15/12/19

LEMAS DE NADAL


Como xa é tradición no no noso cole, este ano volveuse convocar ás familias para que, coas súas suxestións,  puideramos atopar o lema perfecto para a nosa postal cooperativa de Nadal. Pediamos, que ao ser posible, se tivera en conta o PDI relacionado coa radio e a Solidariedade.
A participación foi espectacular pois recibimos 192 propostas.
Tras unha primeira selección feita polo profesorado do centro quedaron seccionados cinco lemas:
1-  Que o son do Nadal invada todos os corazóns! 
     (Xela 5º de E. Infantil)
2- Por un Nadal con boa onda! 
     (Carla 1º de E. Primaria)
3- Por un Nadal cheo de boas ondas! 
    (Andrés 2º de E. Primaria)
4- Sintoniza o teu corazón! Que cada latexo sexa música, paz e amor! 
    (Roi 4º de 4º de E. Primaria))
5- Que as ondas do Nadal cheguen ao teu fogar! 
    (Aroha 6º de E. Primaria)

O  alumnado foi o encargado de votar. Mirade como o fixeron ata os pequeniños e pequeniñas de 6º de E. Infantil:

O lema elixido, tras unhas rifadas das votacións, foi:
"SINTONIZA O TEU CORAZÓN!
QUE CADA LATEXO SEXA MÚSICA, PAZ E AMOR!" 
Este lema terá o honor de presidir o mural da entrada do colexio e que se convertirá posteriormente na postal coa que o noso cole felicite á comunidade escolar ou a calquera outra institución.
Parabéns aos gañadores do lema elixido e agradecementos a todas as familias participantes. 
A continuación publicamos o listado do todos os lemas. Espero que poidades atopar o voso con facilidade.:

LEMAS DE NADAL
4º  INFANTIL
1.  O Nadal vívese en familia, cántase en conxunto e celébrase todos xuntos. (Aroa G.)
2.  Propagando a felicidade nas ondas. (Hodei)
3.  A comunicación neste Nadal sempre solidario. (Rodrigo Pereira)
4.  Que neste Nadal, o noso corazón só transmita ondas de amor, ledicia e paz. (María Torres)
5.  Ilusión e felicidade (Marta López)
6.  Con sons de Nadal, axudar non está mal! (Teo Otero)
7.  Axuda aos demais porque detrás das ondas todos somos iguais. (Jimena)
8.  Escoitar a todos os nenos do mundo polo Nadal. (Carla Dios)
9.  Escoita as ondas do Nadal e desfruta  compartindo xa! (Miguel Miranda)
10.   Desexo que cada día saibas apreciar o bela que é a vida, como no Nadal. (Martina Domínguez)
11.   Que a ledicia do Nadal enche a túa vida de felicidade. (Diego Golobardas)
12.   O adorno máis bonito da árbore é o teu sorriso. (Julia Franco)
13.   Este Nadal regala a mellor canción da túa vida. (Aroa Bastón)
14.   Celebra o Nadal compartindo e ponlle música. (Rouco Garrido)
15.   Este Nadal as ondas da radio levan maxia e solidariedade a todos os fogares.
16.   Que neste Nadal escoitemos pola radio que desaparecen todas as fronteiras do mundo.(Pablo Cubero)
17.   Sintoniza a frecuencia da bondade e chegará o Nadal (Valentina Riobó)
18.   Que o espírito deste Nadal sexa transmitido a través das ondas. (Lara Santos)
19.   Por un Nadal feliz para todos! (Roi Menduíña)
20.   Este Nadal sintoniza a canle da empatía. (Laura Guiadanes)


5º INFANTIL
21.   Comparte o teu Nadal. (Carmen Pereiro)
22.   Para estar  na onda apúntate á solidariedade.(Atitz )
23.   No Nadal non se trata de abrir agasallos, trátase de abrir corazóns. (Carolina Sanvicéns).
24.   Que o son do Nadal invada todos os corazóns! (Xela)

