Mostrando entradas con la etiqueta Certames. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certames. Mostrar todas las entradas

22/6/18

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO

O último día do cole foi o elixido para a entrega dos premios do concurso:
QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO?
Tras asistir a unha exhibición de taekwondo, a directora do centro foi chamando aos premiados, que cheos de ilusión recolleron o seu agasallo.
No seguinte listado aparecen o nome dos afortunados e afortunadas e o agasallo que lle correspondeu.


GAÑADORES E GAÑADORAS  DA PRIMEIRA PREGUNTA







GAÑADORES E GAÑADORAS  DA SEGUNDA PREGUNTA







GAÑADORES E GAÑADORAS  DA TERCEIRA PREGUNTA






GAÑADORES E GAÑADORAS  DA CUARTA PREGUNTA







18/6/18

1º PREMIO " XOGA COAS MANCIÑAS" PARA OS TRASNOS DE "A PEDRA"



Non podemos máis que amosar o noso inmenso orgullo, tras coñecer que o vídeo realizado pola aula  dos TRASNOS  de o noso cole fora premiado no 1º certame de "XOGA COAS MANCIÑAS" .
Trátase dun vídeo. Os pequenos da das aulas de 4º de infantil A, cantan a canción "A PRINCESA DO COUREL"  con linguaxe de signos.
PARABÉNS !



Premendo nas seguintes imaxes poderedes acceder aos blogs de Os Trasnos e ao do Bibliocastelo e obter máis información.


22/5/14

QUE SABES DE...?

Un ano máis comezamos o noso concurso QUE SABES DE...? co gallo da celebración das Letras Galegas.
O poeta homenaxeado Xosé María Díaz Castro convirtese durante varias semanas no centro da nosa atención. Así os nenos investigan e tratan de averiguar as respostas ás preguntas  sobre a súa vida que pouco a pouco van aparecendo no mural.
Entre os acertantes haberá varios agraciados que recibirán un pequeno agasallo.
 
 


 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

22/12/13

UN NADAL DE POSTAL

Dende o CEIP A Pedra queremos desexarvos un  BO NADAL E UN MOI FELIZ 2014!!!

Esta é unha pequena mostra dos estupendos traballos que fixestes en familia para o certame NADAL DE POSTAL.
Fosron escollidos de entre outros moi fermosos pola súa sinxeleza e pola menxase que transmiten.
PARABÉNS!!!


                                 

16/12/13

UN NADAL DE POSTAL

Este é o título da fermosa exposición de postais de Nadal que dá cor e calor  á entrada do noso cole.
O corredor está  cheo  de bos desexos e deseños orixinais,
 que un ano máis as familias plasmaron nas súas postais.
Moitas grazas a todos/as!











 
 
Aínda que cada ano a escolla resulta máis dificil, podedes ver os elixidos deste ano, tanto pola súa sinxeleza como polas mensaxes que transmiten. PARABÉNS A TODOS ELES !!!





2/12/13

25 DE NOVEMBRO

O pasado 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL  DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Nos diferentes ciclos estiveron lendo varios libros para reflexionar sobre esta problemática que por desgraza está tan presente na actualidade.Algúns títulos foron: "Os bonobos con lentes", "Rosa caramelo","Arthur e Clementina"..., cos que traballaron o dereito á igualdade.
Ademais os nenos de 3º ciclo participaron no concurso de cartaces  convocado polo CIM. Este ano houbo tres alumnas que resultaron premiadas polo seu traballo:
CARLA ALFAYA PORTELA 5ºA   (1ºpremio de primaria)
MARÍA BROCOS JUNCAL   6º A    (mención especial)
ICÍA ESCRIBANO CABALEIRO  6ºB   ( mención especial)
O día 25 acudiron ao Concello a un acto institucional presidido pola corporación municipal  para recoller o seu agasallo .Compartiron así a xornada cos outros participantes gozando dunha representación que levaron a cabo os alumnos do IES Johan Carballeira sobre unha princesa maltrarada.
Estes foron os traballos premiados.





                               
Atoparedes máis información nas seguintes ligazóns:
 
 

29/5/13

NÓS TAMÉN CREAMOS

Os grupos de Infantil de 4 anos do cole da Pedra veñen de facer un traballo xenial dentro do certame "Nós tamén creamos".Éste está impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística  xunto con OQO editora e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia.O proxecto consiste en facer unha curtametraxe baseada nun libro de OQO, mediante a técnica de Stop Motion. O libro elixido foi "a árbore tan pouco árbore".
O resultado é un traballo minucioso e feito a conciencia, que de seguro deixará pegada en todos os que participaron na súa elaboración, nenos/as e profes.
Parabéns  a todos/as!




Botádelle unha ollada ao proceso de elaboración. Menudo traballo!