfección a  súa peza: AS CENOIRAS MELOSAS, con música de A Abella Maia.

Tocoulles saír ao escenario, despois, ao alumnado de terceiro e quinto, que estando inmersos no proxecto TEI quixeron interpretar xuntos a cantiga BAIXO O MAR,  con música da canción do mesmo nome  da peli da Sereíña.
Finalmente saíron os rapaces e rapazas de cuarto e sexto de primaria. Con música de Échame la culpa de Luís Fonsi cantaron a súa copla denominada O NOSO DESEXO.
Ao rematar as cantigas e co estómago protestando pola fame, todo o alumnado regresou as súas aulas para dar boa conta dos suculentos manxares en forma de filloas, orellas, flores, chulas, ... que as familias prepararan. E que non podemos esquencer que estamos inmersos nun 
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN!!!!!


















4/2/18

DÍA DA PAZ

Este lema tan significativo preside o mural que agora ocupa a entrada do noso cole para conmemorar o día da paz, e que ademais,  concorda á perfección co proxecto do centro.

Cada clase traballou  decorou nas aulas unha das palabras das pingas que caen das culleres,  para que formaran parte desta preciosa postal. 
O alumnado de infantil alimenta o seu corazón con amizade,sorrisos, aloumiños, agarimos, xenerosidade e valentía:
Trea anos  A

3 anos B

4 anos A

4 anos B

5 anos A

5 anos B
O alumnado de primaria alimentaron os seus corazóns con: tolerancia, solidariedade, comprensión, compromiso, igualdade, empatía, xustiza, entendemento, respecto, cooperación, verdade e diálogo.
1ºA

1ºB

2ºA

2º B

3º A

3º B

4º A

4º B

5º A

5º B

6º A

6º B
O día 30 de xaneiro, día da paz, xuntámonos todos no patio cuberto do cole. Cantamos todos xuntos a canción  "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumasa do seu álbum Xiqui Xoque fiú fiú. Así soaba de ben:



Cantáronse, asemade, cancións en inglés, castelán, inglés e unha en francés, interpretada só polo aumnado de sexto.. Posteriormente ceibáronse  pombas como  símbolo de Paz.
Posteriormente o alumnado de infantil voltou ao seu centro. 
Os nenos e nenas de primaria, tamén volveron para as súas aulas pero alí esperáballe unha sorpresa que nunca ían esquecer. 
En todas as aulas desta etapa había tres mesas tapadas, unha grande, outra mediana e a última pequena. Os rapaces e rapazas tiña que buscar na pizarra en que mesa debía sentar, dependendo do país que nos días previos traballaran.


A sorpresa veu cando se levantaron os papeis e comprobaron que: 
A mesa grande só contiña unha barra de pan e unha botella de auga.
A mesa mediana, ademáis do pan e da auga contiña algún alimento máis.

Porén, a mesa mediana estaba repleta de alimentose refrescos a fartar.

Nos faltaron as bágoas ao decatarse de que ocupaban os lugares do países que investigaran e o que o que  estaban vivindo reflectía a inxustiza do mundo no que vivían.
Sorprendeu como os que ocupaban as cadeiras dos países pobres foron capaces de organizarse para repartirse o pouco que tiñan. 
As reaccións das outras mesas foron diversas, nos países emerxentes había quen se conformaba, quen sentía pena polos pobres ou quen sentía envexa polos ricos.
Foi sorprendente a reacción dos ricos, pois houbo quen se sentiu perfectamente e comeu e bebeu sen medida, pero os que máis dicían que tiñan un nó no estómago e que non eran quen de probar alimento sen compartir cos que non tiñan.
Despois dun longo debate e de reflexionar, a comida foi repartida.
Sen dúbida ningunha:
UNHA XORNADA INESQUECIBLE!