25/6/17

ENTREGA DE PREMIOS

O último día do curso foi o elixido para a entrga de premios de Biblioteca, Dinamización, e torneos de recreos.
Os primeiros foron os premios de Biblioteca e todo foron acaparados polo alumnado de sexto, pois  eles actuaron como voluntarios que cada día coñaboraba ao bo funcionamento do noso bibliocastelo.
En segundo lugar, procedeuse a entrga de premios do concurso Que sabes de Carlos Casares? De cada clase había dous premiados:
1ºA
1ºB

2ºA
2ºB
3ºA
 3ºB
 4ºA
 4ºB
 5ºA
 5ºB
 6ºA
6ºB
Por último, foi a quenda dso premios de E. Física.
Os primeiros clasificados foron os rapaces e rapazas de 3ºA. Cando foron nomeados, unha explosión de ledicia estallou:
En segundo lugar o alumnado de 4ºA:
Por último, os nenos e nenas de 4ºB, recolleron o terceiro premio:





HERBAS DE SAN XOÁN

Os nenos e nenas de 5º de E. Infantil celebraron a festa de San Xoán, o último día do curso.
Saltaron unha pequena fogueira 9 veces, aprenderon algún refrán e recolleron alginha herba axudados plas familias.
A avoa de Brais tivo a amabilidade de vir ao cole para explicarlles aos compañeiros e compañeiras do seu neto, como se fai un ramo de San Xoán, e que herbas leva.
Ao final cada un levou un pequeno ramiño, para colocalo pola noite ao rocío e lavarse pola mañá con elas.




























TRASNADA NA PEDRA

O último xoves do ano foi o elixido para realizar esta emotivo acto.
O alumnado de terceiro de primaria, antigos TRASNOS en infantil, invitaron aos actuais TRASNIÑOS,  a unha xuntanza que bautizaron co nome de TRANADA, e que consistiu en:

  1. APADRIÑAMENTOS LECTORES. O alumnado de terceiro de E. Primaria apadriñou e amadriñou ao alumnado de 6º de E. Infantil. no centro dos pequenos.
  2. INVITACIÓN AO TEATRO: Os antigos trasnos invitaron aos trasniños a ver a representación de A GALIÑA AZUL  na sala multiusos do centro de primaria.

3. INVITACIÓN PARA COÑECER O COLEXIO DE PRIMARIA. Cada padriño ou madriña, colleu da man ao seu afillado ou afillada e evouno a percorrer as instalacións do cole dos maiores.

BENVIDOS TRASNIÑOS E TRASNIÑAS! 
ESPERAMOS QUE PODADES SER TAN FELICES EN PRIMARA COMO NA VOSA ETAPA DEINFANTIL!



TEATRO: A GALIÑA AZUL




O alumnado de terceiro representou durante a última semana do curso unha adapatación teatral, de Carme Álvarez  Gómez, de A GALIÑA AZUL.
Foi unha bonita experiencia, pois fixeron a estra no Centro de Día da vila "Pescadoira". Os avós e avoas, que alí estaban, gozaron moito coa obra.
O
O alumnado repetiu a experiencia, xa na sala de usos múltiples do cole, para compañeiros e compañeiras e para os pais, nais, avós e avoas.
Deste xeito fíxoselle unha última homenaxe a Carlos Casares no CEIP P. A Pedra.

4/6/17

QUE SABES DE CARLOS CASARES?

Como cada ano, co obxecrivo de incentivar o coñecemento dos autores homenaxeados nas Letra Galegas, convócase no noso cole o concurso QUE SABES DE ...'
Este ano tocounos investigar sobre Carlos Casares.

Cada semana aparece unha pregunta que o alumnado debe  responder e introducir o resultado da súa investigación nunha urna. Aparecen posteriormente os premiados e premiadas nunha columna.
Estas son as preguntas deste ano:




Os afortunados e afortunadas recollerán uns agasallos o último día do cole, na gala de despedida do curso escolar.
PARABÉNS!!!!!!!!!



MURAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

Este mes de maio o noso colexio viviu de xeito moi intenso a figura do escritor ourensá Carlos Casares. Un gran mural lémbranos cada xornada que é CARLOS CASARES, o autor homenaxeado este ano.
Na parte central, atópase unha gran GALIÑA AZUL. Esta galiña esta construída coas plumas que todos os alumnos e alumnas do cole trouxeron, decoradas de forma moi diversas.
Ao seu arredor están os ovos de cores que  a famosa galiña puña cada día. en cada ovo hai posto o nome dun libro, unha frase que nos chamou a atención, ou unha cita dalgún artigo ou entrevista do autor.














31/5/17

LUÍS VALLECILLO

O pasado luns, 29 de maio, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe "A Pedra", estabamos convocados no centro social do mar para ver e escoitar a un vello coñecido do cole: Luís Vallecillo.
Primeiro foi a quenda de primaria, o pase chamábase "O Mundo de Carliños", era e supoñer que o tema centrar xiraría en torno a figura de CARLOS CASARES.
A través dun monicreque e da súa guitarra, Vallecillo fíxonos lembrar ao "Can Rin e ao Lobo Crispín" por un lado e por outro á xa famosísima "Galiña Azul".

Foi despois, a quenda do alumnado de infantil.Aquí; Luís presentaba o espectáculo "Cantamos un conto". Acompañado unicamnete pola guitarra, o artísta fixo cantar e bailar aos máis cativos do noso centro.