Dentro
da aventura sobre os Dereitos Humanos, os trasnos decidiron crear unha historia
que lles permitira explicar ao seu modo
esas cousas ás que todos e todas temos dereito e que son tan tan importantes: a
familia, o tempo de lecer, a vivenda, o traballo, a igualdade, a educación, a
sanidade.... e foi así como naceu "Papirus e os sete trasniños"
unha adaptación dun conto ben coñecido por todos e todas.
O noso benquerido Papirus e o protagonista desta
historia na que se atopa con sete trasniños que lle contan que é iso dos
dereitos fundamentais.
O conto de Papirus e os sete trasniños gustoulles
tanto nas aulas que, decidiron convertelo nunha película e durante semanas
traballaron arreo para conseguilo. Meteron as imaxes no ordenador e déronlle
movemento pero... non falaban de modo que.. decidiron que o mellor era poñer as
súas voces na película e así foi como se iniciaron na técnica da dobraxe
prestándolle a súa voz aos personaxes da
historia.
QUEREDES VER CAL FAI O RESULTADO DESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE?
TOMADE ASENTO PORQUE IDES ALUCINAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario