17/1/19

INAUGURACIÓN DO NOVO BIBLIOCASTELO




Por fin chegou o día! 
Levábamos todo o primeiro trimestre esperando que  o Bibliocastelo abrise as portas. As profes dicíannos que tiveramos paciencia que valía a pena esperar porque o que se estaba cocendo alí dentro ía superar todas as nosas espectativas.
O luns 14 de xaneiro, o centro encheuse de personalidades, Conselleira de Educación, Xefe territorial, Inspectora, directores e directoras de todos os centros educativos de Bueu, Alcalde e concelleiros, representantes da ANPA,  .... Estaban alí porque ao fin íase inaugurar O NOVO BIBLIOCASTELO. 
Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de sexto serviron de guías nesta xornada festiva. No seguinte vídeo poderedes gozar dun resumo desta festiva xornada.


O martes 15, fomos o alumnado de E.Infantil e o de primeiro e segundo de E. Primaria os que puidemos finalmente entrar e comprobar todo os cambios. O mércores, foi a quenda do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de E. Primaraia.
Ás dúas aulas que antes había onde seguía habendo libros e ordenadores, había agora que engadir un espazo máis lúdico, cunha parede de legos, recuncho de xogos de mesa, de plástica de disfraces, música, mesa interactiva, táblets. Outra das aulas converteuse en aula de ciencias e todo o corredor estaba cheo de libros, zonas de lectura.... Unha auténtica marabilla.




O mago Ramón deletounos a todos cunha fantástica sesión de de Maxia!
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do Bibliocastelo e saber máis sobre este evento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario