19/2/21

ENTROIDO

 O entroido do 2021 foi moi diferente, pero non por isto deixamos de celebrar. O mandadiño fixo que nos disfrazásemos todos os días da semana, o xoves foi un día moi importante, pois na nosa teima de recuperar tradicións todo o cole disfrazouse de "mascalleiros" e "mascalleiras", xa sabedes que é a figura típica no entroido bueués, só tes que coller roupa vella, tapar a cara e ir polas casas pedindo doces... pero non foi o único, viñemos con adornos na cabeza, nos pés, en pixama ou co disfrace que máis nos gustase.

O venres toda a escola cantou a canción "Son de Bueu", queremos agradecerlle a comparsa Vou nun bou que nos deixaron cantar o seu himno... e que viva Bueu!

Entroido Trasnos

Entroido Pelouros

Entroido Furabolos

Entroido Laretas

Entroido 1º

3/2/21

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Este ano non puidemos xuntarnos, pero celebramos nas aulas o día da Paz:

1º de primaria

2º de primaria

3º de infantil

BIBLIOCASTELO

DÍA DA CANDELORIA E DA PAZ

 O día da Candeloria casan os paxariños, é o día do amor en Galicia, pareceunos que non debiamos deixar pasar esta data sen celebrar e decidimos facer un mural para conmemoralo xunto co día da Paz escolar. Enchemos o mural de paxariños autóctonos con fermosas palabras de amor que se din na nosa lingua.