Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é o escritor, etnógtrafo, antropólo e historiador Antón Fraguas.
Como cada ano O SEMINARIO GALÁN ofrécenos unha serie de variadas e entretidas actividades para coñecer mellor a vida e obra do autor.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a actividades fotocopiables ou en liña:
24/4/19
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril ,é o día elixido internacionalmente para conmemorar o día do libro.
Este ano coincidiu tamén coa volta das vacacións de Pascua. así que empezamos forte.
Para non perder o fío do noso PDI, a biblioteca propuxo a lectura do libro:
Este ano coincidiu tamén coa volta das vacacións de Pascua. así que empezamos forte.
Para non perder o fío do noso PDI, a biblioteca propuxo a lectura do libro:
" ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS"

Este libro foi elaborado plenamente no obradoiro de creación artística de APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise celebral). A protagonista deste conto, Elisa, que era fermosa aínda que ela non o sabía, padece esta discapacidade. É unha historia que reinvindica o DEREITO A SER DIFERENTE.
Ao alumnado encantoulle a historia e comprenderon a mensaxe á perfección.
Asemade, invitouse ás familias a vir ao noso cole a lerlle ao nenos e nenas e a resposta está sendo moi positiva, habebdo en moitas aulas listas de espera.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
7/4/19
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
O pasado, martes 2 de abril, a comunidade escolar do colexio A Pedra, unímonos á proposta da asociación morracense "ASPAMSIM" elaborando un mural multicolor con cartolinas de cores. Nas clases léronse e víronse vídeos que axudaron ao alumnado a coñecer e comprender un pouco máis O AUTISMO.
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do bibliocastelo e saber un pouco máis sobre esta xornada.
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do bibliocastelo e saber un pouco máis sobre esta xornada.
SACHACONTOS
O alumnado de primeiro e quinto do noso colexio tiveron a sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS TEATRO e que leva por título SACHACONTOS.
Durante as sesións cada neno e nena fixo un debuxo que se convertiu posteriormente no protagonista dunha historia.
Saíron monstros, robots, animais con moitos ollos ou patas, e así nos creamos o noso propio conto aprendendo a SACHAR CONTOS.
Estamos inmensamente agradecidos a ESTEBAN, en primeiro lugar por facernos vivir un rato tan divertido e en segundo lugar por pensar en nós para facer esta estrea.
Durante as sesións cada neno e nena fixo un debuxo que se convertiu posteriormente no protagonista dunha historia.
Saíron monstros, robots, animais con moitos ollos ou patas, e así nos creamos o noso propio conto aprendendo a SACHAR CONTOS.

EVA MEJUTO NO NOSO COLEXIO
O libro "22 Segundos", foi o libro elixido polo profesorado de sexto como lectura obrigatoria en galego para este curso. o pasado mes de marzo tiveron a sorte de recibir a visita de EVA MEJUTO, autora desta entrañable obra.
Se clicades na seguinte foto poderedes acceder a información que o blog do BIBLIOCASTELO, publicou no seu momento.
CLUBE DE LECTURA ILLA DE ONS
O alumnado de sexto do noso cole gozou dunha xornada de convivencia no IES Illa de Ons.
Ao rematar a xornada escolar dirixíronse, acompañados polas profes Macu e Lina, ao veciño centro escolar. Alí , primeiro compartiron comida e despois xogos, lecturas e moitas risas co alumnado e profesorado que forma parte do clube de Lectura.
No seguinte vídeo, publicado polo IES Illa de Ons, poderedes comprobar o agradable e divertida que resultou esta xornada.

PAPIRUS E OS SETE TRASNIÑOS
Dentro
da aventura sobre os Dereitos Humanos, os trasnos decidiron crear unha historia
que lles permitira explicar ao seu modo
esas cousas ás que todos e todas temos dereito e que son tan tan importantes: a
familia, o tempo de lecer, a vivenda, o traballo, a igualdade, a educación, a
sanidade.... e foi así como naceu "Papirus e os sete trasniños"
unha adaptación dun conto ben coñecido por todos e todas.
O noso benquerido Papirus e o protagonista desta
historia na que se atopa con sete trasniños que lle contan que é iso dos
dereitos fundamentais.
O conto de Papirus e os sete trasniños gustoulles
tanto nas aulas que, decidiron convertelo nunha película e durante semanas
traballaron arreo para conseguilo. Meteron as imaxes no ordenador e déronlle
movemento pero... non falaban de modo que.. decidiron que o mellor era poñer as
súas voces na película e así foi como se iniciaron na técnica da dobraxe
prestándolle a súa voz aos personaxes da
historia.

QUEREDES VER CAL FAI O RESULTADO DESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE?
TOMADE ASENTO PORQUE IDES ALUCINAR!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)