O Concello de Bueu en colaboración coa empresa Hortoagrelo ofertou ao colexio unha actividade relacionada coa ecoloxía e polo tanto co dereito a un planeta sostible. A actividade consistía nunha agrogymkana ecolóxica que se celebrou os días 15 e 16 de novembro. Todo os cursos foron pasando por quendas pola realización dos tres xogos dos que constaba a actividade. Pretendíase simular cómo sobrevivir nun medio natural cos materiais que nos proporciona a natureza. O primeiro deles era un relevo portando auga na cabeza cun molido. O segundo era un traballo cooperativo para descubrir os posibles aproveitamentos de herbas e plantas da contorna. E o terceiro era a construción dunha vivenda con paus, herbas e teas vellas, un típico tipi indio. O rematar a actividade reflexionouse sobre a vida actual e o deterioro do medioambiente e a posibilidade de sobrevivir cos materiais que nos atopamos ao noso arredor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario