7/4/19

CLUBE DE LECTURA ILLA DE ONS

O alumnado de sexto do noso cole gozou dunha xornada de convivencia no IES Illa de Ons. 
Ao rematar a xornada escolar dirixíronse, acompañados polas profes Macu e Lina,  ao veciño centro escolar. Alí , primeiro compartiron comida e despois xogos, lecturas e moitas risas co alumnado e profesorado que forma parte do clube de Lectura.
No seguinte vídeo, publicado polo IES Illa de Ons, poderedes comprobar o agradable e divertida que resultou esta xornada.


PAPIRUS E OS SETE TRASNIÑOS


Dentro da aventura sobre os Dereitos Humanos, os trasnos decidiron crear unha historia que lles  permitira explicar ao seu modo esas cousas ás que todos e todas temos dereito e que son tan tan importantes: a familia, o tempo de lecer, a vivenda, o traballo, a igualdade, a educación, a sanidade....  e foi así como naceu "Papirus e os sete trasniños" unha adaptación dun conto ben coñecido por todos e todas.

O noso benquerido Papirus e o protagonista desta historia na que se atopa con sete trasniños que lle contan que é iso dos dereitos fundamentais.

O conto de Papirus e os sete trasniños gustoulles tanto nas aulas que, decidiron convertelo nunha película e durante semanas traballaron arreo para conseguilo. Meteron as imaxes no ordenador e déronlle movemento pero... non falaban de modo que.. decidiron que o mellor era poñer as súas voces na película e así foi como se iniciaron na técnica da dobraxe prestándolle a súa  voz aos personaxes da historia.
QUEREDES VER CAL FAI O RESULTADO DESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE?
TOMADE ASENTO PORQUE IDES ALUCINAR!

5/3/19

DEREITO A GOZAR DO ENTROIDO


Este é o díptico que todo o alumnado do noso cole levou  a casa para anunciar que o ENTROIDO chegaba e que xa todo estaba preparado para o gran desfile.
Atrás quedaban semanas de duro traballo: elixindo e preparando os disfraces, compoñendo e ensaiando as cantigas de cada ciclo ou nivel.
Estaba claro que o tema era OS DEREITOS HUMANOS.
Deste xeito decidiron disfrazarse
  •  E. Infantil: MÉDICAS e MÉDICOS: Dereito a unha  SANIDADE pública de calidade.
CANTIGA  DO ENTROIDO INFANTIL  ( Música "A bilirrubina" de Luís Guerra)

A BILIRRUBINA
Oe, púxenme enfermo o outro día
Por causa dunha afonía,
E fun parar á enfermería,
Falta unha praza en pediatría.

Puxéronme  soro de cores
Sacáronme  unha radiografía,
E dixéronme que non había cartos,
Para mandar a outro a pediatría.

Oe, trastearónme ata a vida,
Con raios equis e ciruxía,
E que a Xunta non funciona
Só os recortes na menciña

Ai, veña , búscame unha pediatra,
Que Fina está que non respira,
E dáme vitamina de cores,
Que xa me sobe a bilirrubina.

Súbeme a bilirrubina,
Se nunha destas marcha Fina.        
A Xunta aquí non atina,
E, non recortes na menciña




  • 1º de E. Primaria: MAFALDAS: Famosa personaxe de do arxentino Quino, famosa por ser unha firme defensora dos DEREITOS HUMANOS.
  • 2º de E. Primaria: ABANDEIRADAS E ABANDEIRADOS: Dereito a ter unha NACIONALIDADE.

CANTIGA DE ENTROIDO 1º e 2º  E. PRIMARIA (Música A Taza de Cantaxogos)
AS MAFALDAS  ABANDEIRADAS

Eu son Mafalda                         Eu son bandeira
son unha nena                          pois un dereito
que o mundo enteiro                  é que vivamos
quere arranxar.                        nunha nación.

E os dereitos                              Nacemos libres
que son humanos                      todos iguais
en todo o mundo                       México, España
quero implantar.                       ata en Xapón.

Hoxe celebran                           Na nosa escola
setenta anos                              temos dereitos
que aniversario                         pra que poidamos
máis especial!                            vivir mellor!
CHU-CHU!                                  CHU-CHU!


Vida, igualdade, protección, constitución,
dignidade, identidade, familia, educación,
xustiza, propiedade, liberdade de opinión,
traballo, sanidade, vivenda, vacacións!!!
CHU-CHU!

  • 3ºe 4º de E. Primaria: PERUANAS E PERUANOS: Dereito a ser respectados por razón de ORIXE, RELIXIÓN, NACIONAIDADE, RAZA,  LINGUA.



CANTIGA DE ENTROIDO 3º e 4º (Música A Vicuñita de Magdalena Fleitas)

A  VICUÑITA  


Da Pedra eu veño coa vicuñita
Da Pedra eu veño coa vicuñita
Cantando e respectando aos demáis
Cantando e respectando aos demáis.

Eu son vicuñita e veño a celebrar
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Co Entroido da Pedra imos brincar
Co Entroido da Pedra imos brincar.

