26/6/16

ENTREGA DE PREMIOS " QUE SABES DE MANUEL MARÍA?"

O martes 21 de xuño, a primeiriña hora da mañá, procedeuse a entrega de premios de Biblioteca, de Orientación, de Educación Física e, como non, de Dinamización Lingüística polo concurso:
 Que sabes de Manuel María?
As preguntas foron as seguintes:
  • Cando e onde naceu Manuel María
  • Como se chamou o seu primeiro libro de poemas?
  • Escribe tres lugares onde viviu Manuel María.
  • Escribe o título e unha estrofa dun poema de Manuel María.
  • Que é Os Soños na Gaiola?
A participación foi un gran éxito. O reparto de premios foi moi equilbrado, resultando gañadores dous alumnos ou alumnas por aula.
























FIN DE CURSO

O tempo pasa a unha velocidade de auténtica vertixe. Case sen darnos conta chegamos ata este fin de curso e como non podía ser doutra maneira sucedéronse os festivais e os actos de graduación.
Por un lado graduáronse o alumnado que remata infantil. No salón de actos do veciño IES Joham Carballeira tivo lugar o pasado luns, 20 de xuño un emotivo festival no que todo o alumnado de infantil tivo protagonismo pero os auténticos artistas da velada foron os maiores, os de 6º de E: Infantil. Houbo cancións, dramatizacións e ata unha preciosa obra de teatro.
No centro de primaria están esperando coas mans abertas a estes pequenos e pequenas e esperamos que a súa estadía na nova etapa sexa tan feliz como sabemos que o foi o seu paso por infantil.


Ese mesmo luns, pero no centro social do mar despediuse o alumnado de 6º de primaria. Estes rapaces, que iniciaron a súa andaina no noso colexio alá por setembro de 2 007, deixan definitivamente as aulas do CEIP A Pedra. Agasallaron ao público asistente cunha serie de coreográficas moi traballada e perfectamente realizadas sobre os proxectos que este ano se desenvolveron no centro: O Universo, e a obra de Manuel María.
PARABENS CHICOS E CHICAS!







15/6/16

BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

O pasado luns, 13 de xuño, o noso centro recibiu con gran xúbilo a noticia de que foi un dos seis centros elixidos para obtención do selo de Biblioteca Escolar Solidaria.
Este premio é un recoñecemeto escepcioanal a un traballo intenso durante o curso escolar que remata e dos pasados.
Parabéns á profe Lina e atodo un equipo de mestres e mestras, alumnos, alumnas, pais e nais.
Poderedes ter máis información se premedes nesta imaxe

MUSICAL: O BIGOTE DE MIMÍ

O alumnado de E. Infantil, e os de prmeiro e segundo de primaria, asistiron ao musical sobre o libro de literatura infantil, escrito polo homenaxeado Manuel María O Bigote de Mimí no centro social do mar



 O alumnado do noso centro gozou especialmente pois o libro fora  lido e traballado nas aulas de primeiro e segundo. Asemade este alumnado acudira uns días antes, a modo de apadriñamentos lectores, a lerlle o libro aos pequenos e pequenas de E. Infantil.
O espectáculo correu a cargo de Luís de Valdecillo e asúa banda.





4/6/16

INMELLORABLES NOVAS SOBRE "A MÁSCARA DO LEÓN"

Esta foi unha semana intensa para os nosos artistas do 5º ano de Educación infantil.
 O pasado martes celebraban a festa do festival "Olloboi" con alfombra vermella e todo.
Como xa publicamos anteriormente, foron nominados pola magnífica curta realizada por eles e, aínda que  non puideron viaxar o pasado sábado a Boiro ...
Non quedaron sen celebración!
 Preme  aquí para comprobalo.
Pero, non acabou aquí todo. O xoves recibiron outra nova. A curta obtivo unha mención no certame NOS TAMÉN CREAMOS pola banda sonora da peli. Non podía ser doutra maneira. Dende estas páxinas queremos felicitar a este alumnado que tanto traballou e as súas profes que son capaces de sacar todo o mellor destes pequenos e pequenas que xa son para nós son:
OS MÁIS GRANDES!
Premendo na seguinte imaxe poderedes saber máis sobre este acontecemento

Trasnos

CORRELINGUA

Este ano o lugar elixido foi a vila de Cangas!
Foi o luns 30 de maio, e case que non o podiamos crer porque ata última hora a chuviades estivo ameazando con estropear a gran FESTA da LINGUA GALEGA.
Nesta fermoso rincón da ría de Vigo, reunímonos este ano máis de 2 000 escolares da comarca de
 O Morrazo e o espectáculo foi, como sempre impresionante.
O cole de "A Pedra", estivo este ano representado por todo o alumnado de Educación Infantil e polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.
Preme nesta imaxe para poder gozar coas imaxes dos pequechos e pequechas do cole:
Clicando na seguinte imaxe tamén poderedes saber como viviron o correlingua o alumnado de 4º.

ALFOMBRAS FLORAIS EN BUEU

O pasado domingo, 29 de maio, celebrouse como é tradicional na nosa vila a festa das alfombras.
As rúas de Bueu enchéronse de fermosas alfombras artesanais, feitas co flores, sementes, herbas, ...
A comunidade escolar do noso cole tamén confeccionou a súa propia. Como non podía ser doutra maneira, foi Papirus o principal protagonista e este ano ademais o fixo inmerso no espazo para lembrar o proxecto da biblioteca.