8/6/19

PINTANDO CONTOS CON MIRÓ

Así de fermoso luce o muro da parte traseira do Bibliocastelo!
A verdade é que é un auténtico pracer achegarse as ventás da nosa biblioteca e ver o muro do cole tan alegre con eses debuxos tan infantís.
Pero como se acadou? Cal foi  o proceso? 
Prestade atención ...
O 22 de maio, o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria fomos convidados a un contacontos no bibliocastelo. Alí no esperaba Esteban, de Tarabelos teatro. Contounos 
"A viaxe  de Nele", mentres ía debuxando.
Despois pediunos que fixeramos uns puzles con debuxos xeométricos:
Tras colocalos nas ventás, Esteban explicounos como pintaba Miró, e falounos do estilo surrealista. Despois animounos a que debuxásemos o conto de Nele empregando a mesma técnica. E así o fixemos, tirados no chan:
Ao día seguinte descubrimos que os nosos debuxos estaban plasmados no muro exterior á biblioteca. Esteban estivera toda a tarde anterior traballando sen parar.
                          
O mellor de todo estaba por vir. Agora nos tocaba colorealo. 
QUE BEN O PASAMOS!








No seguinte vídeo podedes ver unha galería de imaxes de todo este proceso:




No hay comentarios:

Publicar un comentario