O alumnado de colexio A Pedra, participou de xeito moi activo na carreira de San Martiño, que este ano tivo lugar no mesmo día da festa do Patrón da vila.
Nas semanas anteriores ao evento repartíronse nas titorías os folletos de incripción e nas clases de Educación Física animouse e preparouse aos nenos e as nenas para que participasen.
O día sinalado as rúas de Bueu enchéronse de nenos, xente nova e adultos deportistas, dispostas a pasar un bo rato. A noso cole tivo unha representación oi numerosa e acadaron moi bos resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario