20/10/15

SAMAÍN 2015


Xa está aquí a festa máis terrorífica do ano! 
Pronto o noso cole encherase das máis temidas cabazas intergalácticas. Mentres tanto se vos queredes entreter e aprender algo sobre esta festa galega:
PREMEDE NESTA IMAXE!


ACTIVIDADES SAMAÍN

5/10/15

BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR


O equipo de Dinamización lingüística, acompañado de toda a comunidade escolar do "CEIP Plurilingüe A Pedra", estamos preparados para comezar coas actividades que sempre terán como obxectivo o fomento do uso da lingua galega.
Este ano traballaremos a fondo a figura do poeta da Terra Cha, Manuel María, a quen este ano se homenaxea no día das Letras galegas.

 

Como en cursos anteriores, seguiremos colaborando co Equipo de TICS e Biblioteca  participando de maneira activa no seu proxecto anual.
Seguiremos publicando neste blog todas as festividades nas que o uso da nosa lingua estea presente.
Asemade publicaranse de maneira puntual todos os números da revista "Ollos de Aula".

22/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

Un ano máis  comezaron xa as preguntas sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, referidas á actividade QUE SABES DE..? neste caso Xosé F. Filgueira Valverde.
No mural elaborado para estas datas tedes moita información ao respecto que foron recopilando os nenos/as de 5º e 6º, se ledes con atención de seguro que atoparedes as respostas.
Animádevos a participar!!!


19/5/15

CREA GALEGO!!

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas os rapaces da Pedra elaboraron uns marcadores para libros co lema CREA GALEGO. Teñen forma de paleta de cores, e están feitos con goma eva e papeis de cores.
A idea é que os nenos/as poidan agasallar con esta sinxela manualidade a alguén que coñezan para convidalo a empregar a nosa lingua en calquera situación, todos os días do ano, de xeito que eles mesmos poidan aprendelo e transmitilo.
Este foi o resultado!


CORRELINGUA DO MORRAZO 2015

O pasado 12 de maio celebramos unha nova edición do Correlingua do Morrazo.
As rúas de Bueu voltaron a encherse de rapaces que se achegaron de diferentes centros da comarca.
Todos acudiron coa súa camisola con palabras fermosas nesta lingua nosa, e ademais facendo alusión ao lema deste ano,"GALEGO, A NOSA CREACIÓN COMÚN", tamén lucimos unhas "chapas"invitando a CREAR GALEGO, non só un día senón todos os días do ano.









Foi unha xornada festiva, onde os máis pequenos gozaron cos xogos tradicionais. Dende a pita cega, ou os birlos ata outros máis elaborados que puxeron a proba as nosas habilidades como o da campá, a cruz de cinco espigos, as patas inclinadas, ou a argola no tallo entre outros.



Todos eles foron cedidos unha vez máis pola asociación Corredoiras de Bueu, que tamén colaborou moi amablemente á hora de poñelos en práctica, vaia dende aquí o noso agradecemento, ao igual que para os rapaces dos IES de Rodeira e Johan Carballeira que axudaron como monitores.
Unha vez rematada a marcha, concentrámonos na praza Massó para escoitar a Xurxo Souto dándonos a benvida e presentando aos rapaces dos IES de Rodeira, Johan Carballeira e María Soliño que foron os encargados de ler o manifesto. Logo os rapaces do colexio Sagrada Familia de Aldán, gañadores de videocreación  Correlingua 2015 presentáronnos o seu Rap.                      
 O broche final púxoo Paco Nogueiras co seu traballo BRINCA VAI, facendo que brincásemos ao son da música a pesares do sol e a calor que tivemos esa mañá.



O Correlingua na prensa:






14/5/15

PRESUME DE GALEGO

Botádelle un ollo a esta proposta chea de optimismo que xorde da CGENDL (Coordinadora  Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)
Para que o día 17 de maio sexa só un punto de partida, un comezo para presumir de galego todo o ano.



16/4/15

CORRELINGUA 2015

O vindeiro 12 de maio imos celebrar unha nova edición do Corrrelingua do Morrazo , aquí no concello de Bueu.
A xornada vai estar amenizada por Paco Nogueiras, que nos vai facer gozar coas cancións do seu disco  BRINCA VAI!
Aquí podedes ver algúns dos seus videos para ir ensaiando.