4/6/17

MURAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

Este mes de maio o noso colexio viviu de xeito moi intenso a figura do escritor ourensá Carlos Casares. Un gran mural lémbranos cada xornada que é CARLOS CASARES, o autor homenaxeado este ano.
Na parte central, atópase unha gran GALIÑA AZUL. Esta galiña esta construída coas plumas que todos os alumnos e alumnas do cole trouxeron, decoradas de forma moi diversas.
Ao seu arredor están os ovos de cores que  a famosa galiña puña cada día. en cada ovo hai posto o nome dun libro, unha frase que nos chamou a atención, ou unha cita dalgún artigo ou entrevista do autor.














No hay comentarios:

Publicar un comentario