Estamos a piques de dar comezo ao Entroido, polo que no colexio da Pedra temos todo preparado para pasalo ben se o tempo nos deixa.
Este ano serán os personaxes dos cómics os que nos visiten, facéndonos rir e cantar.
Se queredes saber moitas cousas desta festa tradicional de Galicia que tanto nos gusta, botádelle un ollo a estas actividades.
Aquí tedes a información do Entroido deste ano .
27/2/14
24/2/14
24 de febreiro Día de Rosalía
Hoxe conmemoramos o día de Rosalía, unha galega ilustre, defensora da nosa lingua.
A primeira escritora galega que asumiu a publicación dunha obra literaria íntegramente en galego.
Como tal, queremos renderlle homenaxe lembrando as súas obras e a súa vida.
Na Pedra , participamos nunha actividade conxunta con outros centros do Morrazo," O MORRAZO ESPERTA A GALICIA" que consiste nunha presentación, na que cada centro aporta un granciño de area para recitar o seu poema "ALBORADA".
Aquí tedes o poema, animádevos a lelo .
Na entrada do cole podemos ler esta peza nun mural, e ademais escoitala da man de Uxía ,do seu traballo "Rosalía pequeniña".

Por outra banda, tamén queremos facernos eco da proposta da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) que nos anima nesta data , a agasallar cun libro e unha flor.Ademais de participar nas lecturas colectivas que se celebran hoxe luns 24 de febreiro en diferentes lugares da xeografia galega.

22/2/14
O PEQUENO MAGO
O pasado 21 de febreiro tivemos unha visita especial no cole;Roque Cameselle autor da historia do Pequeno Mago , e director da película de animación que ven de estrearse este Nadal.
Con gran espectación pola nosa parte, amosounos os pasos que houbo de dar para a elaboración da película, de cada personaxe, do vestiario, dos diversos escenarios ... Un traballo minucioso que requeriu moito esforzo e paciencia, e que deu como resultado unha divertida historia contada na nosa lingua que se pode ver nos cines.
Na biblioteca podedes atopar a historia , o seu protagonista é un neno chamado Bieito Dubidoso. Este neno de nove anos ten poderes máxicos e pasa por moitas aventuras que transcorren na cidade galega de Tui.
Con gran espectación pola nosa parte, amosounos os pasos que houbo de dar para a elaboración da película, de cada personaxe, do vestiario, dos diversos escenarios ... Un traballo minucioso que requeriu moito esforzo e paciencia, e que deu como resultado unha divertida historia contada na nosa lingua que se pode ver nos cines.
Na biblioteca podedes atopar a historia , o seu protagonista é un neno chamado Bieito Dubidoso. Este neno de nove anos ten poderes máxicos e pasa por moitas aventuras que transcorren na cidade galega de Tui.11/2/14
OLLOS DE AULA
Xa temos o nº 12 da revista OLLOS DE AULA
Neste número preguntámonos, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler, e tamén polo uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar grazas a José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo), que nos achega unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino", de Lines Salgado, é a quenda das "reválidas" recuperadas pola LOMCE, mentres que Gracia Santórum non falta á súa cita con gorentosas propostas literarias e musicais.
Ademais tamén se lanza unha pregunta incómoda a respecto do difícil momento que atravesa OINK, a revista do xabarín Club: as nosas nenas e os nosos nenos non merecen que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de usar a nosa lingua?

DÍA DA PAZ
O pasado 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz. Este ano dedicámolo a Nelson Mandela, como referente dunha persoa que basou a súa vida na busca da Paz e a Liberdade. Traballamos nas aulas buscando información sobre a súa vida, , escollemos algunhas das súas frases máis célebres e con elas fixemos un mural na entrada do cole. Esas frases lémolas no patio e tamén cantamos xuntos as cancións "Campás pola Paz" de Migallas e "Mandela Day" de Simple Minds.
Podedes atopar todas as frases recompiladas no blog da Biblioteca.
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2014/02/celebrando-paz.html
Os nenos e nenas de Infantil tamén traballaron para conmemorar este día , aínda que por mor do mal tempo non puidemos compartir a xornada con eles. Mirade que ben o pasaron!
Ademais os nenos do 2º ciclo tiveron a oportunidade de ver o fermoso traballo do grupo de teatro da asociación Xoán XXIII, que sorprendeu coa súa obra "O circo dos esquecidos".Parabéns!
http://segundocicloapedra.blogspot.com.es/2014/02/a-paz-este-xoves-30-de-xaneiro.html
12/1/14
EDUGA Nº 66
Un novo nº da Revista Galega do Ensino.
Este volume 66 (xullo-decembro 2013) recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras e artigos de investigación, xunto ás colaboracións nos xa espazos clásicos "Opinión", "A nosa escola" ou "Que é?".
Coincidindo coa saída do presente número, Eduga. Revista Galega do Ensino incorpora dúas novas seccións que acompañan á de "Formación" recentemente integrada na Revista. Así, a comunidade educativa galega disporá, ademais, dende agora das cabeceiras "Innovación" (con subseccións como as dedicadas ao Plan Proxecta ou aos Contidos educativos) e "Bibliotecas" (con tres partes diferenciadas: Boas Prácticas, Biblioteca Escolar e Hora de ler).

9/1/14
OBRADOIROS DE NADAL
Xa estamos no 2014 e comezamos o ano con ilusión e forzas renovadas.Pero se miramos cara a atrás, ao comezo das vacacións lembramos o ben que o pasamos nos obradoiros do Nadal. Houbo para todos os gustos: musicais, decorativos, de maxia, xogos de movemento, xogos en inglés...
Para rematar a xornada viñeron os Reis , que nos agasallaron cunhas lambetadas, a cambio démoslles un bico e tamén lles cantamos a canción de Papirus, con pandereitada incluida.
Agradecemos a colaboración das familias en todo o que foi preciso e desexamos que este sexa un bo ano para todos.
Mirade que divertida esta recompilación feita dende o 2º ciclo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)