6º INFANTIL
25.   Con música e compañía a vida pasa con máis alegría. (Paula)
26.   Na onda solidaria. (Unai Roderíguez)
27.   Un Nadal para compartir. (Julia Álvarez)
28.   Conéctate.... ONDA SOLIDARIEDADE! (Roi Mayo)
29.   Escoita sempre a opinión dos demais. (Simón Pérez)
30.   Boas ondas no Nadal. (Matilda Taeger)
31.   Neste Nadal escoita e comparte. (Sara Barros)
32.   Este Nadal imos sintonizar A Pedra FM, felicidade a escachar. (Diego Gil)
33.   Comparte o teu Nadal (Lola Pereiro)
34.   Dende o programa da radio Bo Nadal! Desexámosvos que a alegría chegue a todas as partes do mundo. Bo Nadal! (Yerai)
35.   E… Dende radio A Pedra Bo Nadal a todos! (Antón Castro)
36.   Ti tamén podes cambiar de canal, se solidario! (Adrián Regueira)






 SEN NOME ou curso  (INFANTIL)
37.   Pide un desexo que se faga real. (Bose)
38.   Escoitándonos teriamos un mundo mellor. (Mariña Castiñeira Gund)
39.   O mellor agasallo
40.   Xuntos mellor! Bo Nadal!
41.   Que todos os nenos e nenas teñan un bonito e especial Nadal
42.   Ponte na onda dos demais!
43.   Escoitar a Papá Noel!

1ºA
44.   Por un Nadal con boa onda ( Carla García)
45.   A radio afecta a toda a xente dunha forma moi íntima, de ti a ti, e ofrece todo un mundo de comunicación silenciosa entre escritor – locutor – e oínte. (Ainhoa Barreiro)
46.   O Nadal é o mellor. (Nagore)
47.   Feliz Nadal! (Carlos)
48.   Cantemos como compañeiros! Bo Nadal! (Daniela)
49.   A felcidade chega a través das ondas ao colexio A Pedra. (Saúl Estévez)
50.   No Nadal, bota unha man! (Leire García)
51.   Bo Nadal (Noa Gallego)
52.   Ondas solidarias! (Dani Ferradás)
53.   Feliz Nadal! (Sabela)
54.   Este Nadal sintoniza co planeta. (Sara?)
55.   O mundo enteiro unido polo Nadal. (Rubén)
1ºB
56.   Un Nadal para todos. (Víctor)
57.   O Nadal é alegría e diversión e con música alégrase máis o corazón (Ana)
58.   Coa radio o Nadal ten outro son. (Valeria Paceiro)
59.   Un Nadal riquiño (Daniela)
60.   O Nadal é ilusión e maxia. O mellor agasallo é poder estar coa familia. (Gabriel)
61.   Amor e familia no teu fogar no Nadal. (Martín Ríos)
62.   Cando o corazón reina, entón é Nadal! (Manu)
63.   Mola a radio, mola a solidariedade e tamén mola o Nadal (Noé)
64.   Sintoniza o dial do teu Nadal! (Darío)
65.   Na radio poderemos escoitar, cousas do Nadal! (Carmen)
2ºA
66.   Que as ondas leven maxia e felicidade a todos os fogares. (Marta G.)
67.   Recorda neste Nadal sede máis solidario  escoita máis a radio. (Dani)
68.   No Nadal debes escoitar a radio e axudar aos demais. (Íker)
69.   A familia escoita a radio. (Nerea)
70.   Boas novas no Nadal! (Noa)
71.   Neste Nadal todos sintonizamos coa boa onda. (Roque)
72.   Transmisión directa para todos de felicidade. (Alba Hermelo)
73.   Imos nas ondas (Gabriel)
74.   Por un Nadal cheo de boas ondas! (Andrés Domínguez)
75.   Este Nadal sintonízate á frecuencia da solidariedade. (Lola)
76.   Xa é Nadal, contáxiate de alegría, contáxiate de Bueu. (Pablo Cancelas)
77.   Se transmites con sentido axudarás máis a xente. (Javi)
78.   Este Nadal recicla de verdade. (Álex)
79.   Neste Nadal estaremos radiounidos (Eva)
80.   As ondas deste Nadal transmiten unha mensaxe de alegría e felicidade. (Paula Freire)
81.   Estamos na mesma onda, Bo Nadal!
82.   Neste Nadal, ondas solidarias! (Iago)
83.   Ondas de solidariedade na Pedra para toda a comunidade. (Xaquín)