Ay guei vicuñita rishpi japi sonka
Ay guei vicuñita rishpi japi sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka


Papirus vente con nós a festexar
Papirus vente con nós a festexar
Todos cos dereitos imos cantar
Todos cos dereitos imos bailar.

Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu.


  • 5º de E. Primaria: GRDUADAS E GRADUADOS: Dereito á seren EDUCADOS NA DIVERSIDADE.

  • 6º de E. Primaria:  XUÍZAS E XUÍCES: Dereito a unha XUSTIZA igual para todos.

CANTIGA DE ENTROIDO 5º e 6º ( Música a Saia da Carolina)

Defendes os dereitos?

Outro ano chega o Entroido
e aquí vimos cantarvos,
o que facemos no cole
sobre os Dereitos Humanos.

Espertas as conciencias?
Esperto, si señor.
Defendes os dereitos?
                  Defendo con tesón.

           RETROUSO

Defendo con tesón,
respecto as opinións.
Defendes os dereitos?
Defendo, si señor.

Queremos un mundo xusto
no que gañe a igualdade.
A xustiza é para todos,
un garante de equidade.

RETROUSO

Eduquemos as persoas

pra cambiar a sociedade,
a través da educación
sempre na diversidade.


RETROUSO

No seguinte vídeo atoparades unha galería de fotos desta inesquecible xornada de Entroido.


22/2/19

ROSALIANDO DEREITOS

PRA HABANA

Achégase o 24 de febreiro e é un auténtico pracer escoitar declamar  na nosa fermosa lingua a poesía da nosa escritora máis ilustre.  Rosalía forma, xa, sen lugar a dúbidas, parte das vidas  do alumnado de A Pedra,  pois  cada ano eliximos un poema seu para recitalo.
Este ano, como xa repetimos en infinidade de ocasións, o proxecto anual xira ao redor dos DEREITOS HUMANOS  polo que o poema  elixido  foi  PRA HABANA,  incluído  dentro de CANTARES  GALLEGOS.  Denúnciase nel a miseria do pobo galego, que fai que moitos homes se vexan abocados á emigración.  Rosalía  reclama  o DEREITO Á VIVENDA,  O DEREITO A TER UN TRABALLO DIGNO, O DEREITO A CIRCULAR LIBREMENTE POLO MUNDO, O DEREITO Á FAMILIA.  Podería ser un poema do século  XXI, pois  as reivindicacións actuais seguen a ser as mesmas.
Nos seguintes vídeos poderedes comprobar o esforzo de toda a rapazada recitando, representando, cantando  rapeando ou con linguaxe de signos esta fermosa poesía. 
Algúns fixeron un anaquiño pequeno e os máis atrevidos atrevéronse co poema completo.
Empezamos polos maiores do cole:



 
 
 

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR POR ESTE FERMOSO TRABALLO !
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

18/2/19

VISITA DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA

Hoxe, o alumnado de E. Infantil, tivo a sorte de recibir a visita de Anxo González Guerra, avó de Aldán, alumno de 4º de E. Infantil.
Anxo de forma totalmente altruísta, veulles contar a historia de O TRASNO PERICÁN, que por certo está dedicado ao seu neto. Mantivo a atención dos pequenos e pequenas mentras relataba coa súa voz profunda a fermosa historia.
Tivo que repartir o seu tempo en dúas sesións. As seguintes fotos amosan ao famoso escritor cos pequenos e pequenas do colexio. 





MOITAS GRAZAS ANXO!
ESPERAMOS CONTAR CONTIGO EN MÁIS OCASIÓNS!



15/2/19

CANTO AMOR!

O 14 de febreiro, día dos namorados, produciuse no noso cole un ENCONTRO do máis ROMÁNTICO.
No bibliocastelo xuntáronse os máis pequenos do centro, ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL, cos maiores da nosa vila, os USUARIOS DO CENTRO DE DÍA CONTIGO.
La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas sentadas y niño(a)
Fixeron actividades conxuntas, como debuxar corazóns ou construÍr con plastilina colgantes para agasallarse. A experiencia non puido ser máís tenra.
La imagen puede contener: 6 personas, personas sonriendo, personas sentadas
La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas, niño(a) y mesa

3/2/19

VIAXANDO POR LÍBANO E POLO PERÚ

Ao redor da xornada do día da PAZ , realizáronse no cole dúas actividades moi interesantes:
Unha tivo lugar no bibliocastelo. Alí o alumnado de 1º de E. Primaria, recibiu a visita de Julio, pai de Dani de 1ºB. Julio veulles contar a súa experiencia no LÍBANO. Sabía que este ano no cole estábanse traballando OS DEREITOS HUMANOS, e relatoulles que alí moitos nenos e nenas non poden ir á escola e que teñen que traballar. contoulles que non teñen liberdade `para saír das súas casas coma nós



A outra charla tivo lugar na sala de usos múltiples. Esta vez foi a profe Bea, titora de 3ºB, quen nos contou a súa experiencia como voluntaria dunga ONG, chamada INTI. Bea viaxou nun par de ocasións ao Perú e a través dunha presentación con fotografías amosounos como é a vida neste país sudamericano.

GRAZAS JULIO E E BEA POLA VOSA XENEROSIDADE!