19/5/15

CORRELINGUA DO MORRAZO 2015

O pasado 12 de maio celebramos unha nova edición do Correlingua do Morrazo.
As rúas de Bueu voltaron a encherse de rapaces que se achegaron de diferentes centros da comarca.
Todos acudiron coa súa camisola con palabras fermosas nesta lingua nosa, e ademais facendo alusión ao lema deste ano,"GALEGO, A NOSA CREACIÓN COMÚN", tamén lucimos unhas "chapas"invitando a CREAR GALEGO, non só un día senón todos os días do ano.









Foi unha xornada festiva, onde os máis pequenos gozaron cos xogos tradicionais. Dende a pita cega, ou os birlos ata outros máis elaborados que puxeron a proba as nosas habilidades como o da campá, a cruz de cinco espigos, as patas inclinadas, ou a argola no tallo entre outros.



Todos eles foron cedidos unha vez máis pola asociación Corredoiras de Bueu, que tamén colaborou moi amablemente á hora de poñelos en práctica, vaia dende aquí o noso agradecemento, ao igual que para os rapaces dos IES de Rodeira e Johan Carballeira que axudaron como monitores.
Unha vez rematada a marcha, concentrámonos na praza Massó para escoitar a Xurxo Souto dándonos a benvida e presentando aos rapaces dos IES de Rodeira, Johan Carballeira e María Soliño que foron os encargados de ler o manifesto. Logo os rapaces do colexio Sagrada Familia de Aldán, gañadores de videocreación  Correlingua 2015 presentáronnos o seu Rap.                      
 O broche final púxoo Paco Nogueiras co seu traballo BRINCA VAI, facendo que brincásemos ao son da música a pesares do sol e a calor que tivemos esa mañá.



O Correlingua na prensa:






No hay comentarios:

Publicar un comentario