4/5/19

CORRELINGUA 2019

O pasado venres, o alumnado de E. Infantil e o de primeiro e terceiro de E. Primaria, fomos todos ilusioados e ilusionadas  a festexar o Correlingua na veciña vila de Cangas.

Todos ataviados coas mochilas, as puchas e as camisetas do cole decoradas con fermosas palabras da nosa lingua, dirixímonos alí enchendo cinco autobuses.
Tivemos que esperar un rato para comezar a andaina porque alí había máis de 1000 rapaces e rapazas dos coles da nosa bisbarra pero ao rematar agardábanos  o desexado concerto de:
UXÍA LAMBONA E 
A BANDA MOLONA!
Toda a espera e a calor valeu a pena. Bailamos sen parar! No seguinte vídeo poderedes ver algúns dos momentos desta fantástica xornada.

1/5/19

OS TRASNOS ESTREAN A SÚA CURTAMETRAXE: "O MEU ANIVERSARIO"

Os Trasnillos e Trasniñas do noso cole están  todos emocionados porque despois de traballar arreo durante todo o curso, por fin, puideron facer a estrea da súa curta: O MEU ANIVERSARIO.
Esta peli de animación participará no certame "NOS CREAMOS ", convocado pola Secretaría de Política Lingüística, a TVG e a editorial OQO.


A comunidade escolar estamos orgullosísimos deste grupo de rapaciñas e rapaciños e das súas profes, porque a curta está chea de tenrura, pero sobre todo dun gran esforzo, traballo e calidade. Dende estas páxinas queremos trasmitirlle que , independentemente do resultado do concurso son os:
NOSOS CAMPIÓNS E CAMPIOAS"

24/4/19

COÑECENDO A ANTÓN FRAGUAS

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é o escritor, etnógtrafo,  antropólo e  historiador Antón Fraguas.
Como cada ano O SEMINARIO GALÁN ofrécenos unha serie de variadas e entretidas actividades para coñecer mellor a vida e obra do autor.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a actividades fotocopiables ou en liña:
Resultado de imagen de anton fraguas

Este ano tamén volvemos contar coas actividade propostas pola RAG, no apartado PRIMAVERA DAS LETRAS.  Igualmente, teremos actividades en formato tradional ou de xeito interactivo.
Clicade na sinatura de Antón Fraguas  para poder realizalas:

Resultado de imagen de anton fraguas

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril ,é o día elixido internacionalmente para conmemorar o día do libro. 
Este ano coincidiu tamén coa volta das vacacións de Pascua. así que empezamos forte.
Para non perder o fío do noso PDI, a biblioteca propuxo a lectura do libro:
" ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS"
Resultado de imagen de ELISA NO PAIS DAS MARABILLAS
Este libro foi elaborado plenamente no obradoiro de creación artística de APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise celebral). A protagonista deste conto, Elisa, que era fermosa aínda que ela non o sabía, padece esta discapacidade. É unha historia que reinvindica o DEREITO A SER DIFERENTE. 
Ao alumnado encantoulle a historia e comprenderon a mensaxe á perfección.
Asemade, invitouse ás familias a vir ao noso cole a lerlle ao nenos e nenas e a resposta está sendo moi positiva, habebdo en moitas aulas listas de espera. 
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

7/4/19

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O pasado, martes 2 de abril, a comunidade escolar do colexio A Pedra, unímonos á proposta da asociación morracense "ASPAMSIM" elaborando un mural multicolor con cartolinas de cores. Nas clases léronse e víronse vídeos que axudaron ao alumnado a coñecer e comprender un pouco máis O AUTISMO.
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do bibliocastelo e saber un pouco máis sobre esta xornada.

SACHACONTOS

O alumnado de primeiro e quinto do noso colexio tiveron a sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS TEATRO  e que leva por título SACHACONTOS.
Durante as sesións cada neno e nena fixo un debuxo que se convertiu posteriormente no protagonista dunha historia.


 Saíron monstros,  robots, animais con moitos ollos ou patas, e así nos creamos o noso propio conto aprendendo a SACHAR CONTOS.
Estamos inmensamente agradecidos a ESTEBAN, en primeiro lugar por facernos vivir un rato tan divertido e en segundo lugar por pensar en nós para facer esta estrea.









EVA MEJUTO NO NOSO COLEXIO

O libro "22 Segundos", foi o libro elixido polo profesorado de sexto como lectura obrigatoria en galego para este curso. o pasado mes de marzo tiveron a sorte de recibir a visita de EVA MEJUTO, autora desta entrañable obra.
Se clicades na seguinte foto poderedes acceder a información  que o blog do BIBLIOCASTELO, publicou no seu momento.