2ºB
84.   Comparte no Nadal, coma as ondas da radio fan. (Anxo Lemos)
85.   Neste Nadal fai os teus soños realidade, deixa de lado aos males e céntrate na solidariedade. (Nicolás Rodríguez)
86.   Este Nadal solidarízate nas ondas (Pablo Verde)
87.   Neste Nadal que bonito será poñer a radio e desfrutar dos pasarrúas e bailar. (Carla Diéguez)
88.   Radiando felicidade.((Iria López)
89.   Nas ondas do Nadal a túa mensaxe de solidariedade transmitirás.(Daniel Sierra)
90.   O Nadal é de todos  ?????
91.   Na radio Nadal de solidariedade un festival. (Senén)
92.   Na radio poderás escoitar cousas boas sobre o Nadal. (Nerea Moreira)
93.   Neste Nadal que non falten luces de cores e boa música no teu fogar. (Anxo Novas)
94.   Este Nadal en Pontevedra, soarán as ondas da Pedra. (Emma)
95.   Déixate envolver polas ondas da solidariedade. (Candela)
96.   Este Nadal envía ondas de solidariedade aos demais. (Jon)
97.   Este Nadal a radio nos agasallará con música a todo o mundo. (Elisa)
98.   A radio do Nadal axudará aos demais. (Lucas)
99.   Se te sentes mal no Nadal, pon a radio e poderémoste axudar! (Iván Rodríguez))
100. A receita para non aburrirnos no Nadal: Escoitar a radio e pasalo xenial! (Ainhoa)
101. Escoitar polo Nadal mensaxes de paz! (Íker)
102. Radio FM desexa a todos os oíntes, feliz Nadal e un próspero aninovo! (Saray)
103. Na radio do Nadal escóitanse cousas boas. (Xavi Leal)
3ºA
104. Neste Nadal a alegría e a felicidade chegará a todos os fogares a través do son da nosa radio. Bo Nadal (Yaiza)
105. A radio soa no Nadal. (Laura Agulla)
106. Fagamos que a radio sexa mensaxeira da solidariedade. (Leire Novas)
107. Que as ondas do Nadal se espallen polo mundo. (Aixa)
3ºB
108. No Nadal tes que poñer panxoliñas. (Cintia)
109. O Nadal non se trata de abrir agasallos, senón de abrir o noso corazón. (Mariña Santiago)
110. Pon a radio e comparte ondas de ledicia e amizade. (Yoel)
111. Bo Nadal na onda! (Roi Verde)
112. Na noite de Paz, o espírito do Nadal viaxa no teu corazón. (Nicolás)
113. Este ano Vigo superouse polas luce, a gran estres de Frozen e a maxia do Nadal. (Ana)
114. Neste ano queremos mandar solidariedade mediante as ondas da radio do cole. (Antón)
115. Cantar e rimar boas festas do Nadal! (Carmen Pazó)
116. Emite Nadal! Compárteo! (Ofelia)
117. No Nadal emite ondas de paz e alegría. (Noa)
4ºA
118. As casas deben ter radio para que o Nadal teña música. (Carla)
119. Ao igual que a radio, o Nadal non se pode ver pero nos emociona coa súa sintonía. (Roi Costa)
120. Se as noticias queres escoitar, a radio terás que preparar. (Héctor)
121. Que as ondas da radio transmitan solidariedade e que o Nadal nos envolva de amor. (Elena)
122. Este Nadal, ímonos xuntar e todos sintonizar A Pedra FM, felicidade a escachar! (Raúl)
123. Feliz radio Nadal! (Pedro)
124. Que a música nos axude a soñar! Bo Nadal! (Leo)
125. Sintoniza o teu corazón! Que cada latexo sexa música, paz e amor! (Roi Castro)
126. O mellor agasallo da radio é darnos boas noticias. (Martín Abalo)
127. Que as ondas da radio te acariñen as orellas e te cheguen ao corazón! iNÉS)
128. Neste Nadal a cadea da solidariedade e comparte felicidade. (Violeta)
129. Neste Nadal escoita a radio e faite solidario. (Violeta)
130. Escoitemos a nosa radio no Nadal! (Blanca)
131. O Nadal é música e amor! (Andrés)
132. A radio todos escoitarán, no mundo enteiro por igual! (Martín Sánchez)
133. Vive o Nadal coa radio CAP Onda mil! (Paula Freire)
134. Na radio hai que anunciar un lema de Nadal! (Martina)
4ºB
135. Para que esteamos todos xuntos escoita a melodía do Nadal. (Xoel)
136. Rock e pop polo Nadal. (Dani Ríos)
137. Boas ondas no Nadal! (Aroa)
138. Neste Nadal esteamos na mesma onda de dar, compartir e amar. (André)
139. Este Nadal sintoniza con Amor. (Borja)
140. Neste Nadal, as ondas da radio traerante paz, amor e igualdade. (Miguel R.)
141. As pequenas cousas son as responsables dos grandes cambios. Paulo Coelho. (Mateo)
142. Desfruta do Nadal e mellor te sentirás! (Miguel G.)
143. Conectando o Nadal! (Ilenia)
144. Dende a nosa radio escolar, desexámosvos un Feliz Nadal e unha morea de Paz! (Natán)
145. Que as ondas da radio transmitan Bo Nadal! (Antía)
146. Fai que os teus soños sexan desexos para outros e que se transmitan como as ondas da radio (Alexandra)


