2/2/19

O DEREITO Á PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

Este gran mural da entrada do colexio, foi confeccionado por todo o alumnado do noso centro. En cada clase se reflexionou sobre a maneira que cada un de nós pode acadar A PAZ. Saíron frases moi fermosas e significativas que plasmamos nunhas mans.
 4º  E. INFANTIL  A

 4º E. INFANTIL  B
 5º   E. INFANTIL A
 5º   E. INFANTIL B
 6º   E. INFANTIL A
6º   E. INFANTIL B
 5º  E. PRIMARIA  B
 1º A  E. PRIMARIA
 1º B    E. PRIMARIA
 2º A    E. INFANTIL
 2º B  E. PRIMARIA
  3º A  E. PRIMARIA
  3º B  E. PRIMARIA
  4º A  E. PRIMARIA
  4º B  E. PRIMARIA
  5º A  E. PRIMARIA
  5º B  E. PRIMARIA
  6º A  E. PRIMARIA
 6º B  E. PRIMARIA
O 30 de xaneiro, Día da Paz e da non violencia, amenceu o día de chuvia fatal. Este feito desluciu en gran medida os actos previstos no patio cuberto. Pola contra tivemos que celebralo por separado. Un acto no centro de Infantil:
E outro no centro de Primaria:
En ambos actos se cantou o tema  "QUÉROTE MÁIS " de Sonoro Maxín con linguaxe de signos.
Aproveitous o acto para presentar ao novo equipo de mediadores que estiveron formámdose durante todo o primeiro trimestre.

22/1/19

QÚEROTE MÁIS

Rematado, xa o tempo de panxoliñas e do Nadal, e despois de toda a emoción desatada coa inauguración do BIBLIOCASTELO, o cole prepárase para outro gran acontecemento:
A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
É doado escoitar nas aulas a música da canción que imos cantar e que por certo nos encanta e gozamos moito cantando e interpretando con LINGUAXE DE SIGNOS.
Aquí  deixamos o vídeo e a letra de "QUÉROTE MÁIS"  de SONO MAXÍN para que todos a poidades ensaiar na casa.


17/1/19

INAUGURACIÓN DO NOVO BIBLIOCASTELO




Por fin chegou o día! 
Levábamos todo o primeiro trimestre esperando que  o Bibliocastelo abrise as portas. As profes dicíannos que tiveramos paciencia que valía a pena esperar porque o que se estaba cocendo alí dentro ía superar todas as nosas espectativas.
O luns 14 de xaneiro, o centro encheuse de personalidades, Conselleira de Educación, Xefe territorial, Inspectora, directores e directoras de todos os centros educativos de Bueu, Alcalde e concelleiros, representantes da ANPA,  .... Estaban alí porque ao fin íase inaugurar O NOVO BIBLIOCASTELO. 
Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de sexto serviron de guías nesta xornada festiva. No seguinte vídeo poderedes gozar dun resumo desta festiva xornada.


O martes 15, fomos o alumnado de E.Infantil e o de primeiro e segundo de E. Primaria os que puidemos finalmente entrar e comprobar todo os cambios. O mércores, foi a quenda do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de E. Primaraia.
Ás dúas aulas que antes había onde seguía habendo libros e ordenadores, había agora que engadir un espazo máis lúdico, cunha parede de legos, recuncho de xogos de mesa, de plástica de disfraces, música, mesa interactiva, táblets. Outra das aulas converteuse en aula de ciencias e todo o corredor estaba cheo de libros, zonas de lectura.... Unha auténtica marabilla.




O mago Ramón deletounos a todos cunha fantástica sesión de de Maxia!
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do Bibliocastelo e saber máis sobre este evento.


23/12/18

OBRADOIROS DE NADAL

O último día do cole, gozamos, pequenos e maiores dos tradicionais OBRADOIROS DE NADAL no centro de E. Primaria.
Organizados en tres liñas diferentes, cada clase puido participar en catro actividades diferentes. Acompañados polos seus titores ou titoras  e coordinados polo profesorado especialista, pais e nais, profesorado xubilado ou o mesmo conxerse os nenos e nenas recorreron os distintos espacios para participar en actividades de plásticas ou decorativas, recreativas ou deportivas, plurilingües, de maxia ou musicais.
O sorriso non desapareceu das facianas e desta afirmación dan conta as seguintes imaxes.























A xornada rematou da mellor maneira posible, primeiro coa visita dos REIS MAGOS:



Finalmente nas aulas degustáronse pordutos navideños como fin de festa.