29/4/13

CGENDL -ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Botádelle un ollo a estas dúas páxinas interesantes que envia a CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).Unha  é un monográfico sobre Roberto Vidal Bolaño, con recursos didácticos elaborados polos centros, e outra é unha compilación de xogos populares  que forma parte dun proxecto titulado Enredamos, do CEIP de Campolongo (Pontevedra).

http://coordinadoraendl.org/letras2013
http://enredoscampolongo.blogspot.com.es

28/4/13

VISITA DE XABIER DOCAMPO

Este pasado  xoves 25 de abril, e como parte das actividades para celebrar o día do libro, tivemos a sorte de recibir no noso bibliocastelo a visita de Xavier Docampo. Foron os nenos e nenas de 6º os que despois de ler o seu libro, O misterio das badaladas quedaron prendados da historia e propuxéronlle ao seu autor resolver unha serie de enigmas que lle tiñan preparados. Resultou moi interesante e divertido polo que lle agradecemos moito a súa visita.
Premede nas seguintes ligazóns para ver máis desta actividade.

http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/04/hoxe-foi-un-diaespecial-no-noso.html

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2013/04/xabier-docampo-visita-o-bibliocastelo.html

                           
                           

14/4/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano 2013 , o homenaxeado no Día das Letras Galegas é o  actor, autor  e director teatral Roberto Vidal Bolaño. Unha figura inesquecible e imprescindible no teatro galego contemporáneo.
Se queredes coñecelo un pouco animádevos a navegar polas páxinas deste LIM.


8/4/13

A LETRA MIÚDA

Premede na seguite ligazón para acceder ao  nº 3 da revista "A letra miúda",que abre o trimestre abril-xuño con dous traballos centrados no galego exterior e na análise do Decreto 124/2007, que elevaba a presenza do galego no ensino e que foi derrogado polo goberno da Xunta . Ademais, non deixedes de consultar as "Recomendacións", sección na que a través de artigos, recensións e ligazóns atoparedes referencias orientadas cara a outros focos de interese deste número como son a aprendizaxe da lectoescritura, a análise xurídica do actual Decreto do Plurilingüismo ou a integración do alumnado inmigrante en Europa.
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php

7/4/13

OLLOS DE AULA Nº 6

En abril , unha nova entrega de "Ollos de aula".Neste nº atoparedes artigos sobre  a lectura xa que este é o mes do libro, e tamén a cerca dunha etapa da vida que resulta as veces bastante problemática , a adolescencia.