5ºA
147. Que a maxia do Nadal encha de música e felicidade. (Matías Gestido)
148. Que as ondas da paz cheguen a todo o mundo. (Samuel)
149. Se neste Nadal queres Solidariedade tes que escoitar no ar as ondas do mar (Iago)
150. Se neste Nadal queres molar, Radio Papirus tes que escoitar. (Gael)
151. Emitimos ondas solidarias que chegan a todas as casas. (Mariña)
152. Este Nadal na radio Papirus, historias de Paz e solidariedade desexamos que todas elas se fagan realidade. (Cristian)


5ºB
153. Todo depende de como o transmitas, estamos nas túas mans. (Andrea)
154. As ondas da radio deberás escoitar, para ser bondadoso e desfrutar do Nadal. (Clara Silva)
155. Neste Nadal a través da radio queremos axudar aos máis desfavorecidos. (Naiara)
156. Desfruta as ondas e empeza compartindo xa. (Aitor)
157. Cantando e bailando todo é mellor, pois neste Nadal coa familia hai que desfrutar. (Judith)
158. Se ti eres da radio Papirus poderás contemplar fermosas cantigas do Nadal. (Aroa)
159. Móvete xa, que con Papirus imos bailar, e neste Nadal vas flipar! (Xian)
160. Deixa de escoitar nas ondas e divírtete co Nadall (Leire Padín)
161. Se neste Nadal queres axudar a través das ondas temos que falar. (María Romero)
162. A radio felicita a todos os nenos e nenas pobres. (Marcos)
6ºA
163. Radio solidariedade non é cuestión de idade. (Pepe)
164. No Nadal sempre o respecto ten que estar. (Óscar)
165. Coas ondas do Nadal transmitamos solidariedade e paz. (Brais)
166. A música invade o espírito do Nadal. (Breixo)
167. Que a paz se espanda no Nadal coma as ondas da radio no mundo global! (Álvaro)
168. O Nadal e a música na radio! (Mario)
169. Á radio A Pedra chegan as ondas do Nadal! (Sofía)
170. Escoita, comparte e desfruta neste Nadal! (Uxía)
171. Que as ondas do Nadal cheguen ao teu fogar! (Aroha)
172. Se polo Nadal feliz queres estar, falar, rir con nós, na radio terás que estar! (Xavi)
173. Que neste Nadal soen as panxoliñas en todas as radios por igual! (Manel)
174. Radio Nada! Felicidade, Maxia e Amizade e aMor! Sintonízate! (Antía)
175. Para cada canal, o mesmo número de agasallos1 (Fabiola)
176. Que as ondas do Nadal cheguen ben ao teu fogar! (Inés)
6ºB
177. Deixa aos teus soños viaxar, cara as ondas da radio no Nadal. (Leire)
178. Dende radio A Pedra desexámoslle a todos os nenos e nenas un Nadal de alegría, amizade e felicidade. (María Otero)
179. Este Nadal igualdade no radiocanal. (Fidel)
180. Se coa túa familia non estás a radio vaite a acompañar.(Iria)
181. Dende a invención da radio o Nadal é moito mellor! (Paola)
182. Cámbiate ao canal da solidariedade! (Emma)
183. Os neos e nenas de radio A Pedra, deséxanvos Feliz Nadal!
184. Música de Nadal soa na radio, moitas panxoliñas e moitos agasallos! (Eva)
185. Coa nosa radio da Pedra, o Nadal sempre estará no noso corazón!!! (Iván)
186. Que o espírito deste Nadal sexa transmitido a través das ondas! (Eloy)
187. Calquera na radio pode sintonizar un Nadal moi especial.(Antía)
188. O Nadal é paz e amor (Xoel)


SEN NOME E CURSO
189. No Nadal non se trata de abrir agasallos, trátase de abrir o noso corazón.
190. Este Nadal regálate ondas!
191. No Nadal todos convertémonos el locutores e locutoras da solidariedade.
192. Este Nadal a mellor película é estar coa familia.




