4/2/20

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2020


O mural da entrada do colexio aparece de novo esta semana renovado. Agora semella unha enorme radio con dous impresionantes altofalantes nos laterais das que saen notas musicais. 
De cada corchea sae unha estrofa dunha canción que trata temas relacionados coa PAZ. Cada aula do centro, dende os máis pequenos de E. Infantil ata os maiores de 6º de E. Primaria, elixiron un tema, que puxeron no círculo da súa nota musical. Aínda que algunhas están en castelán, francés  ou en inglés, facendo honra de cole plurilingüe, no mural todas as letras están traducidas ao galego.

·         4º A de E. Infantil: “Eu teño alguén” de María fumasa.
·         4º B de E. Infantil: “Arco da vella” de Doutor Apertas.
·         5º A de E. Infantil: “Todos somos capitáns” de Magín Blanco.
·         5º B de E. Infantil: “Baile da Paz” de Mamá Cabra.
·         6º A de E. Infantil: “De festa” de Uxía Lambona.
·         6º B de E. Infantil: “Día da Paz” de Pablo Díaz.
·         1º A de E. Primaria: “Bajo el mismo Sol” de Álvaro Soler.
·         1º B de E. Primaria: “Una receta de Paz” de Unai Quirós.
·         2º A de E. Primaria: “Que canten los niños” de Jose Luís Perales.
·         2º B de E. Primaria: ”Un mensaje al mundo” de Jorge Otamendi.
·         3º A de E. Primaria: “Friends will be friends” de Queen.
·         3º B de E. Primaria: “Que bonito es querer” de Manuel Carrasco.
·         4º A de E. Primaria: “Se buscan valientes” de Langui.
·         4º B de E. Primaria: “Paz y amor” de Gisela
·         5º A de E. Primaria: “No dudaría” de Antonio Flores.
·         5º B de E. Primaria: “De que che vale” de Jesús Pareja.
·         6º A de E. Primaria: “On écris sur le murs” de Kids United.
·         6º B de E. Primaria: “Imagine” de John Lennon.




      En todas as aulas preparouse a canción Cantarola para os nenos.  Trátase dunha fermosa poesía de Neira Vilas, versionada por moitos cantaautores galegos.  Nesta ocasión o alumnado interpretou a versión do grupo galego “Na Virada”. Para facela máis animada foi ensaiada cunha coreografía común co fin de cantala e bailala todos xuntos o día da Paz. 
Nos días previos, en todas as aulas se elaboraron pombas da Paz.
    O día da Paz presentouse, como non, chuvioso, polo que o alumnado de E. Infantil non puido subir ao centro de Primaria e celebrárono no seu cole. Preme na seguinte imaxe!



     O alumnado de E. Primaria reuniuse no ximnasio levando nas súas mans as Pombas da Paz. Alí cada aula, agrupada en círculos, recitou o cantou a estrofa da canción que puxeron no mural.  O seguinte vídeo recole o momento en que todo o alimnado cantou e bailou "Cantarola para os nenos"

















Procedeuse logo a entrega dos premios do concurso de Selos. O gañador foi Cristian Abal Juncal de 5ºA. 


 Recibiu un prego con selos de curso legal que representan un bote polbeiro deseñado por el. Tamén recibiron unha mención especial os tres mellores selos de cada clase.















Noraboa!






22/12/19

SINTONIZA O TEU CORAZÓN! QUE CADA LATEXO SEXA MÚSICA, PAZ E AMOR

Este fermoso mural, feito por todo o alumnado do noso centro, preside xa, a entrada do  colexio. Nel aparece con grandes letras o LEMA GAÑADOR: 
" SINTONIZA O TEU CORAZÓN! QUE CADA LATEXO SEXA MÚSICA, PAZ E AMOR"
Esta é tamén a postal coa que o CEIP Plurilingüe A Pedra felicita a toda comunidade escolar:

Pero o mural non foi a única actividade que se realizou en torno á festa do Nadal. Estes días previos ás vacacións era usual escoitar panxoliñas nas aulas. Mirade que ben o fan os máis pequenos do cole:


 Ou entrar nas clases e atopar ao alumnado realizando actividades plásticas para decorar os distintos recunchos.
Mirade como as trasniñas e os trasniños de 6º E. Infantil fixeron adornos para a árbore:

Pero o mellor foi o último día, cando se levaron a cabo os Obradoiros de Nadal. 
Este era o planing:
E estas algunhas das fotos da diferentes actividades:

















Este mesmo día. Os reis Magos viñeron ao cole e ancheron de emoción e ilusión tanto ao alumnado de Infantil como o de Primaria.

Tamén se celebraron festas nas clases, no que por primeira vez se tivo en conta que este colexio é un centro respectuoso co medioambente e trata de producir residuos cero. Agradecemenos fondamente ás familias  o esforzo para acadar este obxectivo. O alumnado puxo nas mesas os biscoitos, galletas, magadalenas e pasteis que previamnete fixeran bos seus fogares, evitando así plásticos e lixo.
Houbo momentos para a sorpresa, xogando ao amigo invisible:




No seguinte vídeo podedes ver imaxes deste inesquecible día:



Agradadecementos infinitos ás nais e pais que neste día colaboraron con algún obradoiro, á ANPA por organizar a visita das súas maxestades os Reis Magos e ao Mago Ramón, por sorprendernos cada ano  coa súa maxia.
FELICES FESTAS!