17/2/13

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación. Con tal motivo a AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) promove unha serie de actividades para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis ilustre.Este ano ten especial relevancia a súa obra CANTARES GALLEGOS, pois cúmprense 150 anos da súa publicación.
As actividades previstas  van dende o  achegamento dos  escolares  a través da lectura  e gravacións audiovisuais dos poemas de CANTARES GALLEGOS, ata actos musicais e literarios en diferentes lugares públicos.

Aquí tedes algúns aos que podedes asistir:
                                

Sés e Aid na celebración do Día de Rosalía en Pontevedra

10 de Febreiro de 2013
A Concellaría de Cultura organiza o vindeiro venres 22 de febreiro un acto literario musical para conmemorar a data de nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra no 24 de febreiro e que figura no calendario das letras coma Día de Rosalía. A conmemoración ten un significado especial por coincidir cos 150 anos da publicación do libro de poemas Cantares Gallegos (1863), obra que sentou as bases do Rexurdimento cultural e literario do século XIX.
Con este motivo, a Concellaría de Cultura organiza un festival literario musical que será conducido pola actriz e cineasta Comba Campoy e xuntará, por primeira vez nun escenario, a dúas das grandes revelacións da música galega actual, a rapeira Aid (que publicou no 2012 o disco libro Rapoemas, con versións rapeadas de poemas rosalianos) e Sés, que está a ter unha grande proxección no panorama musical galego despois da publicación do seu primeiro disco.
Na parte literaria destaca a participación de representantes de diferentes xeracións: a pontevedresa Elvira Riveiro, autora de varios libros; a xovencísima Rosalía Fernández Rial, e autores de longa traxectoria como Anxo Angueira ou Marga do Val.




Finalmente, o domingo 24, ás 12:00, no Panteón de Galegos Ilustres, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral.

 

Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única:



Foto da actividade

 
Para máis información premede na ligazón
 
 
 
No colexio da Pedra ímos sumarnos a esta celebración cunha actividade de lectura e recitado dos poemas de Cantares Gallegos promovida polos equipos de Biblioteca e Dinamización que terá lugar o venres 22 de febreiro.
Atoparedes máis información no blog da Biblioteca.
 

11/2/13

BRINCALETRAS

Aquí tedes unhas ligazóns moi chulas , cuns traballos estupendos compartidos por un compañeiro, Xosé Antón Vicente Rodríguez . Animádevos a facer os Brincaletras.

O entroido en Galicia: https://dl.dropbox.com/u/6077771/entroido/index.html

Xogamos coas palabras 1: https://dl.dropbox.com/u/6077771/BRINCALETRAS/galego/index.html

Xogamos coas palabras 2: https://dl.dropbox.com/u/6077771/BRINCALETRAS/galego2/index.html

O día da paz: https://dl.dropbox.com/u/6077771/BRINCALETRAS/diadapaz/index.html

Adestramento mental: https://dl.dropbox.com/u/6077771/BRINCALETRAS/adestramento_mental/index.html

Curiosidades de animais: https://dl.dropbox.com/u/6077771/BRINCALETRAS/animais/index.html

A LETRA MIÚDA

O  nº 2 da revista de sociolingüística  A letra miúda   cubre o periodo trimestral xaneiro-marzo. Nela atoparemos  artigos sobre a planificación lingüística e a dinamización dos contornos dos centros.

                     


             Preme na imaxe

OLLOS DE AULA Nº 4

Aquí tedes o nº  4 da revista Ollos de aula , con novos artigos interesantes.

10/2/13

ENTROIDO DE CONTO

Chegou o Entroido e como cada  ano os preparativos son moi intensos e cheos de ilusión. As familias participan axudando na elaboración dos disfraces e poñen o seu granciño de area para que todo saia estupendamente o día en que saímos facer o pasarrúas por Bueu.





Así foi como o venres o cole da Pedra vestiuse de conto para  encher de cor as rúas do pobo e  agasallar aos veciños coas cantigas que tiñamos preparadas.
 Brancaneves, Pinocho e Peter Pan
bailaron todos collidos da man ,
  os tres porquiños encheron de ledicia ,
 o país marabilloso de Alicia.
 
Logo, xa de volta no cole fixemos unha merenda coas orellas, chulas e filloas que as familias prepararon con tanto agarimo. Foi estupendo!
Grazas a tod@s.