O pasado 21 de febreiro tivemos unha visita especial no cole;Roque Cameselle autor da historia do Pequeno Mago , e director da película de animación que ven de estrearse este Nadal.
Con gran espectación pola nosa parte, amosounos os pasos que houbo de dar para a elaboración da película, de cada personaxe, do vestiario, dos diversos escenarios ... Un traballo minucioso que requeriu moito esforzo e paciencia, e que deu como resultado unha divertida historia contada na nosa lingua que se pode ver nos cines.

Na biblioteca podedes atopar a historia , o seu protagonista é un neno chamado Bieito Dubidoso. Este neno de nove anos ten poderes máxicos e pasa por moitas aventuras que transcorren na cidade galega de Tui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario