28/3/13

MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

Como xa sabedes o 27 de marzo celebrouse o Dia Internacional do Teatro. Este ano o encargado de facer o manifesto foi o Premio Nobel de Literatura, Darío Fo.
Se premedes na seguinte ligazón poderedes ler dito manifesto.

                                                                        
Manifiesto del Día Internacional del Teatro 2013, por Darío Fo




http://www.redescena.net/actualidad/ficha.php?id=5022

21/3/13

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

O vindeiro mércores 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro.O ano pasado cumpríronse cincuenta anos dende que o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO  (ITI) instaurou esta data ,un dos actos máis representativos é a  difusión dunha mensaxe escrita por unha personalidade de prestixio do mundo teatral.Para esa ocasión especial o elixido foi o actor John Malkovich.Este ano está aínda por derterminar.
No colexio da Pedra quixemos poñer o noso granciño de area para conmemorar esta data, así os nenos de 1º foron actores e actrices  que souberon expresar moitas emocións e sentimentos mentras pousaban para unha foto.
O resultado podedes velo no mural da entrada, son uns auténticos artistas!




 
 
 

 

6/3/13

A LETRA MIÚDA


A Letra Miúda  vén de engadir un interesante traballo ao seu nº 2 ,dos profesores da UPV/EHU Félix Etxeberría e Juan Etxeberria, "Competencia lingüística e lingua da escola con alumnado nativo e inmigrante". Convidámosvos a visitar máis devagar esta publicación dixital, os artigos anteriores e a sección de "Recomendacións", onde atoparedes un bo feixe de referencias de aplicación nas aulas, nos centros e o seu contorno.lumnado inmigrante.

 http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/

OLLOS DE AULA Nº 5

Aquí vos deixo o nº 5 de OLLOS DE AULA con artigos como: "Aprobar ou aprender?",  " Como reaccionar ante os suspensos dos fillos"ou" Cinco claves para entender o plurilingüismo"
Seguro que son do voso interese.



5/3/13

RECITANDO A ROSALÍA

Dende o 24 de febreiro no que conmemoramos o aniversario de Rosalía no cole da Pedra estivemos facendo recitado de poemas do seu libro CANTARES GALLEGOS , que cumpre 150 anos dende a súa publicación.
Estes son algúns dos resultados. Mirade!