Este fantástico mural preside a entrada do noso centro para honrar a figura de:
ANTONIO FRAGUAS
A espiral central representan a triple escaleira helicoidal DO MUSEO DO POBO GALEGO, tan importante na vida do autor homenaxeado. Completando o mural atópanse infinidade de fotos de Bueu, aportadas polo alumnado do centro que versan sobre construcións, embarcacións, oficios, ferramentas, festas ou xogos tradicionais. Tratouse así de emular a figura de Fraguas que dedicou a súa vida a investigación da xente e da cultura galega.
O día 15 de maio todo o alumnado de primaria xuntouse pouco antes da saída para cantaren todos xuntos HIMNO GALEGO. Abríronse as portas do centro e moitas nais, pais, avós e avoas uníronse á rapazada.
Grazas á batuta de Marta, mestra do noso cole, puidemos entoalo tan ben!
Grazas á batuta de Marta, mestra do noso cole, puidemos entoalo tan ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario