22/1/17

EXPRESARTE!

Foto de Concello de Bueu.





Esta semana pasada o noso colexio transformouse nun auténtico plató de cine, e os alumnos de quinto e sexto e auténticos actores e actrices.


Foi así porque o noso cole, ao igual que o resto de centros educativos de Concello de Bueu, participou  nun proxecto promovido polo CIM (centro  de Información á muller) na que se fixeron diversas rodaxes, baixo a direccioón de Ramón Torrente García, tendo ao alumnado como protagonistas. Nestas curtametraxes relexiónase sobre a igualdade e a violencia de xénero.
Dobre obxectivo acadado, por un lado participar no proxeccto do CIM e por outro afondar no propio do cole, que este ano, lembrade, trata do CIN
Foi o cumio dun longo proceso, no que alumnos e profesorado traballaron cóbado a cóbado, na elaboración dos guións, moitos ensaios e nervios.
Foto de Concello de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

Estas curtas estrearanse o 8 de marzo, día internacional da muller.


No hay comentarios:

Publicar un comentario