31/5/13

MENOS LOBOS

MENOS LOBOS , éste é o título dunha pequena  obra teatral  de Sabela Ramos , que nos serviu como punto de partida para introducirnos un pouco no mundo dos monicreques .
Dentro do proxecto Que suba o pano! tres nenos de 6º, déronlle vida  ás dúas primeiras escenas da obra, convertíndose así  en Maruxiña , Nicolasiño, Tareixa e o Lobo, que como moi ben di, non é tan malo como se pensa.

Aquí tedes o resultado.
       
                          

29/5/13

NÓS TAMÉN CREAMOS

Os grupos de Infantil de 4 anos do cole da Pedra veñen de facer un traballo xenial dentro do certame "Nós tamén creamos".Éste está impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística  xunto con OQO editora e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia.O proxecto consiste en facer unha curtametraxe baseada nun libro de OQO, mediante a técnica de Stop Motion. O libro elixido foi "a árbore tan pouco árbore".
O resultado é un traballo minucioso e feito a conciencia, que de seguro deixará pegada en todos os que participaron na súa elaboración, nenos/as e profes.
Parabéns  a todos/as!




Botádelle unha ollada ao proceso de elaboración. Menudo traballo!


14/5/13

QUE SABES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO?

Como cada ano na semana das Letras Galegas ,no cole da Pedra poñemos en marcha o concurso   "QUE SABES DE...?" que fai referencia ao autor homenaxeado o 17 de maio.Nesta ocasión como sabemos dedícase ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Os rapaces deben contestar a unha serie de preguntas que van aparecendo no mural .Introducen a resposta nunha furna e cada vez que se cambia a pregunta van saíndo tres acertantes da pregunta anterior.Os afortunados terán un pequeno agasallo ao rematar o curso.







Estos son os elixidos como acertantes da 1º pregunta:



 

12/5/13

IV CORRELINGUA DO MORRAZO




O pasado venres 10 de maio celebrouse en Bueu o IV Correlingua do Morrazo, baixo o lema:"GALEGO, A CHAVE DO MUNDO". Tivo unha gran afluencia de nenos/as de numerosos centros da comarca , de Moaña, Cangas, Bueu e Marín.Dende primeira hora da mañá concentrámonos na Praza Massó para facer unha marcha pola lingua ,todos os participantes levabamos unha fermosa palabra en Galego pintada na camiseta ,como símbolo da súa riqueza.

          




Mentras se desenvolvía a marcha, os nenos de Infantil estiveron xogando nos obradoiros , que este ano foron dedicados aos xogos populares .
Para levalos a cabo contamos coa inestimable axuda da asociación "Corredoiras de Bueu" que moi amablemente se prestou a ensinarlle aos nenos como se xoga ao trompo,ao aro,aos birlos, á ra, ao pica parede,´á pita cega, á roda, ao pasemisí, á corda ...Tamén colaboraron os rapaces e rapazas dos IES de Rodeira e do Johan Carballeira  apoiando en cada xogo para que todo saíse ben , así como algúns pais  e profes  da Pedra, a todos eles dámolles as grazas.
 





 




 
                                                                                  

                 

 Tamén pintaron un mural no que estaba escrito o lema , e unhas grandes chaves nas que pegaron imaxes compiladas previamente nos diferentes centros. As imaxes facían referencia aos diferentes ámbitos do mundo: a natureza, a ciencia e tecnoloxía, o arte, os sentimentos, a vida cotiá e a vida no cole. 

                  
                                         
  
                                                     

 Cando rematou a marcha xuntámonos todos na praza, onde nos esperaba o mago Martín Camiña para entreternos un rato mentras merendabamos.Logo o autor e director teatral Celso Parada leu o manifesto en prol da lingua.
Por último todos puidemos  gozar cantando e bailando coa música de Luís Prego e o seu disco "Para cantar e bailar".











Como dicía, foi unha xornada compartida para pasalo ben, tendo a nosa lingua moi presente

Mirade que videos tan chulos! 










Outras ligazóns de interese:








7/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística  achéganos unha ligazón con máis recursos para traballar nas aulas ,e dar a coñecer ao dramaturgo homenaxeado este ano 2013 no Día das Letras Galegas; Roberto Vidal Bolaño. Entre os materiais que aparecen está tamén o blog "QUE SUBA O PANO", feito polo EDL de A Pedra , e que forma parte da exposición itinerante de libros de teatro que está percorrendo diferentes centros do Morrazo.
Premede aquí e veredes que hai cousas interesantes.

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano