1/12/19

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

No noso colexio lévanse a cabo de xeito habitual proxectos de investigación científico nas distintas titorías.
Por ser novembro, o mes da ciencia en galego, queremos deixar constancia neste blog de algún deles.
O alumnado de terceiro estivo investigando sobre os sentidos e acudiron a aula de ciencias onde experimentaron con cada un deles:




O alumnado de cuarto estiveron traballando cun proxecto sobre a auga. Para entender o ciclo da auga urbana viaxaron a Pontevedra para visitar a ETAP (estación de tratamento de auga potable) e o encorp do Pontillón.

Elaboraron presentacións dixitais na aula de informática sobre diferentes ríos. Mirade que chulas lles quedaron.




Leer más publicaciones en Calaméo
Despois fixeron  presentacións orais ante os seus compañeiros e compañeiras.
Este mesmo alumnado foi o encargado de rexistrar o tempo durante este mes de novembro. Cada día acudían á caseta mteorolóxica no que recollían os datos do termómetro de máximas e mínimas, do barómetro, higrómetro e pluviómetro.


Aproveitaron estes datos para facer un climograma. Foron uns auténticos privilexiados ao recoller os datos dun mes historicamente salientable pola cantidade de precipitacións. Todos e cada un dos días do mes recolleron auga no pluviómetro. Destacan tamén que un dos días a amplitude térmica foi de tan só dous graos. 






Este mesmo alumnado rematou o mes da ciencia, comezando un proxecto sobre os sentidos do que deixamos constancia con estas fotos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario