22/1/17

EXPRESARTE!

Foto de Concello de Bueu.





Esta semana pasada o noso colexio transformouse nun auténtico plató de cine, e os alumnos de quinto e sexto e auténticos actores e actrices.


Foi así porque o noso cole, ao igual que o resto de centros educativos de Concello de Bueu, participou  nun proxecto promovido polo CIM (centro  de Información á muller) na que se fixeron diversas rodaxes, baixo a direccioón de Ramón Torrente García, tendo ao alumnado como protagonistas. Nestas curtametraxes relexiónase sobre a igualdade e a violencia de xénero.
Dobre obxectivo acadado, por un lado participar no proxeccto do CIM e por outro afondar no propio do cole, que este ano, lembrade, trata do CIN
Foi o cumio dun longo proceso, no que alumnos e profesorado traballaron cóbado a cóbado, na elaboración dos guións, moitos ensaios e nervios.
Foto de Concello de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

Estas curtas estrearanse o 8 de marzo, día internacional da muller.


3/1/17

POR UN NADAL DE CINE, COMPARTAMOS HISTORIAS CON FINAL FELIZ


Esta bonita POSTAL COOPERATIVA preside este Nadal, a entrada do noso cole. Todas as aulas deixaron a súa pegada colocando o adorno, que unha gran cámara de cine proxectaba, sobre un fondo amarelo. No centro do mural o lema elixido:
   O  NADAL! 
En INFANTIL, ademais de adornar a clase e cantar panxoliñas faise a postal que posteriormente envían as casas. É bonito vela rematada pero mellor é ver como estes pequenos e pequenas a elaboran:



Podemos afirmar que o momento máis emocionante foi a chegada das SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE! 


En PRIMARIA, o último día de cole dedicámolo a facer os OBRADOIROS DE NADAL. Este ano, Como non? xiraron en torno ao CINE
. Agradacementos a todo o profesorado do centro que preparou estas actividades con gran mimo e tamén a RAMÓN,  conserxe do centro, que se transformou nun fabuloso MAGO,  e a profe ESTHER, xa xubilada,  e que por un día retornou ao cole para coordinar un obradoiro decorativo.
Empecemos botándolle unha ollada ao alumnado de primeiro e segundo:


Agora é o turno de terceiro e cuarto:


E por último os maiores do centro: quinto e sexto:


Por último agradecer ao AMPA, que se preocupasen de que  MELCHOR, GASPAR E BALTASAR, viñeran tamén visitar ao alumnado de primaria. os Reis agasalláronnos cunha bolsa de chuches, e nós moi xentilmente agradecémolo cantando dúas fermosas panxoliñas. Debemos engadir, que cantamos mellor que nunca grazas a que fomos acompañados polas guitarras da profe Marta, da nosa gran amiga Loli, e das alumnas de sexto, Carmen, Nuria e Paula.