BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
7/4/19
SACHACONTOS
O alumnado de primeiro e quinto do noso colexio tiveron a sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS TEATRO e que leva por título SACHACONTOS. Durante as sesións cada neno e nena fixo un debuxo que se convertiu posteriormente no protagonista dunha historia.
Saíron monstros, robots, animais con moitos ollos ou patas, e así nos creamos o noso propio conto aprendendo a SACHAR CONTOS.
Estamos inmensamente agradecidos a ESTEBAN, en primeiro lugar por facernos vivir un rato tan divertido e en segundo lugar por pensar en nós para facer esta estrea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario