30/10/13

UNHAS CABAZAS DE CÓMIC

Unha morea de personaxes de cómic invadiron  a entrada  do noso cole, todos con sabor a cabaza!. Comezaron a chegar de todas partes e case non dabamos feito para colocalas no seu lugar. Un lugar privilexiado , para que todos puderamos observalas detidamente , deleitándonos coa súa beleza e complexidade.
 Resulta  moi gratificante comprobar a resposta das familias nesta actividade tan especial.
O listón está moi alto!
Parabéns aos artistas!










O CASTELO DO PESADELO

Este ano polo Samaín, o cole da Pedra convertiuse no Castelo do Pesadelo.




Desde todos os recunchos  de 1º a  6º xurdiron pensamentos terroríficos, personaxes malvados, historias que nos fan tremer de medo. Todas elas quedaron penduradas no Castelo, en forma de pantasmas que se moven pululando polo espazo abandoado.
Achegádevos a lelas se vos atrevedes!


No 3º ciclo saíron historias verdadeiramente terroríficas! Botádelle un ollo.

http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/11/o-castelo-do-pesadelo.html

ANIVERSARIO DE PAPIRUS



O pasado 24 de outubro celebramos un ano máis o día das bibliotecas escolares e con moita ilusión  tamén o aniversario de Papirus. Este ano foi por todo o alto, aínda que el non puido estar con nós. Deixounos unha fermosa carta contándonos as súas aventuras no verán, así soubemos que :

 Preparou un video coa axuda da súa amiga a vieira Cocorola: "O POLBIÑO LECTOR",


 Foi visitar no verán o cole do Carballal en Marín , e  Victor o profe de música agasallouno cunha bonita canción, que todos lle cantamos no seu aniversario.





Falounos do proxecto  ENTRE VIÑETAS  que será o noso eixo de traballo deste ano, arredor do mundo do cómic. Ademais sorprendeunos a todos cunha aventura súa na compaña das tartarugas Tambo e Onza, que o seu amigo Miguel Angel Trasierra  "TRASSIWOLF" convertiu en  TBO





Por último agasallámolo cunhas fermosas tarxetas  e cantamos  "Parabens para ti "diante do marabilloso mural que nos pintou David no Bibliocastelo.





7/10/13

OLLOS DE AULA

Temos xa á nosa disposición o nº 9 da revista  Ollos de aula. Conta coma sempre con temas interesantes e de actualidade relacionados co ensino.