1/12/19

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

No noso colexio lévanse a cabo de xeito habitual proxectos de investigación científico nas distintas titorías.
Por ser novembro, o mes da ciencia en galego, queremos deixar constancia neste blog de algún deles.
O alumnado de terceiro estivo investigando sobre os sentidos e acudiron a aula de ciencias onde experimentaron con cada un deles:




O alumnado de cuarto estiveron traballando cun proxecto sobre a auga. Para entender o ciclo da auga urbana viaxaron a Pontevedra para visitar a ETAP (estación de tratamento de auga potable) e o encorp do Pontillón.

Elaboraron presentacións dixitais na aula de informática sobre diferentes ríos. Mirade que chulas lles quedaron.




Leer más publicaciones en Calaméo
Despois fixeron  presentacións orais ante os seus compañeiros e compañeiras.
Este mesmo alumnado foi o encargado de rexistrar o tempo durante este mes de novembro. Cada día acudían á caseta mteorolóxica no que recollían os datos do termómetro de máximas e mínimas, do barómetro, higrómetro e pluviómetro.


Aproveitaron estes datos para facer un climograma. Foron uns auténticos privilexiados ao recoller os datos dun mes historicamente salientable pola cantidade de precipitacións. Todos e cada un dos días do mes recolleron auga no pluviómetro. Destacan tamén que un dos días a amplitude térmica foi de tan só dous graos. 






Este mesmo alumnado rematou o mes da ciencia, comezando un proxecto sobre os sentidos do que deixamos constancia con estas fotos.




24/11/19

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2019

´
Xa están aquí as sempre esperadas recomendacións de lectura e música en galego para agasallar no Nadal ou en calqueira época do ano. 
O venres, 22 de novembro, todo o alumnado do noso centro levou nas súas mochilas o tríptico coas novidades.
 Este ano temos moito que agradacer á parella formada por Ana Valuja e Esteban Tarabelos. A Ana por facer, como cada ano, a montaxe e a Esteban por agasallarnos por tan fantástica ilustración. Moitos foron os nenos e nenas que recoñeceron os seus debuxos e recordaron con ilusión a bonita actividade que fixemos con el o pasado curso.
Tamén, dende estas páxinas, agardecer a excelentísima Deputación de Pontevedra que imprimiu as guías de xeito gratiuto. 
Lembramos que estas guías están confeccionadas, con moito agarimo, pola Coordinadora de equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo e que o noso cole participa sempre de xeito moi activo na súa elaboración.
Esperemos que sexan do voso agrado e que vos resulten útiles.



17/11/19

MAGOSTO

Esta semana  celebrouse a festa do Magosto no noso cole, primeiro para o alumnado de primaria, o martes 12, e despois para o de infantil, o venres 15 de novembro.
Esta é sen dúbida unha das festas favoritas deste centro porque ademais de degustar tan saboroso manxar, tradicionalmente, gozamos cos xogos populares organizados pola asociación Corredoiras de Bueu.
Non puido ser, nas dúas datas a chuvia non nos deu tregua.Así que tivemos que consolarnos con comer as castañas dentro das aulas e prescindir dos xogos.

 



Porén, non deixamos de realizar actividades en torno a este froito do outono.
Esta foi a canción elixida polos máis pequenos do colexio para cantar todos xuntos.


Asemade fixéronse traballos plásticos:




Tamén se recitaron poesías, como a tantas veces recurrida de Manuel María:
Dende estas páxinas mandar o noso agradecemento á asociación Corredoiras, coa que esperamos contar de novo o próximo curso.
Tamén agradecer a Ramón e Martín por asar tan ben as castañas. 
ESTABAN DELICIOSAS!