27/2/17

ENTROIDO DE PELÍCULA N'A PEDRA


Este díptico deu o pistoletazo de saída a un ENTROIDO DE PELÍCULA no noso cole. Anunciábase a toda a comunidade escolar cando e como e onde ía ter lugar a gran festa.


Despois de semanas preparando os disfraces, por fin chegou o día!
A mañá do venres 24 de febreiro amenceu fría pero soleada!
 Este ano tocaba  CINE! Chegamos ao cole e... a prepararnos para o pasarrúas!
Primeiro os 101 DÁLMATAS! Acompañados de temibles Cruelas!

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Despois foi a quenda dos coloridos NEMOS sempre vixiados polas doces Dorys!

Foto de Bibliocastelo A Pedra.
Desfilaron a continuación os MINIONS 
Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.
A continuación os HARRYS POTTER titorados por DUMBLEDORES e MINERVAS




Foto de Bibliocastelo A Pedra.
Por fin chegaron OS PIRATAS DO CARIBE!

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.
Pecharon esta pasarela de cine OS CAZAFANTASMAS!
Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.
Tampouco faltou a nosa mascota PAPIRUS:
Foto de Bibliocastelo A Pedra.
Nin unha gran CARROZA DE CINE! grazas ao ESFORZO desa magnífica ANPA:
Foto de ANPA CEIP A Pedra.

Foto de ANPA CEIP A Pedra.
Asegurar que o pasarrúas nos sería igual sen a colaboración da banda de gaitas MANSADOIRAS, que fixo moito máis alegre a camiñata:
Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Foto de Bibliocastelo A Pedra.

Como en anos anteriores ao chegar á praza do Concello cantamos as nosas cantigas de Entroido. Comezaron Os 101 DÁLMATAS coa música do PIRIMPIMPÍN.
Cantaron logo xuntos os NEMOS de primeiro cos MINIONS  de segundo coa música de Sofía de Álvaro Soler.
Os alumnos e  alumnas de terceiro e os de quinto xuntáronse, esta vez, grazas ao programa TEI. A súa cantiga soou cos acordes da canción "La bicicleta" de Carlos Vives e Shakira.

E os nenos e nenas de  cuarto interpretaron a súa canción co alumnado de sexto. Fixérono coa música de "Bailando" de Enrique Iglesias.
Neste vídeo compartido dende o blog do Bibliocastelo poredes ver diversidade de imaxes desta inesquecible xornada.





22/2/17

ROSALIANDO NA PEDRA

O próximo venres, 24 de febreiro, cúmprense 180 anos do nacemento da nosa galega máis ilustre:
"ROSALÍA DE CASTRO"
O noso colexio, non quixo deixar de homenaxear a esta gran muller, poetisa, recoñecida mundialmente. 
E que mellor maneira, que recitar un dos seus máis fermosos poemas?
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES
Cada aula, dun xeito particular e nun escenario diferente. Todos, este ano, coa careta de Rosalía pola proximidade do Entroido. 
O resultado é este fermoso vídeo. 

A VOLTAS CO MEDIO AMBIENTE




Esta semanas previas ao Entroido están sendo de moita actividade no no noso cole.
O venres pasado, a primeiriña hora do día, o alumnado de 4º e 5º recibiron a visita dunha asociación da nosa vila que loita contra invasión da vespa velutina. Os rapaces e rapazas souberon que a comarca do Morrazo está sendo especialmente prexudicada xa que se atopan niños en infinidade de lugares.
Primeiro ensináronlle como recoñecelas:
Ao final da charla ensináronlle como cazalas. Insistiron no feito de que por culpa desta invasión se  estan exterminando as avespas de aquí, que cumpren un papel moi importante no noso ecosistema. 

Ese mesmo venres, o alumnado de terceiro primeiro e despois o de cuarto, acudiron a unha charla-coloquio sobre a compostaxe.  Fíxoselle un achegamento ao tema do lixo doméstico (tipoloxía, volume, precaucións), a súa xestión e tratamento. Rematou a sesión cunha explicación sobre a compostaxe da fracción orgánica. 
Tratouse, sobre todo de concienciar a estes nenos e nenas, que son o futuro, sobre o problema do lixo, tratando primordialmente dende o punto da redución do consumo, a reutilización do produto e por último da reciclaxe.
Dentro da reciclaxe, englobouxe o tema da compostaxe dos residuos orgánicos para a fabricación de abonos. 



O luns, 20 de febreiro foi a quenda do  alumnado de 5º e 6º e será no mes de marzo cando os de 1º e 2º reciban consellos e información sobre o tratamentos dos residuos pero dende unha perspectiva máis lúdica.

11/2/17

VISITAS DE ILUSTRADORES E ANIMADORES Á LECTURA

O ano 2017, comezou con moita actividade nas bibliotecas de noso colexio.
Comezaron os peques de infantil, o 15 de xaneiro, recibindo a visita de Dani Padrón, ilustrador de " Pasen e Miren" da editorial Bulubú. Este foi o libro que todo o alumnado de infantil pediu polo Nadal e comezaron a gozalo recibindo a visita deste magnífico artista.
Dani estivo encantandor dándolle leccións maxistrais de como se debuxa e firmando despois de maneira moi creativa todos os exemplares dos nenos e nenas.
 Se pinchas na seguinte imaxe poderás informarte dunha maneira máis completa, enlazando co blog dos Trasnos.
Os seguintes afortunados, foron os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de Educación Primaria. O pasado, xoves, 9 de febreiro recibiron a visita de Raquel Queizás, "Queliña". Esta fantástica contacontos, foi un agasallo que a editorial SM fixo a estes rapaces e rapazas por teren elixido "As fadas verdes" de Agustín Fernándz Paz como lectura en galego.
Queliña fíxoos pasar momentos inesquecibles, nos que as gargallada foron xerais, mentres lles contaba primeiro unha lenda china, e despois unha peruana.





 Para obter máis i nformación sobre esta visita podedes pinchar na seguinte imaxe e enlazar co blog da biblioteca.

8/2/17

VÍDEOCLIP "SOMOS TRASNOS"

SABEDES O QUE FIXERON OS TRANIÑOS E AS TRASNIÑAS??????
GRAVARON UN VÍDEOCLIP!
Todos pensabamos que despois da curtametraxe "A Máscara de León", xa nada  ía impresionarnos.
Pois estabamos ben equivicados, outra vez OS TRASNOS de infantil volven darnos unha gran lección de profesionalidade converténdose á vez en Creadores, Músicos, Cantantes, Actores, Directoras, Scrips, cámaras, deseñadores de escea ,...
Clicando na seguinte imaxe  poderemos coñecer con todo detalle como fixeron para que este proxecto chegara ao seu fin e sobre todo poderemos gozar vendo e escoitando o vídeoclip da canción.

1/2/17

CELEBRAMOS A PAZ

O pasado, luns, o alumnado e profesorado , reuniuse no patio cuberto para celebrar:
 "O DÍA DA PAZ"

Nesta emotiva festa, representantes de cada aula leron unhas preciosas  mensaxes para contar quen eran para eles o seus heroes ou as súas heroínas. Tamén se cantaron tres cancións: 
  • En galego "Apertas que voan" de Brinca Bai.
  • En inglés: "Count on me" de Bruno Mars
  • En francés: "On Ecrit Sur Les Murs" interpretada polo alumnado de sexto.
O acto serviu tamén para que o alumnado de quinto recibiran os seus diplomas como titores dos nenos de terceiro, dentro do proxecto TEI ( Titoría entre Iguais) que este ano desenvólvese no noso centro. Esta parte do acto estivo presidido polo Sr Alcalde, a concelleira de Educación e a Coordinadora do Centro de formación de Mestres de Pontevedra.
Se premedes nesta imaxe, poderedes ter unha información máis detallada sobre este día.